Skip to Content

UNHA VISITA MOI ESPECIAL....

 

Esta mañá os nen@s de educación infantil recibimos unha grata sorpresa.....a visita da agarimosa cadeliña NUBA!!

 

Gracias a Asociación Aloumiños e a Cadelar disfrutamos desta actividade na que, ademáis de pasalo xenial con Nuba,  aprendemos os coidados que precisa unha mascota.

 

Moitas gracias!!

Boa viaxe TIM!!

Despois de todo un ano xuntos compartindo e botando risas marcha o noso compañeiro  Tim.

E aínda que " Marchas porque tes que marchar"  Desexámosche unha moi boa viaxe e moita sorte na túa nova aventura ainda quequeremos pedirche que  sempre nos recordes ainda que sexa un pouquiño

MOITA SORTE E BOA VIAXE!! 

MENÚ XUÑO 2017

VIAXE EN TREN

O pasado 16 de maio, os alumn@s e mestras de educación infantil disfrutamos dunha xornada diferente: unha viaxe en tren!!

Comprobamos cómo son as instalacións da estación e tamén fixemos un pequeno percorrido dende A Coruña ata Santiago, voltando logo para A Coruña.

 

 

Rematamos a xornada cun divertido xantar e xogos no parque de Santa Margarida. 

 

Pasámolo xenial!!

 

MENU MAIO 2017

FEIRA DO LIBRO EN ZAS

01/05/2017 09:59
Europe/Madrid

DENDE PRIMARIA E INFANTIL CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO COA ACTIVIDADE DE "RECREALIBROS" NELA TANTO OS/AS NENOS/AS COMO PAIS E PROFESORADO PUIDERON DESFRUTAR DA LECTURA LIBRE, ESCOITAR CONTOS, ELABORAR MARCA PÁXINAS, INTERCAMBIAR CONTOS, E XOGAR A CAZA DO TESOURO. PASÁMOLO EN GRANDE!!!!

 

 

         

DÍA DO LIBRO CON YOLANDA CASTAÑO

01/05/2017 09:31
Europe/Madrid

 

PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO, O PASADO MÉRCORES, 26 DE ABRIL DE 2017, OS/AS ALUMNOS/AS DE 2º E 3º ESO DO C.P.I. DE ZAS CONTAMOS CA PRESENZA DA RECOÑECIDA POETISA GALEGA YOLANDA CASTAÑO, GRAZAS Á CAL COÑECEMOS, DE PRIMEIRA MAN, OUTRA MANEIRA DE VER A POESÍA E BOTAMOS A VOAR A NOSA IMAXINACIÓN PARA CREAR ENTRE TODOS/AS ESTE FERMOSO POEMA QUE ESPERAMOS VOS GUSTE:

Ó sol non lle deixan saír pola noite

O sol é unha luz que nos desperta

O sol é a bombilla do mundo

O sol é o deus das estrelas.

 

O sol é un forno redondo

O sol é a nai que nos dá calor

É a estrela que ilumina o noso camiño

Ferida desangrándose que morre por nós.

 

O sol é un vello sabio

Un reloxo desgastándose en forma de esperanza

O sol é o balón que da vida

O sol é un verso que nunca se acaba.

 

                                 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OS NOSOS VIAXEIROS DE 4º ESO

Os nosos rapaces e rapazas de 4º da ESO están estes días de excursión de fin de curso polas terras de Mallorca e de seguro que o estarán pasando de maravilla pena que pronto se lles acaben os días para desfrutar do relax e do sol

Aquí nos mandan unhas fotiños para que vexades o ben que o están pasando e as cousas tan bonitas que están a ver

Desfrutade moitok e boa vizxe de volta chic@s!!!

    

MENÚ ABRIL 2017

MENU MARZO 2017

Distribuir contido


by Dr. Radut