AVISOS

Listaxe definitiva de admitidas por aula

4º EDUCACIÓN INFANTIL

5º EDUCACIÓN INFANTIL

Apelidos e nome

AULA

LVA

COUSO

AMR

PEITI

 

6º EDUCACIÓN INFANTIL

 

Apelidos e nome

AULA

ONF

PEITI

QUENDA NEAE

 

Apelidos e nome

AULA

BFB

CHAIN

 

 

VACANTES E PROCESO DE ADMISIÓN

 VACANTES

Durante este curso 2020/2021 o Cra Antía Cal conta con un total de 49 vacantes máis 3 vacantes reservadas para NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo).
As vacantes quedan distribuidas por aulas a seguinte maneira:

 

NEAE

CHAÍN

6

0

0

1

COUSO

7

2

2

1

GUILLUFE

7

2

2

0

PEITIEIROS A

7

1

1

1

PEITIEIROS B

6

0

0

1

VILAZA

5

0

0

0

 

ADMISIÓN

CANDO E CÓMO?

CANDO?
O periodo de admisión é do 1 DE MARZO ao 22 DE MARZO, ambos incluidos.

COMO?
A TRAVÉS DE INTERNET: entrando en admisiónalumnado.
        a) Entrar na páxina, descargar e imprimir o formulario. Debe presentarse presencialmente na escola.
        b) Entrar na páxina, cubrir o formulario online e descargar para imprimir. Debe presentarse presencialmente na escola.
        c) Con Chave365, ou certificado electrónico, presentar directamente a solicitude de admisión, cos documentos especificados adxuntos(é necesario que as persoas que conforman a unidade familiar asinen o Anexo II bis, se escanee e se suba na propia aplicación, ou se escanee e se envía ao correo do cole).

DE MANEIRA PRESENCIAL
Co documento impreso, pedir cita previa no teléfono 886.110.243
Solicitar cita para a recollida do formulario impreso no centro e outra cita para a entrega da documentación cuberta; no teléfono 886.110.243.

 

COMO É O PROCESO NUN CRA?

  • Un CRA é un único centro a nivel administrativo, isto quere dicir que as vacantes que contan son as totais do centro.
  • Barémase cando cheguemos ás 120 prazas totais do centro, é dicir, cando superemos as 49 vacantes existentes
  • NON podemos baremar por escola, só por CENTRO
  • Non podemos garantir a escola de preferencia pero sí temos en conta a vosa escolla e é por iso que de maneira interna vos pedimos que cubrades unha orde de preferencia de aulas para ter en conta no caso de non poder entrar na escola escollida en primeiro lugar.
  • É importante ter en conta que só se pasará a vosa admisión ao 2º centro educativo seleccionado no caso de que non quedase ningunha praza en ningunha das nosas aulas.

 

BAREMO

O prazo para baremar se abriría do 25 de marzo ao 7 de abril. En caso de requerirse deberá presentarse neste prazo a documentación necesaria que acredite as condicións do baremo que correspondan a cada persoa solicitante.
Irmáns: 8 puntos polo primeiro, 2 por cada un a maiores.
Nai/Pai traballador/a no centro: 3 puntos
Proximidade do domicilio: 6 puntos na zona, 3 na zona limítrofe
Proximidade centro de traballo: 4 puntos na zona, 2 na limítrofe
RENDA: menor 0,5 IPREM-3 puntos; entre o 0,5 e o 0,75 do IPREM 2 puntos; mayor ao 0,75 IPREM 1 punto.
Familia numerosa: especial 3 puntos, xeral 2 puntos.
Familia monomarental ou monoparental: 2 puntos
Discapacidade: da menor 4 puntos, da nai, pai ou titor 2 puntos, dunha irma ou irmán 1 punto.
Para información máis detallada podedes consultar a lexislación pertinente clicando aquí.

QUE TEMOS QUE TRAER?

Formulario ED_550B (asinado por ambos proxenitores en caso de que se atopen en situación de separación ou divorcio)
ANEXO II bis(asinado por tódalas persoas que conformen a unidade familiar)
Copia da tarxeta sanitaria da menor
Copia do DNI da pequena ou documento xustificativo da idade (ex: libro de familia)
Copia do DNI da persoa responsable solicitante.
Documento interno cuberto e asinado Descargar aquí

E LOGO…

Formalización da matrícula entre o 20 e o 30 de xuño
Materiais para a escola: Non empregamos libros de texto, se non que nesta escola apostamos polo uso de múltiples materiais de calidade que dignifican o traballo da infancia. Na entrevista inicial a titora vos informará de aquilo que debedes aportar á escola a principio de curso; custo anual que ronda e non supera os 150€ aproximadamente.
 Entrevista inicial coa titora: finais de xuño.

 

 

 

 

 

 

 

 

PRAZO DE ADMISIÓN EN CENTROS ADSCRITOS

Neste curso escolar 20/21 a consellería ven de adiantar o prazo de admisión para centros adscritos, q no noso caso son o CEP Neira Vilas e o CEIP Chano Piñeiro. A continuación vos resumimos os datos a ter en conta para formalizar a reserva de praza no caso de que sexa un destes dous centros a vosa escolla para iniciar a etapa de primaria. En caso de que decidades escoller calquera outro centro deberedes estar atentas ao prazo de admisión que haitualmente é do 1 ao 20 de marzo.
 
RESERVA DE PRAZA :
  • De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso (descargar formulario) ou na aplicación admisionalumnado.
  • Para formalizar a reserva de praza debedes pedir cita previa no teléfono 886110243
  • O horario de oficina será:

luns, mércores e venres de 9:30 a 11:30

martes de 12:00 a 13:00 e de 16:00 a 17:00

xoves de 12:00 a 13:00

Distribuir contido