Festas, conmemoracións e saídas

Blogues

Nova conto

Bo día!

Comezamos unha nova semana e vos propoñemos o seguinte conto: "Corre, corre, Cabaciña"

 

https://www.youtube.com/watch?feature=youtu.be&v=7Yxrd3wAVMI&fbclid=IwAR0eJxw-KoA261CDPeavu2kCn9oFNIPmaOThnfNlUovgZEEj9zuyHHRCzxM&app=desktop

 

Moito ánimo!

2º PRIMARIA

Hello kids! How are you? I hope you are great today!

Hoxe imos empezar a traballar no libro a unidade 2, A new pet, que trata sobre as mascotas. Antes de nada imos repasar e/ou aprender o vocabulario coa seguinte imaxe interactiva. Despois, premede na ligazón que vos levará a un documento no que se explican as actividades do libro. Se tedes algunha dúbida poñédevos en contacto comigo enviando unha mensaxe a calquera destes correos electrónicos:crabvingles@gmail.com ou purirodriguez@edu.xunta.es

 

 

https://drive.google.com/open?id=1fsGEyDEsav3p-NDJzi-rYmSVB-1g3sUh

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

Tratando de profundizar no tema de onte, a lecto-escritura, hoxe vou centrar os meus esforzos nunha actividade que soe agradar moito aos rapaz@s: AS ADIVIÑAS.

Nesta páxina web, arbolabc.com, tedes unha aplicación sinxela con moitas adiviñas. Imos centrarnos nas adiviñas de animais. Os que xa len, a practicar, e os outros ... a escoitar, pensar e adiviñar. 

Debaixo deste párrafo, insertei 2 aplicacións feitas por min dende a plataforma Learnning apps, se centran no mesmo tema. Ofrecen un total de 5 adiviñas de animais.

 

 

Esta outra aplicación, recolle tamén 5 adiviñas de animais. Tedes que arrastrar o nome do animal ata a súa frase. A pista sempre é: “Empeza pola vogal ...” A xogar!!

A miña proposta de hoxe é que memoricen 1 das adiviñas  e fagan algunha destas opcións:

  • Manda un audio ao grupo coa adiviña que aprendiches.
  • Fai un debuxo do animal que aparece nunha das adiviñas, escribe en maiúsculas o nome do animal e o teu nome, e faille unha foto.
  • Copia nun papel en letras maiúsculas a adiviña, e faille unha foto.

REFORZANDO A LINGUA ESCRITA

Boa tarde de mércores, familia!

Vou seguir reforzando a lingua escrita a través das tecnoloxías. En primeiro lugar ofrezo unha aplicación, que traballa o nome das vogais a través dun xogo de unir puntos,  axeitada para os nen@s do equipo verde.

 

Aquí tedes unha aplicación máis globalizada chamada PEQUETIC, cun subapartado chamado LETRAS (aparece no lado inferior dereito do planeta), adicado á lectoescritura e onde se presentan 6 xogos relacionados. Está máis ben orientada hacia os nen@s dos equipos verde e vermello.

  

Este outro xogo vai destinado aos nen@s dos equipos vermello e azul. Teñen que fixarse nos códigos das figuras para escribir a palabra agochada, usando o teclado do ordenador ou os lápices que ofrece a propia aplicación. A ver cantos dectectives temos na escola!!  

Este outro exercicio poden facelo aqueles que xa se iniciaron na lectura comprensiva. Trátase de ler cada frase e unila coa súa imaxe. Cando rematen premen o botón “¡terminado!” e logo a opción de “Comprobar mis respuestas” para obter a corrección do exercicio.

 

E xa para rematar, deixo outro exercicio máis sinxelo no que hay que completar palabras escollendo a sílaba axeitada. Segue a mesma dinámica que o exercicio anterior a efectos de corrección do exercicio.

Día da Educación Física na Rúa ou máis ben "na casa"

Bo día!

 

Hoxe, 28 de Abril, celebrase o día da Educación Física na rúa e, aínda que xa podemos sair a correr e xogar unha hora ao día (sempre cumprindo as medidas) vos propoñemos unha clase de Educación Física na Casa.

A proposta vai dirixida principalmente aos nenos e nenas de Primaria xa que algúns exercicios son un pouco complexos pero animamos a todos os nenos e nenas do cole a que o intenten!!!

No seguinte enlace podedes seguir os exercicios que ten preparados Josune, unha mestra de Educación Física do País Vasco, unha auténtica referente para nós.

https://www.youtube.com/watch?v=2PtHfTLu35o&feature=youtu.be

E se queredes enviar fotos ou vídeos, xa sabedes, nós encantados de ver como disfrutan os nosos pequechos/as!

NA ESCOLA TAMÉN MEDIMOS

Bo martes, familia!

Hoxe vamos continuar escaravellando nas mates pero centrándome nos utensilios de medida.

Na escola tamén medimos e utilizamos distintas estratexias: nos medimos un con outro, para ver quen é máis alto, medimos obxectos utilizando utensilios non estandarizados como ladrillos de Educación Física, pezas de construcción, os nosos pes, ...

E tamén usamos formas de medida de lonxitude estandarizadas como a regla ou o metro. E ata usamos unha regra especial. Ollade para ela a ver se a recordades:

 

Imos practicar con obxectos que teñamos por casa. Necesitaremos:

  • 3 libros de distintos tamaños
  • Varias pezas de construcción de igual lonxitude
  • 3 tarxetas
  • 1 lápis e un rotulador

A vosa misión será medir a lonxitude de cada un dos libros e escribir nunha tarxeta o número de pezas que mide. Ah! E non olvidedes facerlle unha foto. Ahí tedes a miña:

Cando medimos comparamos obxectos. O que antes aprendemos son os conceptos: grande, mediano, pequeno. Pois ben, imos practicar esto cun xogo online, a simple vista sinxelo pero, que esixe o acompañamento dun adulto ou/e ter lectura comprensiva e moita concentración. Ahí vai:

A continuación imos practicar o concepto básico de lonxitude: largo-curto. Este xogo é máis doado:

 

Agora xa estamos listos para medir usando métodos non convencionais. Estes monstros necesitan con urxencia zapatos da súa medida. A ver se lles podedes axudar:

 

Xa estamos listos para convertirnos en  enxeñeiros. Imos axudar a Abby  a construir distintos obxectos. Averigua que tal se che da:

A FACER CONTAS

Boa tarde de luns, familia!

Recordando que nos cadernos que vos mandei días atrás, aparecen sumas e restas, pensei en reforzar eses contenidos con algún xogo online que os traballe dun xeito máis lúdico. Ahí van algúns enlaces:

Imos comenzar recordando os nomes dos números:

 

E a continuación completamos cara adiante e cara atrás a recta numérica. Tedes 3 niveis de dificultade:

 

Agora vai un xogo de sumas con apoio visual. A ver quen se atreve a resolvelas:

 

Isto se complica. Neste outro xogo hai sumas horizontais sen reforzo visual.

 

E para rematar por hoxe tedes que darlle comida ás mascotas. Pero primeiro hai que resolver sumas ou restas. Canto pienso sodes capaces de botarlle?

Novo conto

Bo día!

Esta semana vos propoñmos un novo conto titulado "A vaca que puxo un ovo". No seguinte enlace podedes atopalo. Disfrutadeo!

 

https://www.youtube.com/watch?v=qhVefk9RKps&feature=youtu.be&fbclid=IwAR1vLtNPX65pC5x7jb9dx4707Ewe3JFykhg37M8CO5Pe7N5qEM78nqTDVXM

 

 

QUEBRACABEZAS DAS VOSAS MASCOTAS

Bo venres, familia!

Como son fanática dos quebracabezas e o prometido é deuda, hoxe subo os quebracabezas que fixen das vosas mascotas grazas á aplicación jigsawplanet.

Pero antes, vou facer un resumo dos beneficios cognitivos e emocionais de facer quebracabezas:

Favorecen a capacidade de análise e de elaboración de estratexias.

Melloran a nosa capacidade para resolver problemas e incrementan a tolerancia ante as dificultades e a frustración.

Exercitan a agudeza e a memoria visual.

Traballan a motricidade fina, a orientación espacial e a coordinación.

Melloran a observación e a capacidade de facer comparacións.

Reforzan a perseverancia, a paciencia e esixen organización.

Melloran a atención e a concentración.

Activan a curiosidade.

Axudan a relaxarnos. É un xeito de descanso, que fai que aparquemos durante un tempo os problemas, as situacións que nos preocupan. Por eso mesmo poden servir para controlar o estrés.

