OS BOLECHAS NA MÁQUINA DO TEMPO

O sábado 10 de outubro ás 18:00 h, os Bolechas actuarán no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia.

Este fin de semana Os bolechas visitan Ribadavia da man do programa Falaredes. Trátase de "Os Bolechas na máquina do tempo" a cal todos os nenos estades invitados. Por suposto a entrada é de balde.
Os Bolechas na máquina do tempo é un espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista no que se simulará unha aventura a través do tempo. Braulio mandará a Carlos e a Pili ao futuro na máquina do doutor Apolodoro, que se estraga e acabará por teletransportar os dous irmáns á Prehistoria... O enxeño e a habilidade do público serán claves para axudarlles aos Bolechas a regresar ao presente.

OS BOLECHAS

A actividade ten continuidade na aplicación web Os Bolechas na máquina do tempo, onde os cativos e cativas poden facer o seu propio diploma de viaxeiro no tempo e acceder a xogos e sorteos. Co aliciente de que os asistentes ao espectáculo coñecen en exclusiva unha palabra clave coa que poderán dobrar o premio do sorteo e acceder a dous lotes de libros dos Bolechas, no canto de un, en caso de resultaren premiados.
Os Bolechas propoñen unha nova actividade que mestura teatro e concurso. O espectáculo comeza co descubrimento dun estraño aparello que resulta ser… unha máquina do tempo! Alguén terá que estreala pero todos teñen medo así que rífano e tócalle a Carlos e a Pili probar a estrambótica máquina. Os dous métense nela e os outros irmáns comezan a premer botóns para mandalos ao futuro: van saír feitos uns mozos! E así é. A máquina do tempo funciona!