Inglés
PRIMARIA
Enviado por Puri o Xov, 08/10/2020 - 18:48Hi Kids!
Nas actividades que propoño a continuación podedes repasar os contidos que estivemos traballando nestas primeiras semanas de curso.
Coñeces os personaxes do libro ou da película Harry Potter? A ver se sabes quen é quen na seguinte ficha interactiva. Escoita como se presentan e une cada personaxe co seu nome. Preme na seguinte ligazón para acceder á actividade.
https://www.liveworksheets.com/xp1066869fo
O seguinte é un xogo de memoria para repasar as cores.
https://www.eslgamesplus.com/colors-vocabulary-esl-memory-game/
Na seguinte ligazón podedes acceder a un xogo que os nenos de segundo xa coñecedes para aprender como se escriben os números do 1 ao 10 en inglés.
https://www.mes-games.com/numbers10.php
Na webmix que aparece na entrada anterior, podedes encontrar varios xogos para repasar os números do 1 ao 10 e aprender a contar ata 20, 30, ... Estes son os que máis me gustan a min: Counting fish, Birthday candle counting, Number bingo.
INFANTIL E PRIMARIA
Enviado por Puri o Xov, 18/06/2020 - 14:10Hello everyone! I hope you are feeling wonderful!
Na seguinte ligazón encontraredes unha webmix de Symbaloo desde donde se pode acceder a moitos xogos en inglés. Espero que vos gusten!
https://www.symbaloo.com/mix/juegos298
Para finalizar quero felicitarvos polo voso traballo durante estes meses tan difíciles e desexarvos que disfrutedes moito das vacacións. HAPPY HOLIDAYS!!
INFANTIL
Enviado por Puri o Mér, 10/06/2020 - 12:07Hello everyone! I hope you are wonderful!
Últimas semanas do curso, as vacacións xa están aquí! Ánimo!
Hoxe déixovos un vídeo dunha canción, que xa escoitamos na clase algunha vez, e un xogo sobre as emocións. Espero que vos gusten. Enjoy them!
A ligazón á canción é:
Nesta páxina econtraredes máis xogos interesantes para EI, a ligazón é:
1º PRIMARIA
Enviado por Puri o Mér, 10/06/2020 - 11:40Hello children! I hope you are feeling great!
Xa estamos chegando ao remate deste curso tan estraño e seguro que estades cansados. Foi un curso difícil, pero xa están aquí as vacacións! Só vos pido un último esforzo para traballar un pouquiño algún vocabulario sobre a comida. Déixovos un vídeo dunha canción que xa coñecemos e a ligazón as actividades do libro.
https://drive.google.com/file/d/1sVUfqBKoKTwlaKAK0fzMCr5ox9jQLMqo/view?usp=sharing
2º PRIMARIA
Enviado por Puri o Mér, 10/06/2020 - 08:20Hello Kids! I hope you are great today!
Xa estamos na recta final do curso, e seguramente xa estades cansados. Foi un curso difícil, pero xa chegan as vacacións. Só vos vou pedir un último esforzo. Hoxe quero que traballemos un pouquiño o vocabulario sobre as partes da casa. Para isto déixovos un vídeo a continuación e o enlace ao traballo na unidade 1 do libro.
https://drive.google.com/file/d/1yK1KM0rAuOlaDQRdkNs5rKSvqjpnDRmW/view?usp=sharing
INFANTIL
Enviado por Puri o Xov, 04/06/2020 - 10:10Hello everyone! I hope you are feeling wonderful today!
Gustouvos o reto desta semana? Espero que si. Algúns de vos xa o superastes con nota. Os que aínda non o fixestes, anímovos a que o intentedes, é moi fácil!
Hoxe déixovos un enlace a un xogo sobre os animais de granxa. Nesta páxina encontraredes tamén outros xogos e vídeos moi chulos. I hope you like them!
http://sheppardsoftware.com/preschool/animals/farm/animalfarmgame.htm
2º PRIMARIA
Enviado por Puri o Mér, 03/06/2020 - 11:01
Hi kids! I hope you are feeling wonderful today!