Poden favorecer os vínculos familiares e socio-afectivos cando o xogo se comparte entre pais e fill@s ou entre nen@s.

En consecuencia, serven para fomentar a socialización e a linguaxe.

Xeneran satisfacción e elevan a nosa autoestima ante a superación das dificultades.

Permiten a liberación de endorfinas cando logramos encaixar e atopar as pezas o que aumenta a alegría, o benestar mellorando así o noso estado emocional.

Ao conseguir recompensas tamén liberamos dopamina, que é a hormona que fai que nos enganchemos a seguir facendo a actividade para obter máis placer, máis recompensas. Esto sucede tamén cando facemos exercicio físico.

Na terceira idade son unha ferramenta eficaz para controlar a pérdida de memoria, retrasar a demencia senil e o Alzheimer.

Permiten traballar unha infinidade de contenidos educativos: conceptos matemáticos, lectoescritura, profesións, secuencias temporais, estacións do ano, xeografía, anatomía humana, animais, ...

Supoño que por todo eso as aulas de Educación Infantil acostuman a estar repletas de quebracabezas.

 

Agora si que van os vosos quebracabezas. Pinchade na imaxe que queirades facer. Na esquina inferior esquerda tedes un círculo feito con frechas para premer e empezar a xogar.

Algúns quebracabezas teñen as pezas rotadas. As pezas xiran coas flechas do teclado.

Ah! E as veces, quedan pezas escondidas na foto (que se pode desprazar) do lado esquerdo. 

Que os disfrutedes!!

 

A VOLTAS COA MOTRICIDADE FINA

 Bo xoves, familia!

A motricidade fina é a habilidade motora que nos permite facer movementos precisos das mans e os dedos en coordinación coa vista. É complexa porque implica ter coñecemento, planificación, coordinación, forza muscular e sensibilidade.

Esta habilidade é imprescindible para realizar tarefas importantes na escola e tamén na vida diaria.

A motricidade fina empeza a desenrolarse dende o nacemento e durante toda a etapa infantil.

Hai moitas maneiras de potenciar e mellorar a motricidade fina. Entre elas están:

  • Debuxar
  • Recortar
  • Picar
  • Ensartar
  • Pegar e despegar adhesivos
  • Poñer tatuaxes de papel na pel
  • Colgar e descolgar roupa con pinzas
  • Modelar (plastelina, pasta de sal, arena, ...)
  • Rasgar, arrugar e plegar papeis
  • Pasar as páxinas dun libro ou revista
  • Enganchar e desenganchar clips
  • Meter moedas, botóns, clips, ... nunha hucha
  • Apilar bloques pequenos
  • Montar legos
  • Abotoar e desabotoar
  • Subir e baixar cremalleiras
  • Travasar líquidos cunha culler
  • ...

 

 A continuación podedes ver 2 vídeos con moitas ideas para traballar a motricidade fina na casa e ao mesmo tempo ter entretidos aos vosos fill@s.

 

 

 

DÍA DA TERRA

Bo mércores, familia!

Hoxe é o Día da Terra, conmemoración que intenta concienciarnos sobre a necesidade de protexer o planeta e intentar poñer mecanismos para resolver problemas ambientais como a contaminación, a sobrepoboación e a perda da biodiversidade.

Deixo aquí un conto para os peques que trata este tema:

 

Nos documentos adxuntos hai un conto en pdf, AQUELES MONSTROS ANCIÁNS QUE VIVEN BAIXO A TERRA, onde os protagonistas son os descompoñedores, animais fundamentais no proceso da compostaxe.

Recodade animar ao nen@ a que faga un debuxo do conto que máis lle agradou.

Baixo estas líneas tedes un enlace a un rebumbio de xogos cos animais como protagonistas. Son xogos moi sinxelos, orientados sobre todo aos nen@s do equipo verde.

 

A continuación ofrezo outro xogo de animais, un pouco máis complexo pero intuitivo, que traballa vocabulario en inglés.

Circuito Motor

Bo día familia!

 

Creamos un circuito para poder facer na casa e que os nosos pequenos e pequenas non perdan a estupenda forma física que teñen!!!

É un circuito sinxelo no que traballan a coordinación e as habilidades motrices básicas. 

