Skip to Content

BENVIDOS Ó CURSO 2017/2018!!

 O profesorado, o equipo directivo e o persoal non docente desexa a todos os nosos alumnos un bo comezo de curso. A nosa máis calorosa benvida ás familias que se incorporan ao CPI de Zas neste novo curso.

E. INFANTIL - PRIMARIA

O luns 11 de setembro, haberá unha xornada especial de portas abertas, desde as 10:00 ata as 11:30 horas, para inaugurar o curso ( haberá transporte para este horario)

Xuntarémonos, coma sempre no patio cuberto e, posteriormente, os alumnos e os pais que veñan subirán ás aulas cos titores, onde serán informados do inicio de curso.

A partir do martes 12 de setembro teremos o horario habitual do curso 09:20- 15:55 horas con comedor e transporte habitual.

ESO

O venres 15 de setembro comezan as clases co horario habitual 09:20- 15:55 horas con comedor.

 

                                     



book | by Dr. Radut