Skip to Content

Historia do centro

O actual colexio de Zas creouse en 1973. Constaba de tres edificios centrais: un de planta baixa, para a parte administrativa e separado do núcleo docente, composto por dous edificios conectados e de dúas plantas de altura. Separados deles había un pequeno ximnasio.
 

Cara 1998/99 acometeuse unha reforma para acondicionalo ás esixencias da LOXSE e a transformación do centro nun C.P.I., incorporando ata 4º de ESO. A reforma consistiu na construción dunha nova ala, anexa aos edificios vellos, para aumentar o número de aulas e de espazos auxiliares.
 

Un pavillón polideportivo do concello sen calefacción, próximo ao centro, unhas pistas de cemento, en parte cubertas cun teito pero sen paredes laterais, e outras de terra, constitúen a dotación deportiva e de recreo para os alumnos, que durante moitos días de inverno teñen que usar.



page | by Dr. Radut