É importante que o fagan unhas dúas ou tres veces á semana durante todo o trimestre ata volver ao colexio (esperemos que sexa pronto). 

Como sempre, queremos fotos e vídeos de como o van realizando!

Deixamos o archivo adxunto.

 

Moita forza e moito ánimo!! 

 

VIAXANDO DENDE CASA

Boa tarde de martes,familia!

Con esta situación de confinamento non é posible viaxar, pero podemos utilizar a web para coñecer virtualmente outros lugares e averiguar a onde nos gustaría ir cando as circunstancias melloren.

Para empezar, aquí tedes un enlace que a través de varios xogos (coloreado, quebracabezas, diferencias, sombras, ...) se vos presentan lugares que a xente acostuma a visitar cando fai viaxes longas.

 

Algúns de vós xa tivéchedes a oportunidade algunha vez, de facer viaxes deste tipo. A proposta de hoxe é a seguinte:

Busca con axuda dun maior fotos dunha viaxe que recordedes, e explica nun debuxo, nun vídeo ou nun audio: cousas que  che agradaron, lugares ou atraccións, as comidas que probáchedes, o medio de transporte elexido, quen vos acompañou, anécdotas divertidas ou non tanto, ... calquera cousa que queirades reseñar.

Non é preciso que pensedes en viaxes fora da nosa comunidade. Hai milleiros de lugares en Galicia fermosísimos, que seguramente descoñecemos, e que baixo o voso punto de vista poden ser aínda máis atractivos. Animádevos a convertirvos en guías turísticos!!

 

Outro día ata poderemos usar algunha das vosas fotos para crear un quebracabezas online, dun xeito sinxelo. Ollade aquí algúns exemplos:

Hora de ler!

Bos días familias!

Comezamos esta semana cunha serie de contos que poderemos visualizar e escoitar e que de seguro vos van a encantar!

Cada semana iremos colgando un enlace a un novo, así que estade atentas/os á páxina web.

Esta semana vos propoñemos o conto que se chama "Chocolata", esperemos que vos guste.

 

https://www.youtube.com/watch?v=AszcpKy3yfI&fbclid=IwAR3ZThKcHdMHN-kaSnOut4YgLnG6bgYZRvb5CZ7vVIHc5mIwoncIniSOGaM

 

 

PARABÉNS, PARA TI !!

Bo luns, familia:

Antes de nada quero agradecervos a vosa colaboración e a dos vosos fill@s, para intentar convertir este día de confinamento nun momento máxico.

Xa sabedes que hoxe é un día especial, o voso compañeiro IAGO está de Aniversario e para celebralo andiven dándolle voltas á testa e case me queda do revés. Temos preparadas, especialmente para el, varias propostas.

A primeira proposta é a máis bonita, porque é a que vós lles fixestes con moito agarimo e esmero, e como xa é habitual na escola, tedes certa práctica. Só cambiou algo o formato e o lugar da entrega. Botádelle unha ollada a este Libro virtual a ver se recoñecedes algo:

 

As seguintes propostas son xogos online, pero adaptados ao día de hoxe é con recordos da escola. Espero que che agraden Iago e que tod@s pasedes un bo rato.

O xogo que tedes a continuación é un quebracabezas algo raro, que ten por obxectivo destapar unha imaxe agochada que hai debaixo e que vos levará ata un vídeo que coñecedes ben. Que vos axuden a ler o cartel do OK para que poidades iniciar o xogo.

 

 

No seguinte xogo tedes que xuntar cada palabra coa súa imaxe. Fíxadevos ben na vestimenta de Iago ou no que leva na man:

 

A continuación ven un xogo de memoria con cartas, hai imaxes que xa coñecedes do xogo anterior e algunha nova. Cada imaxe ten de parella unha palabra. A seguir practicando:

 

 

Os dous xogos que aparecen a continuación conteñen os vosos nomes ou apelidos. A ver quen ve o seu e recoñece o dos seus compañeir@s:

 

OH

DESCUBRINDO A LINGUA ESCRITA

Boa tarde de venres familia:

Como a fin de semana quere abrirse paso, e a lectura é unha actividade apasionante, vou centrar hoxe os meus esforzos en ofrecervos actividades lectoras enfocadas hacia os vosos cativ@s. 

