Audición e linguaxe

O AGRADECEMENTO É A MEMORIA DO CORAZÓN (LAO TSE)

Hoxe remata un curso escolar atípico e sen precedentes e non quería deixar pasar este momento sen manifestar o meu agradecemento a todas as familias e nenos/as pola  súa implicación e colaboración, especialmente durante este último trimestre. Grazas por todo ese esforzo. Síntome moi orgullosa da resposta que tivéstedes os pais e nais para afrontar o reto educativo que nos plantexou este virus. Ver diariamente o esforzo que  fixéstedes para adaptarvos da noite á mañán ó uso dunha plataforma dixital de aprendizaxe, así como sacar tempo de onde non o hai, despois dunha xornada habitual de traballo, para axudalos/as na participación dos retos, das conmemoracións e das actividades propostas dende titorías e especialidades, para conseguir mantelos/as conectados á escola, demostra unha enorme implicación nesta complexa laboura da educación. Se a isto lle sumamos o mantemento de rutinas e hábitos así como a motivación para conseguir que non perdan o fío e sigan reforzando as aprendizaxes realizadas ó longo do curso, a tarefa pasa a ser titánica polo que só podo felicitarvos polo traballo e  o compromiso que tivéstedes coa educación dos vosos fillos/as.  E só espero que no futuro, a lembranza desta experiencia, nos sirva para axudarlles a eses pequenos/as que temos na casa a vivir  a vida de forma máis intensa e feliz, facendo que cada cada día conte,  como di o vídeo que vos deixo a continuación.

Boas vacacións a todos/as. Espero vervos a todos/as á volta do verán.

Grazas de corazón!!!

video despedida

 

RECOMENDACIÓNS XOGOS DE MESA PARA O VERÁN

Tamén vos deixo unha serie de recomendacións de xogos de mesa para este verán. Enviévolos en formato papel, a través dos titores/as, pero tamén volos deixo aquí na web en formato dixital coa vantaxe de que, se facedes clic enriba da imaxe de cada xogo, poderedes acceder a un vídeo explicativo de como se xoga a cada un. Fai clic no arquivo adxunto para descargar as recomendacións.

recomendacións xogos de mesa

 

recomendacións xogos de mesa 2

"EL GRAN LIBRO DE LOS SUSTOS"

Hoxe é o último día deste curso escolar 2019-2020 e busquei un conto divertido co que aportar algo de ledicia a este momento. Navegando pola rede, atopei este fantástico libro titulado "El gran libro de los sustos"  do autor Thierry Dedieu e contado dende a canle de youtube Imagina con Marina. Fai clic na imaxe para acceder ó vídeo.

el gran libro de los sustos

Como actividade lúdica complementaria, dende a web pequeocio, propóñennos como fabricar graciosos debuxos para crear o noso popio libro de sustos. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.

actividade manual libro de sustos

SERIES FONOLÓXICAS

E para rematar imos realizar unha ficha interactiva da plataforma Liveworksheets, elaborada por oscamur, para axudar ós alumnos/as no proceso de xeneralización do fonema /r/ suave. O procedemento será o seguinte: os nenos/as deberán observar as diferentes imaxes que aparecen en cada recadro e despois deberán continuar a serie coas imaxes soltas, ó mesmo tempo cas enuncian. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas".

seriacións fonolóxicas

DOBBLE DE VERÁN

E como estamos aproximándonos ao cambio de estación, tráiovos un dobble de verán, elaborado pola autora do blog conderechoavolar, para que xoguedes estas vacacións.

O dobble é un xogo que se emprega para traballar a axilidade mental e visual. O sistema de xogo é moi sinxelo. Dentro de cada carta hai varios elementos e sempre hai unha imaxe que coíncide entre dúas cartas. A idea é levantar dúas cartas e ver quen é o máis rápido en atopar o elemento que se repite, dicindo o seu nome en alto. Quen o adiviñe quédase coas cartas. Gaña o que máis cartas teña ó final da partida. Fai clic no arquivo adxunto para descargalo recurso.

ollo: para reutilizalo varias veces podemos pegar as imaxes en cartóns ou plastificalas.

dobble verán

 

LECTOESCRITURA ESTIVAL

Continuamos cun xogo para reforzar a lectoescritura en maiúsculas, con temática estival, elaborado pola autora do blog unamiradaespecial, no que os alumnos/as terán que ir lendo cada unha das tarxetas e asociándoas coas imaxes que correspondan. Tamén podemos traballar a atención se o empregamos como un memory, dándolle a volta a todas as tarxetas e intentando emparellar cada imaxe co seu nome. Fai clic no arquivo para descargar o recurso.

lectura veraniega

LEVA S OU Z?

