NA ESCOLA TAMÉN MEDIMOS

Bo martes, familia!

Hoxe vamos continuar escaravellando nas mates pero centrándome nos utensilios de medida.

Na escola tamén medimos e utilizamos distintas estratexias: nos medimos un con outro, para ver quen é máis alto, medimos obxectos utilizando utensilios non estandarizados como ladrillos de Educación Física, pezas de construcción, os nosos pes, ...

E tamén usamos formas de medida de lonxitude estandarizadas como a regla ou o metro. E ata usamos unha regra especial. Ollade para ela a ver se a recordades:

 

Imos practicar con obxectos que teñamos por casa. Necesitaremos:

  • 3 libros de distintos tamaños
  • Varias pezas de construcción de igual lonxitude
  • 3 tarxetas
  • 1 lápis e un rotulador

A vosa misión será medir a lonxitude de cada un dos libros e escribir nunha tarxeta o número de pezas que mide. Ah! E non olvidedes facerlle unha foto. Ahí tedes a miña:

Cando medimos comparamos obxectos. O que antes aprendemos son os conceptos: grande, mediano, pequeno. Pois ben, imos practicar esto cun xogo online, a simple vista sinxelo pero, que esixe o acompañamento dun adulto ou/e ter lectura comprensiva e moita concentración. Ahí vai:

A continuación imos practicar o concepto básico de lonxitude: largo-curto. Este xogo é máis doado:

 

Agora xa estamos listos para medir usando métodos non convencionais. Estes monstros necesitan con urxencia zapatos da súa medida. A ver se lles podedes axudar:

 

Xa estamos listos para convertirnos en  enxeñeiros. Imos axudar a Abby  a construir distintos obxectos. Averigua que tal se che da:

PROGRAMACIÓN DO 3º TRIMESTRE

Iniciar sesión

Revista escolar

Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.