infantil
Esta mañá os nen@s de educación infantil recibimos unha grata sorpresa.....a visita da agarimosa cadeliña NUBA!!
Gracias a Asociación Aloumiños e a Cadelar disfrutamos desta actividade na que, ademáis de pasalo xenial con Nuba, aprendemos os coidados que precisa unha mascota.
Moitas gracias!!
O pasado 16 de maio, os alumn@s e mestras de educación infantil disfrutamos dunha xornada diferente: unha viaxe en tren!!
Comprobamos cómo son as instalacións da estación e tamén fixemos un pequeno percorrido dende A Coruña ata Santiago, voltando logo para A Coruña.
Rematamos a xornada cun divertido xantar e xogos no parque de Santa Margarida.
Pasámolo xenial!!
VIAXE EN TREN
Onte, as nenas e nenos de E. Infantil, fomos facer unha viaxe en tren turístico polo novo tramo da autovía da Costa da Morte.
Foi moi divertido!!!!!!!
Na aula de cinco anos traballamos a importancia de coidar o medio ambiente e a natureza que nos rodea.
Nesta ocasión, empregamos material de refugallo para realizar as nosas manualidades de primavera: botellas de plástico, tubos de papel hixiénico, tapóns e cartóns.
Aquí vos deixamos unha mostra do proceso.
Moitas grazas pola vosa colaboración, esperamos que vos gusten!!!
DÍA DA PAZ
Este venres, na aula de cinco anos conmemoramos o Día da Paz.
Comentamos na asamblea de qué se trataba e logo de varias respostas chegaron a unha conclusion: Profeee, a paz é que hoxe non podemos pelearnos!!!
Aprendemos unha frase de Teresa de Calcuta "A paz comeza cun sorriso" e realizamos unhas simpáticas palomas.
Esperamos que vos gusten!!!
O APALPADOR EN ZAS
Na aula de cinco anos coñecemos as tradicións do Nadal en Galicia a través da figura do Apalpador. Aquí vos deixamos algunhas das nosas creacións. Esperamos que vos gusten!!
Bo Nadal!!
ARTE EN INFANTIL
Os alumn@s de 5 anos estamos traballando o mundo do arte a través de Van Gogh. Logo de investigar sobre a súa vida fixemos a nosa propia recreación dalgunhas das súas obras.
Aquí vos deixamos uns exemplo delas. Esperamos que vos gusten!!!

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |