Relixión
Terceiro trimestre
Moi boas de novo a todos e todas, o máis importante é que agardo que vos atopedes moi ben, con moito ánimo e forza. Que esteades a disfrutar da vosa familia e das tarefas que dende o centro vos convidamos e levar a cabo.
Para este trimestre, en canto á clase de relixión convídovos a participar nos RETOS que cada semana van aparecendo na web. Os retos de valores e reli abranguen obxectivos e contidos que traballamos na clase de reli ao longo do curso...algo tan importante como os valores.
Como ben sabedes tamén traballamos estos valores dende a figura de Xesús, vendo as súas parábolas. Por iso achégovos o enlace ás mesmas xa que houbo familias que estaban interesadas en velas de novo. Na seguinte imaxe tedes o enlace ás mesmas:
Asemade, en canto ao alumnado de primaria, a maioría teñen o libro na casa, no caso que quixeran facer algo do mesmo. Tamén os convido a facer os retos, xa que están adaptados tanto a infantil como primaria e mesmo disfrutar das parábolas que conteñen un montón de sabias ensinanzas.
Aínda así, para calqueira dúbida xa sabedes o meu correo: rgfraga@edu.xunta.es e mesmo estou á vosa disposición para videoconferencias ou o que necesitedes.
Xogade moito, disfrutade da familia e colaborade nas tarefas de cada día. Unha enorme aperta e moooito ánimo!!!
A Igrexa- Do 14 ao 30 de Abril
Moi boas amig@s!! Recén estamos estreando a Pascoa e aproveitaremos para coñecer un pouquiño a igrexa, por dentro e por fóra, a casa do noso amigo Xesús, que como bo amigo, sempre nos convida a ir a ela. Compre diferenciar a igrexa da misa, a primeira é o edificio, e a misa é o que celebramos dentro e que fai o cura.
Que mellor que empezar cantando, neste caso unha canción da Igrexa. Agardo que vos guste. Premendo na seguinte imaxe poderás desfrutala.
De seguido propóñovos facer unha manualidade, unha igrexa que atoparedes nos arquivos adxuntos. Poderédela facer coa axuda de algún adulto ou irmán maior, tanto infantil como primaria.
A quen non lle gusta facer un puzzle online? Xa que o de Pascoa vos gustou e xa vin que hai moito campión e campiona. Nesta ocasión, preséntovos outro puzzle, sobre a temática que nos ocupa e máis enfocado aos de infantil. Premendo na seguinte imaxe poderedes facer o puzzle que forma o mesmo debuxo.
Si vos apetece facer algunha ficha, adxunteivos varias por niveis. Cada neno e nena pode facer a ficha que lle apeteza, independientemente do curso ao que vai dirixida.
Deste xeito, poderedes atopar unha ficha para infantil que consiste en pegar os elementos principais da igrexa dentro da mesma, pódense colorear. Para rematar, na parte de abaixo da ficha están os nomes dos obxectos que se pegaron. Con axuda pódense recortar polo marco e pegarllos a cada un.
Por outra parte, para os de 1º de Primaria, atoparedes un encrucillado no que podedes colorear os debuxos e unha ficha de completar, na que tendes que escribir como se chama a casa de Deus, para o que mostra varias opcións, seguidamente deberedes completar o debuxo da igrexa cos elementos prioncipais que lle faltan, por ex: Cruz, campá, rosetón, que é a ventá redondo que atopamos enriba da porta de entrada e mesmo as vidrieras, que son as ventás ovaladas. Finalmente, presenta varias opcións e hai que rodear como é a igrexa por dentro.
En canto a 2º de Primaria, atoparedes unha sopa de letras, á que lle podedes colorear os debuxos. Posteriormente podedes facer un debuxo de unha igrexa por dentro e pegarlle os debuxos coloreados do sopa de letras no sitio que lle corresponda. Para finalizar, adxuntei unha ficha na que tendes que atopar elementos da igrexa, escribilos e poñer para que serven.
Como sempre, o traballo é voluntario. No caso que queirades compartir o que fixéchedes podedes facelo, como ata agora, ao whatsaap da escola e mesmo ao meu correo electrónico: rgfraga@edu.xunta.es, no que tamén poderedes preguntar o que queirades e contar o que vos apeteza, todo será moi ben recibido. Un bico enorme para todas as familais e aquí estamos para o que poidamos ser de axuda!!