Empezamos coas letras que máis se repiten e que os nen@s antes interiorizan. Ahí vai unha canción sobre as vogais:

 

Neste outro enlace teñen opción, os cativ@s que xa se iniciaron na lectura comprensiva, de reforzar e ler por si mesmos contos breves.

 

Baixo este párrafo tedes outra pequena Biblioteca para primeiros lectores con historias sobre igualdade de xénero:

 

A continuación vos propoño unha selección de xogos sobre lectoescritura. O primeiro é un “Memory de letras”:

Neste outro xogo hai que seleccionar a sílaba apropiada para completar palabras:

E xa por último este xogo que agrupa 4 actividades diferentes, leva anos no espazo case infinito da internet, e traballa tamén as vogais:

AS NOSAS QUERIDAS MASCOTAS

Bo xoves familia!

Hoxe teño que falarvos de algo que os nen@s dos equipos vermello e azul xa coñecen, as nosas mascotas da escola. E digo así porque levamos moitos anos coidando delas. Eu xa lles collín certo apego, aínda que na miña casa non pensen todos o mesmo.

O certo é que son unhas mascotas especiais, hai que coidalas como todas as mascotas, pero cunha vantaxe, pasan 9 meses sen dicir nin pío, e só temos que estar pendentes delas durante a primavera e, ás veces, un chisquiño no verán. 

Supoño que xa sabedes de quen falo:  AS EIRUGAS DE SEDA

 

Empecemos por algún vídeo informativo que nos explique un pouco o ciclo da súa vida:

 

 

Pero temos que ter claro que non é o mesmo un verme que unha eiruga. Os vermes son diferentes e nunca poderán convertirse en bolboretas. Este outro vídeo fala dos VERMES

Seguro que na vosa casa ou na casa dos avós tedes unha mascota; un can, un gato, uns pitiños, ... a quen  queredes moito e lle dades coidados. E se non, unha mascota de peluche coa que durmides ou xogades.  A miña proposta para hoxe é que mandedes un vídeo ou un audio explicando algo sobre a vosa mascota: como se chama, quen vola trouxo, onde soe estar, a que xogades con ela, ... o que vós queirades.

E si vos apetece máis, tamén podedes ver o conto de "La pequeña oruga glotona" e facer un debuxo del. Aquí vai o conto:

 

 

MANEXANDO A ATENCIÓN E A MEMORIA

Bo mércores familia!

Hoxe ándolle dando voltas a idea de recompilar xogos que usamos habitualmente na aula, tanto cando facemos xogos na PDI, en xogos grupais de mesa ou nos traballos individuais.

O primeiro que presento é un xogo de labirintos casero. Trátase de que o nen@, coa vosa axuda, constrúa un labirinto en 3D con material  sinxelo que podemos ter na casa.

NECESITAREMOS

  • Unha caixa mediana (de zapatos ou similar)
  • Unha cartolina ou folio para debuxar primeiro o noso labirinto.
  • Palliñas/cachiños de cartón/paus xeados ou rollos de papel hixíénico.
  • Pegamento ou cola blanca.
  • Unha bola tipo canica ou máis grande como de pimpón.

Podemos escoller entre estas 2 modalidades que atopei na internet:

 

Tamén tedes a opción de xogar a resolver labirintos no ordenador, usando a flechas do teclado. Botádelle unha olla a este xogo:

Este é un xogo de construir series con imaxes de gatos e cans, que vaise complicando conforme superamos os niveis de dificultade:

Outro xogo que lles gusta bastante aos nen@s é o de unir puntos, no que traballan o nome dos números e o orden en que se colocan. Aquí tedes un exemplo:

Aquí vai o derradeiro xogo por hoxe. Para min, o máis difícil.  Hai que completar un álbum de cromos de animais, colocando cada un no seu lugar, recordando a súa posición exacta respecto a un grupo de animais que aparecen simultaneamente. Ollo!, recordade premer a lupa, para acceder á pista que facilita:

Nos documentos adxuntos aparecen os Cadernos 2 de fichas, organizados por equipos, igual que a outra vez. Coido que vos sexan de utilidade.

A EDUCACIÓN VIAL E OS MEDIOS DE TRANSPORTE

Bo martes familia!

Na volta destas vacacións de Semana Santa tan raras, sen movernos da casa e con moito silencio fora dela, imos ir preparándonos para cando poidamos recuperar a saída a rúa.

