Educación física
Sesión caseira!
Enviado por Anónimo o Mér, 27/05/2020 - 21:30Bo día familia!
Menos mal que agora xa podemos realizar actividade física fora da casa, así que vos animamos a que fagades todo tipo de cousas como: andar, correr, saltar, patinar, andar na bici, no patín, bailar...
Pero como aínda non podemos ir ao cole, dende a área de Educación Física vos propoñemos facer unha sesión caseira de lanzamentos.
A continuación, tedes un enlace ao vídeo dunha compañeira que vos explica os pasos a seguir para realizalo.
https://www.youtube.com/watch?v=e1bg8HOfWmA
A ver que tal esa puntería!
Día da Educación Física na Rúa ou máis ben "na casa"
Enviado por Anónimo o Mar, 28/04/2020 - 11:37Bo día!
Hoxe, 28 de Abril, celebrase o día da Educación Física na rúa e, aínda que xa podemos sair a correr e xogar unha hora ao día (sempre cumprindo as medidas) vos propoñemos unha clase de Educación Física na Casa.
A proposta vai dirixida principalmente aos nenos e nenas de Primaria xa que algúns exercicios son un pouco complexos pero animamos a todos os nenos e nenas do cole a que o intenten!!!
No seguinte enlace podedes seguir os exercicios que ten preparados Josune, unha mestra de Educación Física do País Vasco, unha auténtica referente para nós.
https://www.youtube.com/watch?v=2PtHfTLu35o&feature=youtu.be
E se queredes enviar fotos ou vídeos, xa sabedes, nós encantados de ver como disfrutan os nosos pequechos/as!
Circuito Motor
Enviado por Anónimo o Mér, 22/04/2020 - 11:13Bo día familia!
Creamos un circuito para poder facer na casa e que os nosos pequenos e pequenas non perdan a estupenda forma física que teñen!!!
É un circuito sinxelo no que traballan a coordinación e as habilidades motrices básicas.
É importante que o fagan unhas dúas ou tres veces á semana durante todo o trimestre ata volver ao colexio (esperemos que sexa pronto).
Como sempre, queremos fotos e vídeos de como o van realizando!
Deixamos o archivo adxunto.
Moita forza e moito ánimo!!
Búsqueda del tesoro!!!
Enviado por Anónimo o Ven, 03/04/2020 - 13:07Buenos días piratillas!
Hoy os traemos una actividad muuuuuuyyyyy divertida para que participe toda la familia!
Se trata de una búsqueda del tesoro para preparar por toda la casa y ocupar gran parte del tiempo libre del que disponemos.
Requiere una preparación por parte de las familias, imprimiendo o copiando las pistas en un papel y escondiéndolas por los distintos sitios.
Os animamos a participar en ella y que nos mandéis fotos o vídeos de las a ctividades y de los increíbles tesoros que vayáis encontrando.
Mucho ánimo piratas!
Coida o teu corpo!
Enviado por Anónimo o Lun, 23/03/2020 - 12:59O obxectivo do proxecto "CUIDA TU CUERPO" é ofrecer ao alumnado e as suas familias unha guía diaria de actividades relacionadas con hábitos de vida saudables como é a actividad física, a alimentación e o desenrolo cognitivo para manterse activos durante este tempo de confinamento, realizando as propostas en familia para fomentar a socialización das actividades. Son propostas, non obligacións, polo que intentan dar unha solución aos tempos que atopamos dentro das propias rutinas familiares e de rendemento académico.
Existen tres retos diarios: MUÉVETE de actividade física, CREA para o desenrolo da creatividade con material reciclado e fomento do desenrolo sostible e RETA A TU FAMILIA con propostas divertidas para conseguir superar unha serie de actividades que requiren habilidade e traballo en equipo.
Por outra parte, atopamos RETOS CULINARIOS nos que se propoñen a realización de diferentes tipos de recetas, incorporación de alimentos,... que se poden integrar dentro das propias rutinas alimenticias das familias, coas que poden conseguir as suas insignias de superación.
Por último, mostramos unha serie de actividades complementarias e pasatempos que están ao alcance das familias para ocupar o seu tempo libre.
No seguinte enlace encontraredes o proxecto e a explicación de cada actividade que se irán actualizando día a día:
https://view.genial.ly/5e6b3a48eaeafb0fdd69315b/presentation-cuida-tu-cuerpo-primaria
Retos e recursos
Enviado por Anónimo o Lun, 16/03/2020 - 19:38Boas familias!
Dende a área de educación física queremos que sigades en movemento e por iso vos propoñemos varios retos para facer cada día!
Ademais disto, podedes recurrir a facer xogos populares e tradionais que normalmente usan pouco material específico e podemos ter acceso a el nas casas (pilla, escondite, salto á comba, a pita cega, a mariola, pés quedos, alturiñas...)
Tamén vos deixamos un enlace onde poder atopar xogos acordes as súas idades:
http://www.educacionfisicaenprimaria.es/
Vos animamos a facer exercicios de equilibrios, saltos, xiros, deslizamentos, desprazamentos e realizar circuitos en familia utilizando os diferentes recursos que podemos atopar nas casas, como cadeiras, colchóns, follas de papel de periódico...
Veña, a mover o esqueleto!