Feliz Pascoa a tod@s!!- Martes 14 de Abril
Mooi boas chicos e chicas. Agardo que desfrutáredes de esta semana e que vos gustaran as actividades que vos propuxen. Algúns resultadso xa os vin e asegúrovos que me impresionou o artistas que sodes!!!.
Xa estamos de volta e como sabedes xa é Pascoa e que mellor que empezar xogando. Para iso, convídovos a facer un memory de ovos de chocolate. Os de 3 aniños ou algún de 4, igual necesitan axuda pero con unha pouca axudiña, seguro que o xogo xa vai como un raio. Animádesvos e si o conseguides, podedes mandar a foto do éxito. Unha aperta!!
Premendo no seguinte ovo accederedes ao xogo. Necesitades adobe flash player.
A festa da Pascoa!!- Semana do 30 de Marzo ao 3 de Abril
Ola familias!! Como ben sabedes, a vindeira fin de semana da comezo a Semana Santa. Sen dúbida, vai ser unha semana atípica pero que debemos poñer o noso empeño en vivila coa ilusión que leva implícita: festa de luz e festa de esperanza.. A esperanza que temos todos de chegar ao final de este túnel e nos atopemos coa luz da sanación e do reencontro cos seres queridos.
Mentres tanto, convido aos nenos e nenas a ver este conto, que nos explica cal é o significado do ovo de Pascoa, coa importante relación entre o ovo e a nova vida. Agardo que vos guste!, aí vai a ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=4iGd-jbCzOI&feature=emb_logo
Asemade, as festas son para xogar e divertirnos, pois alá imos. O xogo máis tradicional da Pascoa é o de buscar ovos. Este ano, ibamos facer unha busqueda no cole pero xa que non puidemos, preséntovos un xogo de buscar ovos de xeito interactivo. Debedes agudizar a vista, xa que a medida que se van pasando os niveis, a cousa váise complicando. Só tendes que premer co rato sobre os ovos. Haber ata que nivel chegades. Ánimo!!! Premendo na seguinte ligazón poderás comezar a búsqueda!
https://www.cokitos.com/encontrar-los-huevos-de-pascua-escondidos/play/
Para o alumnado de PRIMARIA, propóñovos este puzzle de Pascoa. Haber quen é quen de resolvelo: Premendo na imaxe do puzzle poderás resolvelo:
Por outra parte, como sempre, de xeito opcional, adxunto unhas fichas para completar os contidos a traballar nestas datas. As fichas van diferenciadas para infantil e primaria:
En canto a INFANTIL, hay un conto na ficha "Es Pascua" con unha canción que tod@s coñecemos.
No que a educación PRIMARIA se refire, podedes facer dúas fichas de completar.
Asemade, adxunto unha ficha PARA INFANTIL E PRIMARIA, con varios debuxos de Semana Santa que non hai porqué descargala, xa que podedes facer vós mesmos os debuxos e nun folio, a modo de mural, pegar cada un no día que corresponde: Domingo de Ramos, Xoves Santo, Venres Santo, Sábado Santo e Domingo de Pascoa.
Sen máis. Os meus mellores desexos de que empecedes moi ben a Pascoa e coa esperanza de que pronto nos poidamos abrazar. Un bico enooorme!!
Receita de Semana Santa-Chocolate fundido
Que mellor que estas datas e a situación que estamos a vivir, para levar a cabo un taller de cociña, con unha receita de Semana Santa. Nesta ocasión podedes facer, coa axuda dos adultos, un chocolate fundido moi especial. Premendo na seguinte imaxe podedes ver a receita completa. Agardo que vos guste, bo proveito!!
Venres Santo- Semana do 23 ao 27 de marzo
Moi boas familias!! esta semana adicarémoslla ao Venres Santo. Como ven sabedes, este día conmemoramos a morte de Xesús na Cruz e de aí o sentido da mesma e que vexamos a Cruz como símbolo de Xesús.
Porén propoñerei algunha actividade, totalmente voluntaria.