Así que hoxe as miñas propostas teñen que ver cos Medios de Transporte e a Educación Vial. 

A continuación deixo un xogo lim sobre “Los Camiones” que utilizando esta temática traballa tamén a lectoescritura.

Para os amantes dos quebracabezas ahí vai un enlace para construir 4 medios de transporte diferentes podendo elexir o número de pezas coas que xogaremos.

 

No seguinte enlace tedes unha morea de xogos online que traballan a Educación Vial para nen@s pequenos con distintos niveis de dificultade.

 

A continuación podedes acceder a un par de vídeos que falan da seguridade do nen@s cando son conductores de vehículos e tamén cando viaxan como pasaxeiros.

 

 

ACTIVIDADES CON PASTA DE SAL

A pasta de sal pode ser un recurso moi atractivo para os pequech@s, ademáis de que resulta moi doada de elaborar e conservar varios días na nevera. Aquí tedes un pequeno vídeo para que vexades como se fai.

Unha vez feita podedes usar moldes de galletas, xoguetes e casi calquera utensilios que teñades por casa (tapas de rotus, herbas, tapóns, pezas de legos, pastas, ...) para facer distintos diseños. E por suposto, se pode pintar mentres se fai a masa ou despois, cando xa estea seca.

Poden tamén cubrir as figuras con sementes, pedriñas, conchas, botóns, ... e o que se vos ocurra. 

CURTAMETRAXES SOBRE VALORES

Hai moitas curtametraxes coas que se poden traballar valores con nen@s pequechos. Déixovos algunhas que atopei:

 


Estas curtametraxes poden servir para iniciar cos vosos fill@s unha conversa sobre o tema que tratan. E igual que facemos cos contos, a continuación poden facer un debuxo sobre o mesmo, onde apareza o título (incluso a súa traducción ao español), algúns personaxes debuxados e co seu nome e o lugar onde sucede a escena do debuxo con todos os elementos que sexan capaces de debuxar.  

Búsqueda del tesoro!!!

Buenos días piratillas!

 

Hoy os traemos una actividad muuuuuuyyyyy divertida para que participe toda la familia!

Se trata de una búsqueda del tesoro para preparar por toda la casa y ocupar gran parte del tiempo libre del que disponemos.

Requiere una preparación por parte de las familias, imprimiendo o copiando las pistas en un papel y escondiéndolas por los distintos sitios.

Os animamos a participar en ella y que nos mandéis fotos o vídeos de las a ctividades y de los increíbles tesoros que vayáis encontrando.

 

Mucho ánimo piratas!

OVOS DE PASCUA

Bo venres familia!

Andiven buscando maneiras diferentes de confeccionar ovos de Pascua con materiais que poidades ter na casa. Mirade a ver si algunha destas ideas vos pode ir ben. 

 

 

 

Incluso podedes confeccionar guirnaldas para decorar a casa ou as ventás:

PLASTICMONSTERS LESTEDO

Fai unhas semanas iniciamos en todas as escolas do CRA unha proposta medioambiental para tratar de concienciar ao alumnado sobre a necesidade de reducir o consumo de plástico dun só uso.

 

Iba ser unha actividade semanal, similar á das mochilas viaxeiras, pero as circunstancias, como xa sabemos tod@s, cambiaron.

 

Sabedes que na escola estamos traballando sobre as 5R da reciclaxe, o cambio climático e as posibles solucións a este problema mundial.

 

Por elo dende a Biblioteca, pedimos a vosa colaboración para realizar unha actividade de concienciación sobre o abandono de residuos plásticos na contorna natural.

 

A idea xorde dunha campaña global de Greenpeace “no alimentes al monstruo de plástico”, dirixida contra Nestle e outros grandes productores de envases.

 

Greenpeace propón que os usuari@s creen os seus propios monstruos de plástico en Instagram para xerar un zumbido que presione aos líderes corporativos para que reduzan os envases de plástico dun só uso no mercado.

 

Dende o CRA queremos sumarnos a esta iniciativa coa vosa colaboración.

Para elo que tes que facer?:

  • Busca en internet unha foto dun residuo plástico abandoado ou usa un residuo plástico da túa casa. 
  • Convírteo nun monstro (manualmente ou dixitalmente ou imprimindo e logo transformándoo manualmente)
  • Ponlle un nome.
  • Escribe cales son os seus terribles poderes.
  • Manda unha foto do teu Plasticmonster.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración e animádevos a facelo!!!

