ONDE LEVA...S?
Enviado por Anónimo o Mar, 05/05/2020 - 15:19
Hoxe continuamos co reforzo da conciencia silábica, neste caso centrándonos naquelas sílabas que levan o son /s/. Para elo empregaremos este xogo elaborado polo equipo Comunicarnos, que adaptou a ficha interactiva a través da plataforma Liveworksheets, no que os alumnos/as terán que observar as imaxes e identificar a sílaba na que leva o fonema /s/. Para autocorrixirse deberemos facer clic en "terminado" e posteriormente en "comprobar mis respuestas". Fai clic na imaxe para acceder ó recurso.