"Para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro"                                (Emily Dickinson)    

 

Biblioteca

Recomendacións de lectura

Presentámosvos a guía de lecturas para nen@s de infantil.

 

 

MIGALLAS (16/11/18)

Gozando da representación teatral ofrecida por Migallas. 

Contada de Samaín

Que mellor xeito de gozar do Sanmaín cunha contada gracias a colaboración das familias.

Gracias Laura pola túa presenza.

 

Contos para a igualdade

RECOMENDACIÓNS PARA O TRABALLO E A REFLEXIÓN:

COEDUCACIÓN
AUTOESTIMA
ESTEREOTIPOS
DIVERSIDADE SEXUAL E DE AFECTOS
EMPODERAMENTO
IDENTIDADE
AFECTIVIDADE
PREVENCIÓN DA VIOLENCIA MACHISTA.

MALETA VIAXEIRA

Queremos presentarvos a nosa maleta viaxeira da Biblioteca, a cal irá acompañada sempre polos seus donos, Golfo e Golfa, levando @s alumn@s un mundo cheo de fantasía cos seus contos preferidos.

Se queredes seguir coñecendo as aventuras dos nosos amigos entrade no apartado biblioteca da nosa páxina web e no noso Instagram.

                                                                                   

UNHA MAN CHEA DE BICOS POLA PAZ

O día da PAZ os alumnos/as recibiron unha gran sorpresa na aula de San Mateo. Apareceu ...  "Frida Kahlo" para  contarnos un conto  UNHA MAN CHEA DE BICOS. Disfrutamos moito escoitándoa e para rematar saboreamos un bico moi, moi doce.


GOLFO ENVIOUNOS UNHA CARTA PARA O NOVO PROXECTO

Para dar comezo ó proxecto de FRIDA KAHLO, na biblioteca do centro o carteiro deixou por equivocación un paquete que contiña: unha diadema de flores, unha bandeira e un gorro mexicano, umha paleta de pintor con pinceis e unha foto de Frida Kahlo.

Golfo, a mascota da biblioteca, escribiulles unha carta ós nenos/as pedíndolles axuda para investigar coas súas familias de quen podía ser o paquete. Desta maneira introducimos ó alumnado no apaixoante mundo da arte a través da pintora Frida Kahlo.

FOMOS A VER A MIGALLAS E DE VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Alí estivemos

 

Despois fomos á biblioteca municipal onde nos contaron un conto e nos ensinaron as instalacións ás que podiamos ir coa nosa familia para levar libros para ler na casa.

 

Así foi a visita

 

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Desde o equipo de Dinamización da biblioteca do noso centro xurdíu a proposta de facer un marcapáxinas para conmemorar este día. Este foi  resultado

A QUEN NON LLE DAN MEDO OS MOSNTROS?

Pois Max foi capaz de enfeitizalos co seu truco máxico de fitar para os ollos sen pestanexar.

Max é o protagonista do álbum ilustrado: Onde viven os monstros.

Esta foi unha obra adiantada a súa época. En 1963, cando se publicou, tivo un gran impacto.  Nun tempo no que na literatura infantil predominaban as boas intencións e as leccións morais, romper coa imaxe inocente e feliz da nenez e mostrar unha nai perdendo os papeis co seu fillo foi unha tarefa tan subversiva que só un autor como Sendak, tan salvaxe como as súas obras, se atreveu a realizar.

Decía Maurice Sendak:

“(…)Ignoramos  o feito de que dende a mais tenrra idade os nenos conviven con emocións perturbadoras, que o medo e a ansiedade son parte intrínseca das súas vidas (…). E é  a través da fantasía que os nenos alcanzan a catarsis. E a mellor forma que teñen de domar as cousas salvaxes.”

O primeiro paso para gañar os monstros é recoñecer a súa existencia. E a aventura non é, di Sendak, tan terrible, nin tan solitaria como pode parecer. Ao final, sempre nos espera unha cunca de sopa fumegante  e a seguridade da casa.

Durante o mes de novembro estivemos lendo e facendo actividades arredor deste álbum ilustrado.

Na aula de Ribadetea os nenos e nenas xogaron a fitar en parellas un para o outro para ver quen aguanta máis sen pestanexar:

 

Tamén fixeron mocos de monstro coa receta da profe Paula:

 

E soprando pintura conseguiron facer monstros:

Distribuir contido

Back to top