Se queredes profundizar na orixe desta proposta, pinchade nos seguintes enlaces:

https://es.greenpeace.org/es/noticias/llevamos-el-monstruo-de-plastico-hasta-su-origen-la-sede-de-nestle/

 

 https://www.greenpeace.org/international/story/21822/plastic-monsters-from-around-the-world-return-home-to-nestle/

 

No documento adxunto podedes ver unha idea máis aproximada da proposta, ahí tedes algúns exemplos.

OS DÍAS DA SEMANA

Bo martes familia!

Hoxe quero poñervos a canción coa que empezamos a quentar motores na escola, unha vez que averiguamos quen é o encargado do día e remata de saudar a cada un dos seus compañeir@s.

 

E como xa tod@s coñecen moi ben a canción que acabades de escoitar, a miña proposta para hoxe é que miren, aprendan e bailen esta outra, que trata o mesmo tema. Cando xa vos teñan toleado moito con ela, facédelle un vÍdeo ou un audio e ma facedes chegar. A ver quen se atreve!!

No documento adxunto poderedes atopar uns modelos para que poidan confeccionar na casa os seus propios carteis dos días da semana.

E hai un conto que os profes usamos moito para traballar os días da semana. Ahí o tedes:

Ademáis, con este libro podemos traballar as cores , os números do 1 ao 7 e a moralexa: a importancia de coñecer o todo fronte as partes para facernos unha idea máis axeitada e real dunha situación, e a importancia do traballo nun equipo ben coordinado.

E para rematar hoxe, aquí tedes un enlace para facer un quebracabezas dun ELEFANTE:

 

E se vos axudan un pouco e fedellades no lado superior esquerdo desta web, teredes a opción de modificar o número de pezas, autoresolvelo e ata facer un montón de quebracabezas máis con fotografías doutros animais e outras temáticas. Un oasis para os amantes dos quebracabezas!

Día do Teatro

Bo día familia!

 

O 27 de marzo celébrase o día do teatro, e desde os equipos de dinamización da lingua galega e biblioteca queremos facervos a seguinte proposta.

Achegamos un documento co texto “As pitas baixo a choiva” de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado este ano polo día das letras galegas. Este conto relata unha vivenza do autor de cando era pequeno.

A proposta que vos facemos é que leades o conto aos vos@s fill@s e que logo fagan un pequeno teatro de monicreques  da parte do texto onde Ricardo vai salvar ás pitas da choiva.

Tedes un arquivo anexo coas siluetas e as instrución de  montaxe da nosa proposta con imaxes de artistas galegos.

Obras seleccionadas para os monicreques

1: “ A feiranta” Luís Seoane (avoa)

2: “Florisel” Laxeiro (Ricardo)

3: Peza de Sargadelos (galo)

4:Peza de Sargadelos (galiñas)

 

Agardamos que vos guste o conto e que disfrutedes representándoo.

Coida o teu corpo!

O obxectivo do proxecto "CUIDA TU CUERPO" é ofrecer ao alumnado e as suas familias unha guía diaria de actividades relacionadas con hábitos de vida saudables como é a actividad física, a alimentación e o desenrolo cognitivo para manterse activos durante este tempo de confinamento, realizando as propostas en familia para fomentar a socialización das actividades. Son propostas, non obligacións, polo que intentan dar unha solución aos tempos que atopamos dentro das propias rutinas familiares e de rendemento académico.
Existen tres retos diarios: MUÉVETE de actividade física, CREA para o desenrolo da creatividade con material reciclado e fomento do desenrolo sostible e RETA A TU FAMILIA con propostas divertidas para conseguir superar unha serie de actividades que requiren habilidade e traballo en equipo.
Por outra parte, atopamos RETOS CULINARIOS nos que se propoñen a realización de diferentes tipos de recetas, incorporación de alimentos,... que se poden integrar dentro das propias rutinas alimenticias das familias, coas que poden conseguir as suas insignias de superación.
Por último, mostramos unha serie de actividades complementarias e pasatempos que están ao alcance das familias para ocupar o seu tempo libre.