Cómo ides co reto desta semana?
Esta semana vouvos a propoñer tamén unhas actividades no libro para ir terminando a unidade sobre as mascotas. Os que aínda non fixestes o reto animádevos a intentalo, aínda tedes tempo xa que ata o mércores da semana que vén non vos deixo aquí máis tarefas para que teñades tempo suficiente.
As actividades do libro desta semana tratan dos alimentos que necesitan as mascotas, “what pets eat”. A seguinte imaxe interactiva axudaravos a comprender mellor o vocabulario e expresións.
A ligazón ás actividades do libro é:
https://drive.google.com/file/d/19PjC0Xdhk790516QtHFs2ukuao5ThUgx/view?usp=sharing
1º PRIMARIA
Enviado por Puri o Mér, 03/06/2020 - 09:59Hi Kids! I hope you are feeling wonderful today!
Cómo ides co reto desta semana? Algúns de vós xa sei que moi ben, que xa o pasastes con nota.
Esta semana vouvos a deixar tamén unhas actividades do libro para ir terminando a unidade sobre os animais. Os que aínda non fixestes o reto, animádevos a intentalo porque ata o mércores da semana que vén non vos deixo aquí máis actividades para que teñades tempo de facer as dúas cousas.
As actividades do libro desta semana tratan de como as persoas e os animais nos desprazamos, “how people and animals move”. Antes de empezar a facer as actividades do libro premede na seguinte imaxe interactiva que vos axudará a entender mellor os audios do libro.
A ligazón ás actividades do libro é:
https://drive.google.com/file/d/154-OrVuI1DdmZDix61bAfOvF44ulsY2P/view?usp=sharing
Se necesitades axuda ou queredes enviar o voso traballo, como sempre, podedes facelo enviándoo aos correos electrónicos: purirodriguez@edu.xunta.es ou crabvingles@gmail.com
INFANTIL E PRIMARIA
Enviado por Puri o Mar, 26/05/2020 - 21:20Hi Kids! I hope you are feeling great!
Déixovos estas actividades que vos axudarán para entender mellor os audios que nos enviou teacher Karen para o reto desta semana.
liveworksheets.com
liveworksheets.com
2º PRIMARIA
Enviado por Puri o Mar, 19/05/2020 - 08:24Hi kids! I hope you are great today!
Hoxe propóñovos unha actividade de listening (escoita) para repasar o nome das mascotas da unidade 2 e as expresións He has got... / She has got... ( El ten... / Ela ten...) Pero antes botádelle unha ollada a esta imaxe que vos servirá de axuda:
Preme na seguinte ligazón para acceder á actividade de escoita:
https://drive.google.com/open?id=1TeB6w8sh-yJSNwZ5uP6mBn22Baj47L_c
1º PRIMARIA
Enviado por Puri o Mar, 19/05/2020 - 07:50Hello children! I hope you are great today!
Hoxe propóñovos que fagades unha actividade de listening ( escoita) para repasar o nome dos animais do conto da unidade 5, e a expresión Can you help me, please? que quere dicir Pódesme axudar, por favor?
Preme na seguinte ligazón para acceder á actividade:
https://drive.google.com/open?id=1nzxFu9okF9owEFpyQeVFnVQWSOw4Dxyl
Se necesitades axuda podedes enviarme unha mensaxe as contas de correo: crabvingles@gmail.com ou purirodriguez@edu.xunta.es
INFANTIL
Enviado por Puri o Xov, 14/05/2020 - 09:57Hello everyone!
Do you have any pets?
Tedes mascotas? Seguro que moitos de vós si. Pois de mascotas van as actividades que vos propoño hoxe. A primeira é unha canción ben chula que nos pregunta precisamente esto Do you have a pet? Animádevos a cantala!. A segunda actividade é un libro LIM con xogos para aprender o nome das mascotas. Espero que vos guste!
A canción encontrarédela nesta ligazón: https://youtu.be/pWepfJ-8XU0
Á actividade LIM podedes acceder aquí:
https://www.chiscos.net/xestor/chs/belenjunquera/pets/pets.html
2º PRIMARIA
Enviado por Puri o Lun, 11/05/2020 - 13:45Hi kids! How are you today? I hope you are great!
Esta semana imos a continuar traballando no libro. Na seguinte ligazón accederedes a un documento en PDF coa explicación das actividades e o enlace aos audios. Xa sabedes que se tedes algunha dificultade, dúbida ou comentario que queirades achegar podedes envialo aos correos crabvingles@gmail.com ou purirodriguez@edu.xunta.es
https://drive.google.com/open?id=1VQpN8y5qAWn_guuLOWJIfGKcnYJoZAIl
1º PRIMARIA
Enviado por Puri o Lun, 11/05/2020 - 12:02Hello kids! How are you today? I hope you are feeling great!
Esta semana imos a continuar traballando no libro. Premendo no seguinte enlace accederedes a un documento en PDF coa explicación das actividades e os enlaces a algúns audios. Esta semana a tarefa vai ser un pouquiño máis complicada, pero se tedes dificultades ou calquera dúbida podedes poñervos en contacto comigo nos correos que volvo a escribir aquí: crabvingles@gmail.com ou purirodriguez@edu.xunta.es
https://drive.google.com/open?id=19kokLSWlbIBh5Qiu96lYJHmMBF836uHq
2º PRIMARIA
Enviado por Puri o Lun, 04/05/2020 - 08:37Hello kids! How are you? I hope you are great today!
Hoxe imos empezar a traballar no libro a unidade 2, A new pet, que trata sobre as mascotas. Antes de nada imos repasar e/ou aprender o vocabulario coa seguinte imaxe interactiva. Despois, premede na ligazón que vos levará a un documento no que se explican as actividades do libro. Se tedes algunha dúbida poñédevos en contacto comigo enviando unha mensaxe a calquera destes correos electrónicos:crabvingles@gmail.com ou purirodriguez@edu.xunta.es
https://drive.google.com/open?id=1fsGEyDEsav3p-NDJzi-rYmSVB-1g3sUh
1º PRIMARIA
Enviado por Puri o Lun, 04/05/2020 - 07:47Hello children! How are you? I hope you are great today!
Esta semana imos empezar a traballar no libro a unidade 5, The sore paw, que trata sobre os animais salvaxes. Pero antes facede click na seguinte imaxe interactiva para repasar e/ou aprender o vocabulario. Despois premede no enlace que vos levara a un documento no que se explican as actividades do libro. Contádeme as vosas dúbidas enviando unha mensaxe a calquera dos seguintes correos electrónicos:
crabvingles@gmail.com ou purirodriguez@edu.xunta.es
https://drive.google.com/open?id=1rBl0KgHfbPSHGQ7g6d0AgofTA7ns3I1H
INFANTIL E PRIMARIA
Enviado por Puri o Xov, 30/04/2020 - 11:58ARTS AND CRAFTS
HI CHILDREN!
HOXE VOUVOS PROPOÑER UNHA ACTIVIDADE DE PLÁSTICA RELACIONADA CO LIBRO DE “BROWN BEAR, BROWN BEAR, WHAT DO YOU SEE?”.
A ACTIVIDADE CONSISTE EN ESCOLLER O ANIMAL QUE MÁIS VOS GUSTE DO LIBRO E FACER UN PUPPET (TÍTERE). DÉIXOVOS ALGÚNS EXEMPLOS NA SEGUINTE IMAXE.
NECESITAREDES: CARTULINA OU UN TUBO DE CARTÓN, TIXEIRAS, PAPEL, FÍO, CERAS OU PINTURA E PINCEL.
TAMÉN PODEDES IMPRIMIR O ARQUIVO ADXUNTO PARA COLOREAR TODOS OS ANIMAIS QUE APARECEN NO LIBRO. SÓ TEDES QUE COLOREALOS COMA NO LIBRO: BROWN BEAR, RED BIRD, YELLOW DUCK,...
