Skip to Content

Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical, Complementarias

O CARBALLO CON BOTAS

 

"Esta é a historia dun carballo que vivía entre a Serra do Faro e o manso Miño. Un carballo que ficaba só, soiño de todo,..." Así comeza o conto que estamos traballando os nen@s de 6º de educación infantil. 

 

Trátase dunha historia que nos gustou moito e a través da cal tomamos conciencia da importacia de coidar o medio ambiente. 

Por iso, decidimos facer a nosa propia plantación de landras dun xeito moi orixinal!!

Aquí deixamos unha pequena mostra de todo o que traballamos!!

 

 

 

Moitas gracias ás familias pola colaboración!!!

COMEZAMOS!!!

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS COMEZAMOS O CURSO TRABALLANDO O FERMOSO CONTO "XAIME E AS LANDRAS".

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA DAS NOSAS ACTIVIDADES....

 

 

 

 

 

 

 

O Apalpador

O APALPADOR EN ZAS 

Na aula de cinco anos coñecemos as tradicións do Nadal en Galicia a través da figura do Apalpador. Aquí vos deixamos algunhas das nosas creacións. Esperamos que vos gusten!!

Bo Nadal!!

LIGAS DE RECREO NA ESO

Estes últimos tres cursos escolares, @s alumn@s de secundaria do CPI de Zas, tiveron participado na rede de Ligas de Recreo ESO organizada polo Departamento de E.Física, con grande éxito de participación.

A continuación expoñemos un resumo de todas elas:

       * LIGAS DE RECREO CURSO 2012/2013

       * LIGAS DE RECREO CURSO 2013/2014

       * LIGAS DE RECREO CURSO 2014/2015

 

Auditorio de Galicia.

O vindeiro mércores 17 de xuño, os nenos e nenas do terceiro ciclo de E.P, farán unha saída escolar ó Auditorio de Santiago de Compostela para asistir a un Concerto Didáctico.

 

               

Aquapark de Cerceda

Este mércores día 17 de xuño, os nenos e nenas do segundo ciclo de E.P farán unha excursión ó Aquapark de Cerceda.

 

      

CORRELINGUA 2015

O pasado 14 de maio 84 alumnos da ESO acudiron á Coruña, a unha edición máis da marcha pola nosa lingua, o Correlingua.

Comezo:11h
Hora de remate prevista: 13h aprox
Itinerario:  Avda. Bos Aires, Avda. Barrié de la Maza, Pza. Mº Auxiliadora, Rúa Hospital, Campo da leña, Rúa S. Xoán, Rúa Beiramar, Avda. de Navarra, Torre de Hércules.

Actuacións: Presentación Xurxo Souto
                  Lectura Manifesto CPI Vicente Otero
                  Actuación grupo Bocinazo
                  Concurso de animación da carreira

 

 

LIGAS DE RECREO NA ESO - 3ªAv: Balonmán e Voleibol 5x5

O martes 5 de maio deu comezo a LIGA ESO DE BALONMÁN para 1º, 2º e 3º

Rexirase polo Regulamento oficial. Aquí tedes un resumo das REGRAS BÁSICAS DE BALONMÁN

O xoves 7, comeza a LIGA DE VOLEIBOL para 4º. Podes acceder dende aquí a un RESUMO DO REGULAMENTO 

Preme na imaxe correspondente para acceder ao CALENDARIO e/ou ás NORMAS DA COMPETICIÓN

                       Resultado de imagen de balonmano DIBUJOS                Resultado de imagen de balón voleibol imagen 

 

 

Romeo e Xulieta.

Os alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria asistiron o pasado venres día 24 de Abril ó Auditorio de Santiago de Compostela para disfrutar do Concerto Didáctico "Romeo e Xulieta".

 

Saída escolar. Dolmen de Dombate.

O xoves día 23 de Abril, os nenos e nenas de E.Infantil e os tres ciclos de E.Primaria fomos visitar o Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate.

Distribuir contido


by Dr. Radut