CAVILANDO SOBRE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Bo luns, familia!

Todos os anos adicamos unhas sesións durante esta semana a traballar na clase o autor homenaxeado no Día Das Letras Galegas.

Este ano tocoulle o turno a RICARDO CARVALHO CALERO. A continuación tedes un dos seus contos, "As pitas baixo a choiva", a verdade moi gracioso, un pouco longo para os nen@s de Infantil pero merece a pena contalo.

 

Relacionado co conto déixovos nos documentos adxuntos un album dixital co mesmo nome, con 4 cancións compostas por un grupo de amigos da música baixo o nome de: "A banda das pitas".

Tamén deixo nos adxuntos un extracto de  6 fichas referidas ao conto, que forman parte dunha unidade didáctica que elaborou a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Quen queira facelas que as reparta entre varios días, así sacarédeslle máis proveito.

 

E para aprender algo sobre o autor homenaxeado, tedes un xogo online moi chulo e sinxelo creado coa aplicación Genially. Veña, atrevédevos a xogar!

AdxuntoTamaño
A banda das pitas - As pitas baixo a choiva - 01 01_Alborada das pitas.mp35.87 MB
A banda das pitas - As pitas baixo a choiva - 02 02_No país de Erika.mp36.07 MB
A banda das pitas - As pitas baixo a choiva - 03 03_Son un galo chafarís.mp33.5 MB
A banda das pitas - As pitas baixo a choiva - 04 04_As pitas baixo a choiva.mp37.47 MB
As pitas baixo a choiva1.pdf51.04 KB
As pitas baixo a choiva2.pdf33.5 KB
As pitas baixo a choiva3.pdf23.9 KB
As pitas baixo a choiva4.pdf122.83 KB
As pitas baixo a choiva5.pdf45.49 KB
As pitas baixo a choiva6.pdf140.73 KB

PROGRAMACIÓN DO 3º TRIMESTRE

Iniciar sesión

Revista escolar

Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.