PODEDES ENVIAR IMAXES DAS VOSAS CREACIÓNS ÓS WHATSAPP DAS ESCOLAS OU Ó CORREO crabvingles@gmail.com
PRIMARIA E INFANTIL
Enviado por Puri o Mar, 28/04/2020 - 21:28HELLO KIDS! I HOPE YOU ARE DOING WELL!
PARA ESTA SEMANA TEACHER KAREN E MÁIS EU DEIXÁMOSVOS UN ENLACE A UN LIBRO MOI CHULO QUE SE TITULA BROWN BEAR, BROWN BEAR, WHAT DO YOU SEE? ESTE LIBRO FOI ESCRITO POR BILL MARTIN E ILUSTRADO POR ERIC CARLE.
ANTES DE NADA QUERO AGRADECERLLES AOS AUTORES E AS PERSOAS QUE FIXERON OS VÍDEOS QUE OS COMPARTAN EN INTERNET.
DEIXÁMOSVOS DOUS ENLACES UN Á LECTURA DO LIBRO E OUTRO Á CANCIÓN.
ANTES DE VER OS VÍDEOS ENTRADE NAS SEGUINTES IMAXES INTERACTIVAS PARA ESCOITAR OS NOMES DOS ANIMAIS QUE APARECEN NO LIBRO E PARA REPASAR AS CORES. PINCHANDO NA FRECHA BRANCA, QUE APARECE NO FONDO DA IMAXE AO LADO DEREITO, ACCEDEREDES A SEGUNDA IMAXE ( A DAS CORES).
PRIMARIA
Enviado por Puri o Lun, 27/04/2020 - 08:28GOOD MORNING! I HOPE YOU ARE DOING GREAT THIS MORNING!
NA SEGUINTE IMAXE INTERACTIVA PODEDES REPASAR OS NÚMEROS ATA 20. PINCHADE NOS NÚMEROS PARA ESCOITAR E CONTAR. DESPOIS, COPIADE NO CADERNO OS NÚMEROS DO SEGUINTE MODO: 1- ONE, 2- TWO,... OS NENOS DE PRIMEIRO COPIADES OS NÚMEROS ATA 10 E OS DE SEGUNDO ATA 20: 11- ELEVEN,...
PARA REPASAR E APRENDER OS NÚMEROS DÉIXOVOS TAMÉN O SEGUINTE ENLACE A UN XOGO QUE SE CHAMA BINGO. ESTE XOGO CONSISTE EN PINCHAR NO NÚMERO QUE ESCOITEDES.
I HOPE YOU LIKE IT! ESPERO QUE VOS GUSTE!
WORLD BOOK DAY
Enviado por Puri o Xov, 23/04/2020 - 10:00WORLD BOOK DAY
DÍA MUNDIAL DO LIBRO
Como hoxe se celebra o Día do Libro en moitos países anímovos a que vexades este clásico da literatura infantil, en inglés.
INFANTIL
Enviado por Puri o Mar, 21/04/2020 - 08:54
HOW MANY? LET´S COUNT
Cántos ? Contemos...!
Hello everyone! I hope you are doing great today!
Pinchando nas iconas da seguinte imaxe interactiva repasaremos os números ata 9. Tamén poderemos acceder a unha canción e tres xogos sobre os números.
Enjoy it!
2º DE PRIMARIA
Enviado por Puri o Lun, 20/04/2020 - 08:27SECOND GRADE OF PRIMARY
Hi KIDS! I HOPE YOU ARE DOING GREAT!
HOXE IMOS A EMPEZAR COA CANCIÓN QUE LLES DEIXEI AOS NENOS DE PRIMEIRO NESTE ENLACE: https://youtu.be/aVSnDZHNEQc
DESPOIS IMOS A SEGUIR REPASANDO OS XOGOS E OS ESPAZOS DA ESCOLA. NO SEGUINTE ENLACE IDES A ENCONTRAR UN VÍDEO DUN CONTO DE TIGER TALES ( “BREAK TIME” - O TEMPO DE RECREO”) QUE XA ESCOITAMOS NA CLASE. AQUÍ ENCONTRAREDES, ADEMAIS, DÚAS FICHAS. QUE TAMÉN SE PODEN DESCARGAR DESDE OS ARQUIVOS ADXUNTOS.
https://drive.google.com/open?id=18iZ5LB9v9chpya9zOTrIDqte6dOlsMEt
RECÓRDOVOS QUE SE NON PODEDES IMPRIMIR NON PASA NADA, PODEDES COPIAR ALGUNHA FRASE NO CADERNO.