 

No seguinte enlace encontraredes o proxecto e a explicación de cada actividade que se irán actualizando día a día:

https://view.genial.ly/5e6b3a48eaeafb0fdd69315b/presentation-cuida-tu-cuerpo-primaria

 

CHEGOU A PRIMAVERA

Boa semana familia!

Como xa saberes o venres pasado, 20 de marzo, entramos nas primavera e tivo lugar o equinocio de primavera, é dicir, momento do ano en que o día (as horas de luz solar) e a noite teñen aproximadamente a mesma duración.

Na escola, aproveitamos esta data, para recordar o nome das 4 estacións que temos, que cada unha dura 3 meses e os nomes ordenados dos meses do ano.

Aquí tedes un video que, ás veces vemos na escola, sobre os meses do ano.

 

 Tamén recordamos que pasa na natureza que temos ao noso redor durante esta estación: as árbores de folla caduca empezan a botar follas e/ou flores, os padros se inundan tamén de plantas e flores novas, algúns animais saen da súa hibernación e todos comenzan a preparar as súas casiñas para atender ás crías que pronto nacerán.

Déixovos unha manualidade moi sinxela e que penso que lles vai gustar aos nen@s relacionada coa primavera.

 

 

Como vedes, se trata de pintar con pintura de dedos, témperas ou acuarelas usando bastoncillos. Déixovos 3 arquivos en pdf por si tedes impresora e os queredes imprimir. Se supón, que o voso fillo escolle 1, o que máis lle guste, entre os 3 que ofrezo. Se non, podedes usar calquera debuxo e pintar sobre el.

A AULA NA CASA

CONSELLOS PARA O CADERNO

 

Nos documentos adxuntos tedes 30 fichas seleccionadas para o teu fill@, que teñen por finalidade reforzar e afianzar os obxetivos acadados ata agora. A continuación detallo unha serie de consellos que poden ser útiles para a realización destas tarefas:

 

1º.- Ofrece estas actividades no posible, durante as primeiras horas da mañá ou despois da siesta. O teu fillo/a estará máis despexado e atento e tamén menos canso.

2º.- Non é recomendable  que faga máis de 2 fichas por día. Entre unha e outra debe haber polo menos, 2 horas de separación.

3º.- Presta atención á postura do teu fillo/a na cadeira, á forma de coller o lapis ou o rotulador e a posición da outra man.

 4º.- Agrupa as fichas cunha grampa, encuadernador ou algún sistema que lle permita  ter un caderno para poder pasar as páxinas e buscar a folla que vai a realizar nese intre. 

5º.-Ofrécelle a actividade seguindo o orden en que están no documento de descarga (foime imposible paxinalas; para a próxima). Siguen un orden pedagóxico.

6º.- Cada ficha vai acompañada dunhas instruccións precisas e ordenadas que deberían seguir.

7º.- Algunhas fichas falan de adhesivos ou gomets, que constitúen unha estratexia lúdica máis para mellorar a motricidade fina, a coordinación óculo-manual, ... Se tedes gomets na casa podedes usalos ou que escriban eles ou o que se vos ocurra.

8º.- Si o teu fill@ xa ten unha lectura comprensiva, anímao a que lea as instruccións da ficha e che explique o que entendeu. Así seguirá avanzando na lectura e comprensión de textos.

9º.- Sempre que poidas permite que o teu fillo/a utilice diferentes materiais: lapis, rotuladores grosos ou finos, ceras duras (tipo plastidecor), lápices de cores, acuarelas, pintura de dedos, ...

10º.- Procura que teña a súa disposición todos os materiais que vai  precisar  en cada momento, incluídos: borrador, pegamento, tesoiras, punzón, almohadiña, ...

11º.- Naquelas fichas onde se pide que resiga unhas liñas discontinuas, números ou letras, é moi importante que o faga seguindo a dirección correcta tal e como sinalan as frechas ou o punto. Non esquezas que estos trazos constituen a base da súa futura escritura.

12º.- Cada ficha debe rematarse poñendo ou resiguindo (en maiúsculas grandes para que lles sexa máis doado) o seu nome

13º.- Conserva este caderno cando o remate, para logo levar á escola e facer unha posta en común. Deste xeito o teu fillo/a porá máis interese en realizalos correctamente e ó mesmo 

Distribuir contido

PLAMBE

EDLG

Robótica Educativa

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Iniciar sesión