Hoxe comezamos traballando a discriminación dos fonemas /s/ e /z-c/, con este vídeo de Mónica Rubio Muñoz, autora do blog Comunic@te, no que os alumnos/as terán que escoitar a palabra que se enuncia e dicir se leva un ou outro fonema. Fai clic na imaxe para acceder ó vídeo.

leva s ou z

Como complemento do vídeo, a autora elaborou unha serie de fichas en formato papel para traballar a a confusión destes dous fonemas que podedes descargar no arquivo adxunto.

leva s ou z papel

 

leva s ou z papel 2

FAMILIAS LÉXICAS

E para rematar imos traballar as familias léxicas, con pentágonos, cos alumnos/as de primaria, a través deste material elaborado pola autora do blog conderechoavolar. Trátase  dunha actividade moi útil para traballar vocabulario así como a formación de novas palabras a partir de sufixos e prefixos. Os alumnos/as terán que recortar os pentágonos e ir clasificando as imaxes segundo a súa familia léxica, en cada unha das súas caras. Fai clic no arquivo adxunto para descargalo recurso.

familias lexicas

 

ANAGRAMAS DE ANIMAIS

Hoxe tamén imos reforzar a lectoescritura traballando con anagramas temáticos de animais, elaborados por Carmengomeztrap coa ferramenta Wordwall, nos que os alumnos/as terán que reorganizar as letras para crear unha palabra con sentido. Como axuda proporciónase a imaxe da palabra a compoñer. Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

anagramas

 

TIPS PARA PRACTICAR O FONEMA /S/

Navegando pola rede atopei este vídeo, elaborado pola terapeuta da linguaxe Mariana Abarca, que nos propón unha serie de exercicios para axudar a conseguir o punto de articulación do fonema /s/, así como a súa xeneralización. Fai clic na imaxe para acceder ó mesmo.

tips fonema s

ATOPA O INTRUSO

Hoxe imos comezar cunha actividade para traballar a atención e o razoamento lóxico, do blog ¡Lenguaje elaborada coa ferramenta Genially, onde os alumnos/as terán que escoller entre varias imaxes aquela que non ten nada de que ver coas outras dúas e explicar por que. Déixovos os dous primeiros niveis para que vaiades practicando. Fai clic nas imaxes para acceder ós recursos.

busca o intruso

 

busca el intruso nivel 2

DISCRIMINACIÓN AUDITIVA DO FONEMA /R/

A mestra de A.L. do CRA de Bergondo elaborou estas estupendas fichas interactivas, a través da plataforma  Liveworksheets, para traballar a discriminación auditiva do fonema /r/.Os alumnos/as terán que identificar que debuxos levan dito fonema. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas".

buscar imaxes con /r/ forte

busca imaxes con /r/ forte 2

DEBUXO RÍTMICO

Hoxe centrarémonos no fortalecemento da psicomotricidade fina e para elo imos empregar unha técnica moi divertida que rompe un pouco coas típicas fichas de grafo. Trátase do debuxo rítmico, no que música e técnicas psicomotrices se misturan para mellorar a motricidade fina así como para aumentar os tempos de atención dos nenos/as. Os materiais que precisaremos serán un folio e un rotulador.  Fai clic na imaxe para acceder á proposta da canle de youtube "la alegría del saber".

debuxo rítmico

MEMORY DE SOMBRAS CON VOCABULARIO DO VERÁN

Aproveitando que chega o verán, a autora da web mimontessori, elaborou este fabuloso memory de sombras con debuxos Kawaii, relacionados co verán na praia, para traballar a discriminación visual e a atención. Fai clic no arquivo adxunto para descargar o recurso.

memory verán

ALIMENTOS 2 (ESPAÑOL)

Comezamos coas clases de español, continuando a temática iniciada a semana pasada: os alimentos. Para elo realizaremos as seguintes actividades:

1) Visualizaremos o vídeo, da canle de youtube, Smile and Learn, que leva por título "Las verduras y hortalizas", e intentaremos averiguar de que alimentos fala o protagonista e repetiremos o vocabulario que nos indique. Fai clic na imaxe para acceder ó vídeo.

verduras e hortalizas español

2)Traballaremsos o vocabulario de froitas e verduras a través desta ficha interactiva de Liveworksheets, elaborada por ROCIROCI, na que o alumno/a fará clic en cada palabra, escoitará o nome que se enuncia e unirao co alimento que corresponda. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas".

verduras e hortalizas unir

3)Remataremos cunha canción para traballar a estrutura gústame- non me gusta, da canle de youtube Super Simple Español, que se titula ¿Te gusta el helado de brócoli?, cos alumnos/as terán que visualizar e intentar reproducir.

gustame non me gusta

 

DEBUXAMOS SOMBRAS

E rematamos a semana cunha proposta creativa: debuxando sombras. Trátase dalgo moi sinxelo. O único que precisamos é buscar unha xanela pola que entre moita luz directa ou, se vivimos nunha casa, tamén nos valería no exterior. Entón, colocaremos unha folla de papel no chan ou nunha superficie, como se ve na foto, e diante da mesma ubicaremos diferentes xoguetes e obxectos observando como a sombra dos mesmos se proxecta sobre o papel permitíndonos, desta forma, trazar a súa silueta. Cando rematemos podemos pintar os nosos debuxos. Espero as vosas composicións creativas!!! Boa fin de semana a todos/as!!!

debuxando sombras

          Fonte: instagram Docente21

 

O TREN DOS SINFÓNS

Para traballar os sinfóns tráiovos este xogo elaborado por Rocío Figueiras, coa ferramenta Wordwall, no que os alumnos/as terán que fixarse no sinfón que aparece no vagón do tren e despois explotar o globo que leve a palabra que o conteña procurando que caia dentro do mesmo. Ollo: enunciaremos sempre a palabra en voz alta. Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

tren dos sinfons

DETECTIVE DO Z/C

Hoxe continuamos traballando o fonema /z-c/ cun material de Rocío Toribio, do blog ComunicaLO logopedia, semellante ó que empregamos a semana pasada para o fonema /s/. Trátase dun xogo tipo lince, onde os alumnos/as teñen un taboleiro circular con moitas imaxes que levan o fonema, en diferentes posicións, e unha serie de tarxetas circulares coas imaxes individuais. A idea e que escollan unha das tarxetas e traten de localizar no taboleiro a imaxe o máis rápido posible e despois enuncien a palabra e así con todas as tarxetas. Desta forma traballaríamos a articulación e xeneralización do fonema. Tamén podemos facer frases coas palabras que atopemos. Fai clic no arquivo adxunto para descargar o recurso.

lince fonema /z-c/

lince imaxes fonema /z-c/

ESCRIBIMOS CON ESCUMA DE AFEITAR

Un dos aspectos máis importantes na aprendizaxe da lectoescritura é a motivación: conseguir que o neno/a teña gañas de aprender. Empregar recursos atípicos, fóra dos que se soen manexar de cotío, fai, moitas veces,  cunha tarefa que inicialmente pode ser tediosa pase a ser divertida. O exemplo de hoxe ocorréuselle á Eugenia Romero, autora do web maeestrosdeaudicionylenguaje, e trátase dalgo moi sinxelo pero tamén efectivo. Consiste en coller unha bola de escuma de afeitar e extendela ben enriba da mesa para despois poder trazar letras e palabras cos nosos dedos. Un cambio na metodoloxía pode marcar a diferenza. Déixovos estas fotografías a modo de exemplo.

letras espuma de afeitar

 

SÍLABAS DESORDENADAS

Hoxe imos rematar cunha ficha interactiva de Liveworksheets, do blog aclasedara, para traballar a conciencia silábica, na que os alumnos/as terán que ordenar as sílabas das imaxes que aparecen representadas. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas".

sílabas desordenadas

VACACIÓNS NA PRAIA

Coa chegada do verán, a autora do blog crisalida-ayl, elaborou unha serie de impresionantes xogos temáticos para traballar a conciencia fonolóxica.

conciencia fonoloxica verán

1)Facemos a maleta: os alumnos/as traballarán as relacións semánticas, axudando á portagonista desta historia, a escoller aquela roupa do armario que levaríamos en verán.

roupa de verán

2)Xelados silábicos: os alumnos/as seleccionarán os sabores en función do número de sílabas que teñan.

xelados silabicos

3)Carreira de salvavidas: os alumnos/as farán clic no salvavidas que remate pola mesma letra co debuxo da antuca.

carreira flotadores letra final

4)Cunchas fonémicas: os alumnos/as collerán as cunhas que comecen pola letra escrita na area.

cunchas fonemicas

Podedes descargar o recurso no arquivo adxunto. Unha vez aberto, facer clic no menú superior en "presentación de diapositivas" e no submenú en "reproducir desde el inicio".