PRIMARIA- 1º CURSO
Enviado por Puri o Lun, 20/04/2020 - 08:01FIRST GRADE OF PRIMARY
HI KIDS! I HOPE YOU ARE DOING GREAT!
HOXE IMOS A SEGUIR REPASANDO OS OBXECTOS DA CLASE. EMPECEMOS CON UNHA CANCIÓN. HERE WE GO!
"WHAT´S IN YOUR BAG?" - QUÉ HAI NA TÚA MOCHILA?
"YOU DON´T HAVE A PET DINOSOUR?"- TI NON TÉS UN DINOSAURIO DE MASCOTA?
RESULTOUVOS FÁCIL ENTENDER O QUE DI A CANCIÓN, VERDADE?, SEGURO QUE SI!
DESPOIS PODEMOS VER O VÍDEO DA UNIDADE DE TIGER TALES “BACK TO SCHOOL”. ESTE CONTO XA OESCOITAMOS NA ESCOLA. ESTÁ NO SEGUINTE ENLACE:
https://drive.google.com/open?id=11two7nwb2x6I_myooYk24lIh6CBP3eNL
NESTE ENLACE IDES ENCONTRAR TAMÉN DÚAS FICHAS DE REPASO DE VOCABULARIO QUE TAMÉN SE PODEN DESCARGAR DESDE O ARQUIVO ADXUNTO.
2º PRIMARIA
Enviado por Puri o Xov, 16/04/2020 - 21:372ND GRADE - SEGUNDO
Hi everyone!
Ós nenos de segundo propóñovos a seguinte actividade interactiva CAN I PLAY? Nesta actividade ides repasar vocabulario relacionado cos xogos e os espazos da escola.
Look, read and write
Mira, le e escribe
Antes de imprimir a ficha (o arquivo adxunto númeo 2) repasade o vocabulario pinchando nos círculos amarelos (xogos) e azuis (espazos da escola). Nos números ides escoitar as frases que nos indican donde podes xogar a eses xogos. En cada frase hai que escoller entre dúas palabras, hai que rodear a que corresponda ao xogo da imaxe. Por último hai que completar a frase coa palabra que corresponde ao espazo da escola da imaxe.
Se non podedes imprimi-las fichas, como sempre digo, non vos preocupedes, copiades 2 frases con can´t e outras 2 con can.
Se tedes tempo podedes botarlle unha ollada a actividade de primeiro.
I hope you enjoy the activities!
Espero que vos gusten as actividades!
1º PRIMARIA
Enviado por Puri o Xov, 16/04/2020 - 20:071ST GRADE - PRIMEIRO
Hi everyone!
Para continuar repasando vocabulario relacionado coa escola déixovos unha actividade interactiva.
Listen, read, write and colour.
Escoita, le, escribe e colorea
Os nenos de primeiro ides a repasar os obxectos da clase que xa vimos no primeiro trimestre coa actividade WHAT´S IN MY PENCIL CASE? Pinchando nos círculos verdes da seguinte imaxe podedes escoitar e ler o nome dos obxectos e as expresións what´s number ...? It´s..... Qué é o número...? É...
Se pinchades nos círculos azuis escoitaredes de que cor son os obxectos. Se imprimimos a ficha do arquivo adxunto número 1 primeiro xa podemos ir coloreándoa. Se non podemos imprimir a ficha debuxamos algúns dos obxectos e escribimos debaixo de cada un o nome do obxecto ou a expresión It is a ...ruler = É un/ unha...
INFANTIL
Enviado por Puri o Xov, 16/04/2020 - 11:47Hello kids! How are you today? I hope you are wonderful!
No seguinte enlace déixovos un xogo ben chulo para repasar os saúdos en inglés.
