Skip to Content

SAÍDA ESCOLAR Á CORUÑA

24/02/2016 19:43
Europe/Madrid

O alumnado de quinto e sexto de educación primaria gozamos da visita ao acuario e á DOMUS. 

Con esta saída escolar aprendemos algo máis  dos ecosistemas acuáticos e as súas especies. Descubrindo curiosidades, anécdotas e historias como a lenda do peixe de San Pedro ou a chegada ao acuario da quenlla Gastón.

No laboratorio da DOMUS puidemos coñecer máis de preto como é o corazón e o seu funcionamento, contando cunha nova experiencia de aprendizaxe. 

AdxuntoTamaño
IMG-20160221-WA0014.jpg40.37 KB
collage.jpg51.49 KB
collage5.jpg38.58 KB
collage 3.jpg43.27 KB


story | by Dr. Radut