Para comezar podemos ver o seguinte vídeo, que é a continuación do que se propuxo para Xoves Santo: https://www.youtube.com/watch?v=RjDAHdBNwj8
De seguido, a alumnado de infantil e primaria ten á súa disposición as fichas que aparecen como arquivos adxuntos, debaixo do puzzle. Por unha parte están dúas fichas de infantil e dúas de primaria. As de infantil consisten en coñecer a cruz. Na ficha que aparecen os nenos e nenas poden colorear, picar, cortar ou decorar a cruz. En canto á ficha onde está só a cruz: poden repasar as liñas para saber facela e logo coloreala. No que a primaria se refire, son fichas de completar. Para calquera dúbida ou para falar, poño á vosa disposición o meu correo: rgfraga@edu.xunta.es
Tamén podemos facer unha manualidade con material que teñamos na casa e xa que estos días o papel hixiénico estivo de moda que mellor que reutilizar un rolo baleiro para facer un penitente. Para iso necesitaremos un rolo valeiro de papel, medio folio ou outro tipo de papel para facer un cono que irá na cabeza e que se decorará ou non, como máis guste. O tubo pódese decorar tamén, ao gusto de cada quen: pinturas, rotuladores, diferentes papeis, témperas.... Finalmente se lle pode poñer un cinto e pintar ou pegar uns ollos no cono que se colocará sobre o tubo. Para qeu vos fagades unha idea, mándovos estas imaxes orientativas. Si vos animades, agradezo que mandedes fotos.
Para finalizar, propóñovos a pasar un rato facendo este puzzle interactivo:
https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=147eed0ec9d2
Moito ánimo a tod@s e xa sabedes que aquí estamos para o que necesitedes... dende a casiña sempre!!! Miles de apertas!!
Poesía na Pascoa
Dende Relixión non queremos deixar pasar a oportunidade de unirnos á celebración do día da Poesía, que se conmemora o 21 de marzo. Para iso achegámosvos unha poesía que dado as datas na que nos atopamos, a súa temática versa sobre a Pascoa. Agardo que vos guste!!
Un conejo saltarín
con la Pascua ya llegó
y una canasta con sorpresas
para mí él dejó.
Dentro de la canasta
había un huevo reluciente
envuelto en un papel
de celofán transparente.
¡Un huevo de chocolate!
decorado con dos flores,
que en su interior contenían
sorpresas de mil colores.
Juguetes, caramelitos,
también confites de anís.
Es una tradición dulce
que me hace muy feliz.
Autora: Leo Antivero
Xoves Santo- Semana do 16 ao 20 de marzo
Durante a pasada semana levamos a cabo a presentación da Semana Santa, introducindo o domingo de Ramos como día de festa, de alegría e recibimento a Xesús e que nós seguimos a facelo levando a palma ou ramo de oliva á misa. Por outra parte, o seguinte día que compre lembrar é o Xoves Santo, día no que Xesús lle lavou os pes aos seus discípulos, como sinal de servizo aos demais, celebrou con eles a Última Cea e rezou no horto das oliveiras. Para lembrar este día, propóñovos estas actividades que libremente e sen ningún compromiso, podedes levar a cabo.
Por unha parte está un medallón no que a parece o Pan, símbolo do Xove Santo, e Xesús, o gran protagonista. Podedes colorealo, decoralo ao gusto e recortalo para facer un bonito colgante.
Tamén atoparedes unhas fichas na que, por unha parte, hai que rodear os elementos do Xoves Santo e colorear a Xesús, por outra porta aparece outra ficha na que lles aparece o lavatorio de pés, o pan e o viño, o que nos fai lembrar que este día foi a orixe da primeira misa.
Asemade, facilítovos estas ligazóns:
Aquí poderedes facer un puzzle:https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=03e169affce8
e aquí, visualizar o que aconteceu ata este día: https://www.youtube.com/watch?v=rAt1SttElxU
Historias bíblicas animadas
Preséntovos esta App para disfrutar das historias de Xesús e máis neste tempo que se acerca, de Semana Santa.
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.bible.kids&hl=es
Apertas virtuais!!
Moi boas a tod@s!! que mellor xeito de comezar este tempo especial na casa que bailando e demostrándonos o moito que nos queremos e que de seguro nos votamos de menos. Aí vai esta lembranza de fai uns anos. De seguro que pronto podremos voltar a repetilo. Bicos e apertas vituais a moreas!!
Nas igrexas tamén aprendemos.
Como xa sabedes, a pasada semana, dende a clase de relixión levamos a cabo unha pequena saída á igrexa máis cercana a cada escola. Deste xeito, puidemos ver de primeira man os elementos que coñecimos na clase e que se utilizan para a celebración da Eucaristía. Ademais coñecimos o significado de partes esencias das nosas igrexas, por exemplo: a cruz, a campana, a Pía Bautismal... Esta actividade, foi posible grazas tamén á boa disposición dos curas, que en todo momento estiveron dispostos a participar na actividade e grazas tamén ás profes especialistas e titoras que cambiaron a súa hora e que nos acompañaron.
Preme nas imaxes de abaixo e verás un resumo desta actividade.
