Skip to Content

MENÚ DECEMBRO 2015

Menú decembro

AS NOSAS OBRAS DE ARTE

 

ARTE EN INFANTIL

Os alumn@s de 5 anos estamos traballando o mundo do arte a través de Van Gogh. Logo de investigar sobre a súa vida fixemos a nosa propia recreación dalgunhas das súas obras. 

Aquí vos deixamos uns exemplo delas. Esperamos que vos gusten!!!

CONTACONTOS DE MEDO

Durante o Samaín os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria disfrutaron duns fantásticos contacontos de medo: os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria! Léronnos dous magníficos relatos: "Corre, corre cabaciña" e "Os bolechas van á festa dos Calacús". E isto acompañado de títeres!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PEQUENOS ARTISTAS

PEQUENOS ARTISTAS

O alumnado e 4 anos traballamos o Outono con "Arcimboldo", pintor italiano coñecido pola súa obra "Las cuatro estaciones". Caracterízase por facer representacións do rostro humano con flores, obxectos, animais e froitos característicos de cada estación.

Aquí vos deixamos os nosos cadros. Esperamos que vos gusten!!!!!!

RELATOS DE MEDO

Comezamos as actividades da biblioteca para este curso celebrando o Samaín. 

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria participaron no concurso de relatos de medo. Escribiron contos terroríficos e só algúns pasaron á fase final. Os nenos e nenas de 3º e 4º escolleron os gañadores, aínda que todos os finalistas leron as súas "macabras" creacións.

Velaquí os gañadores/as!!

 

 

MENÚ NOVEMBRO 2015

CHEGOU O OUTONO

02/11/2015 21:16
Europe/Madrid

CHEGOU O OUTONO

Coa chegada do outono, o alumnado de E. infantil, fixemos

unha saída ás Torres do Allo, para recoller follas, castañas,

ourizos, landras e ver algún que outro cogumelo....

               

... decoramos o cole e celebramos o Samaín e o Magosto   

                                                      

                                                                                        

MENÚ OUTUBRO 2015

MENÚ SETEMBRO 2015

Inicio curso 2015/2016

E. INFANTIL - PRIMARIA

O xoves 10 de setembro, haberá unha xornada especial, desde as 9:20 ata as 11:20 horas, para inaugurar o curso.

De 10:00 a 10:15 realizarase una reunión ou presentación dos/as titores/as cos/as nais e pais.

Haberá servizo de transporte escolar tanto para a entrada como para a saída.

Non haberá servizo de comedor escolar.

A partir do venres 11  de setembro comezará a xornada normal, de 9:20 a 12:50 e de 14:25 a 15:55.

ESO

O martes 15 de setembro comezan as clases ás 9:20 con xornada normal.

Toda a información:

Distribuir contido


by Dr. Radut