"Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro"                                (Emily Dickinson)    

 

Psicomotricidade

Libro "Animais en apuros" e psicomotricidade

Nas sesión de psicomotricidade estamos traballando co libro de "Animais en apuros".

Cada sesión: as/os pequenos deportistas deberán axudar a tres animais, pois teñen un problema. Para facelo, deberán poñer a proba as súas habilidades motrices e esforzzarse en equipo para acadar o obxectivo do xogo. Cando conseguen axudar a un animal, están preparados para poder axudar ao seguinte. O conto suma un total de 15 animais, ata chegar a tartaruga, que agocha un tesouro.

Serán capaces estas pequenas deportistas de axudar aos animais en apuros? 

 

 

Divertímonos e aprendemos cos xogos de psicomotricidade

A través do movemento, a acción sobre o medio e as experiencias, desenvolvemos a parte motriz xunto coa psíquica.

A continuación amósanse algúns exemplos dos xogos realizados no primeiro trimestre do curso.

Distribuir contido

Back to top