Festas, conmemoracións e saídas

ABALAR MÓBIL

Ferramenta de comunicación coas familias: abalarMóbil

 

Estimadas familias:

Informámosvos que esta semana publicaremos as cualificacións do noso alumnado na aplicación AbalarMóbil como xa viñamos facendo en todas as avaliacións. Esta aplicación, que xa leva en funcionamento varios anos na Consellería de Educación, ofrece as seguintes funcións:

- Acceso a datos persoais.
- Consulta das cualificacións.
- Consulta e xustificación de ausencias.
- Solicitude de cita de titoría.
- Consulta de datos do centro educativo.
- Consulta de avisos ou notificacións dos profesores ou do centro.
- Consulta de incidencias creadas polo profesorado.

Aplicación:      https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil (Descargala no Play store do móbil / App Store).

Guía de uso:     https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites//espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf

A aplicación está dispoñible para nais/pais e titores legais de todo o alumnado do CRA.

Se non a descargástedes aínda, seguide estas indicacións:

PASOS A SEGUIR:

- Descargar a aplicación abalarMóbil no número de móbil dun dos responsables da alumna/o que foi facilitado ao centro (Descargala no Play store do móbil / App Store).

- Unha vez descargada abrímola e debemos seguir os pasos que nos indica:

- Introducir o número de móbil.

- Introducir o código de 9 díxitos que nos envían ao móbil por sms.

- Introducir unha clave persoal que sexa fácil de recordar.

- Xa se pode acceder á información.

Se algunha familia tivera dificultades para descargar Abalar Móbil pode poñerse en contacto co CRA :

- Teléfono: 616440471

- Correo electrónico: cra.boqueixon.vedra@edu.xunta.es

Recordámosvos que este medio de comunicación é complementario e que seguiremos utilizando ao mesmo tempo as existentes ata o momento.

Este trimestre o boletín de notas non se mandará impreso debido á situación na que nos atopamos.

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Iniciar sesión