Nesta páxina encotraredes tamén outros xogos e contos moi interesantes.
I hope you like them! Espero que vos gusten!
INFANTIL
Enviado por Puri o Mér, 15/04/2020 - 08:21Hello everyone! I hope you all are fine!
Hoxe toca moverse un pouquiño ao ritmo desta canción que tanto vos gusta. Acordádesvos das accións que temos que facer? walk- camiñar, hop - saltar, run- correr, tiptoe- camiñar na punta dos pés, jump- saltar, swim- nadar, sleep- durmir, wake up- despertar e volver a empezar pero esta vez máis rápido.
Aquí queda o enlace:
PRIMARIA
Enviado por Puri o Mar, 14/04/2020 - 07:45Hello children! I hope you are great!
Esta semana propóñovos repasar os obxectos da clase. Para eso entramos no enlace dos xogos que xa coñecemos ben https://www.mes-games.com/ e pinchamos en CLASSROOM. Empezamos como sempre coa primeira actividade LEARN AND REVIEW para repasar as palabras que xa sabemos e aprender as que descoñecemos. Despois continuamos cos outros xogos. Se os de SPELLING vos resultan moi difíciles pasade aos de QUESTIONS. Nesta unidade ides a escoitar a pregunta What is this? que quere dicir Que é isto? ou Is it...? / Are they..? É...? / Son ...?
No seguite enlace tedes unha historia de Steve e Maggie. O vídeo empeza con unha canción no que Steve lle pregunta a Maggie What are you doing today? Que estás facendo hoxe?E Maggie contesta I am learning to read, write, listen, count, speak English Eu estou aprendendo a ler, escribir, escoitar, contar, falar Inglés. Espero que vos guste!
INFANTIL
Enviado por Puri o Mér, 01/04/2020 - 12:02Hi kids! How are you? I hope you are wonderful!
No seguinte xogo podemos repasar as cores. Espero que vos guste!
http://www.sheppardsoftware.com/preschool/ngames/colors.htm
Tedes que axudarlle aos blooples (boliñas) a recoller a gardería. Cada boliña está a cargo de recoller os xoguetes da súa cor. Despois pídevos que coloquedes todas as boliñas na fila para poder ir para a casa.
Se tedes algunha dúbidas sobre os xogos podedes enviarme un correo a crabvingles@gmail.com
Na nube podedes entrar tamén nestes e outros xogos en inglés.
PRIMARIA
Enviado por Puri o Mar, 31/03/2020 - 18:37Hi Kids! I hope you all are fine!
Esta semana imos repasar os números, para eso temos que entrar como sempre no enlace dos xogos que xa coñecemos ben:
Debaixo de topics (temas) colocamos o rato en numbers. Se o movemos hacia a esquerda, practicaremos os números do 1 ao 10, así aparecerá no recadro superior; se o movemos hacia a dereita, practicaremos os números do 10 ao 20.
Hoxe imos colocar o rato á esquerda para practicar os números do 1 ao 10, entonces poñemos o rato á esquerda e pinchamos. Podemos facer calquera das actividades menos as de GRAMMAR que son un pouco máis complicadas. Sempre é mellor levalas en orde, empezar por LEARN AND REVIEW, despois VOCABULARY, SPELLING e QUESTIONS. En QUESTIONS nos xogos Treasure Chest e Slap van a preguntar How many do you have? = Cántos tés? E ides a escoitar a resposta I have... = Eu teño … Entón tedes que pinchar no número que escoitedes. En English Carnival pregúntavos Do you have six/...? = Tés seis/... se o número que aparece destrás da persiana é o 6 contestades yes, se non é contestades no.
No arquivo adxunto deixo unha ficha para escribir os números do un ao 10. Se non podedes imprimi-la ficha podedes copiar os números coma no exemplo:
1- one 2- two, ...
Neste vídeo Steve e Maggie repasan os números coa canción Can you count with me?= Podes contar comigo? e Steve quere xogar con vós pedíndovos que lle mostredes como corredes, saltades,... Show me = Móstrame...
