Skip to Content

BIBLIOTECAS ESCOLARES: CONTACONTOS SAMAÍN CON SABELA.

O 24 de outubro celébrase o día das Bibliotecas Escolares. Nós este ano, quixemos esperar por Sabela para que nos contara o conto " Días pantasmas sen medo". Neste conto vemos como as pantasmas, os morcegos, arañas e demais personaxes lle teñen medo ao Señor do Castelo e por outro lado o Señor do Castelo está pechado no armario porque lle ten moito medo a eles. Ao final do conto aprendemos coma os medos están na nosa imaxinación e que se falamos sobre eles acaban sendo os nosos amigos.

 



page | by Dr. Radut