DIAGRAMA ETIQUETADO

Continuamos traballando a comprensión lectora cos alumnos/as de primaria con este diagrama etiquetado elaborado por jpgaladriel coa ferramenta Wordwall. Os alumnos/as farán clic en cada definición, leranas e localizarán o debuxo que se corresponda coas mesmas. Fai clic na imaxe para acceder ó xogo. Para autocorrixirse pinchar en enviar respostas.

diagrama etiquetado

QUE VES CON S?

Hoxe comezamos cunha actividade para xeneralizar o fonema /s/ do blogue pezasdecores na que os alumnos/as terán que, por un lado, nomear as imaxes que aparecen dentro da letra S e, por outro, descifrar os enigmas. Pista: a resposta de todos eles esta no son /s/. Para descargar o recurso facer clic no arquivo adxunto.

que ves fonema s

que ves fonema s

CANCIÓNS DE MANS E DEDOS

E  para rematar déixovos estas tres fermosas cancións de mans e dedos da canle de youtube  Dimusicuenta Pedagogía Musical coas que podemos axudar ós nosos nenos/as a estimular a linguaxe dunha forma divertida.

cancions de dedos

XOGO DE MEMORIA 2

Lectura e memoria están altamente relacionadas, de aí a importancia de traballar este último aspecto. Para practicar tróuxenvos un xogo, elaborado por Esuarezg coa ferramenta Genially, onde os alumnos/as terán que observar as imaxes e lembrar a súa posición. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.

xogo de memoria

ATOPA A PALABRA AGOCHADA

Continuamos reforzando conciencia fonolóxica con esta actividade interactiva, da plataforma Liveworksheets, elaborada por logopeda_clara na que os alumnos/as terán que identificar o son inicial de cada debuxo, arrastralo ata o cadrado correspondente e posteriormente ler a palabra que resulta da agrupación dos diferentes sons. Fai clic na imaxe para acceder ó recurso. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas".

palabra agochada

BUSCANDO A S E Z/C

Imos comezar cunha actividade elaborada por Mónica Rubio Muñoz, autora do blog Comunic@te, para traballar a conciencia fonolóxica mediante a identificación de palabras que conteñan os fonemas /s/ e /z-c/. Os alumnos/as observarán as imaxes, enunciarán o que é e marcarán se leva o fonema indicado. Fai clic no arquivo adxunto para descargar o recurso.

rodea fonema s

rodea fonema z

CONTAMOS SÍLABAS

Imos traballar o conteo de sílabas con este material da páxina web ¡Lenguaje elaborado coa ferramenta Genially. Os alumnos/as terán que escoitar e palabra e marcar o número de sílabas que ten. Para elo poderemos axudarnos das palmas. Para pasar dunha palabra a outra cerraremos a mensaxe no X  e darémoslle a frecha lateral.  Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

contamos silabas

TIPS PARA PRACTICAR O FONEMA /R/

Navegando pola rede atopei, na canle fono en casa, este práctico vídeo de Daniela que nos propón unha serie de exercicios para axudar ós alumnos/as a conseguir o punto de articulación do fonema /r/. Así que... todos/as a practicarrrrrrr!!

tips fonema r

XOGAMOS ÁS ADIVIÑAS?

Ana María Canals elaborou coa ferramenta Genially este maravilloso xogo de adiviñas. Os alumnos/as deberán escoller unha categoría: roupa, animais, obxectos, alimentos ou vehículos, escoitar as adiviñas e escoller, entre as imaxes da parte inferior,  cal é resposta correcta. Fai clic na imaxe para acceder ó xogo.

adiviñas

 

Distribuir contido

COVID-19

Iniciar sesión

Revista escolar

Eventos

« Xuño 2023 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Pais/Nais

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.