Skip to Content

Prácticas de laboratorio: Extración de ADN

Esta práctica levárnonna a cabo os alumnos de bioloxía de 4º de ESO.

Utilizouse como materia prima para a extracción semente de chícharos; pero pódese facer mesmamente con cebola, carne de polo; etc.

Os materiais  imprescindibles son: lavavaixelas líquido, zumo de piña natural, auga destilada e alcohol; e tamén  os materiais de cristal típicos de calquera práctica de este tipo.

O proceso e o seguinte: Se machacan os chícharos e se  mesturan coa auga destilada e a continuación se engade o xabón líquido. Con esto conseguimos romper as membrans celulares.

O paso seguinte e o de separar o ADN das proteínas e así conseguir o seu aillamento total. Para iso úsase o zume de piña natural que contén papaína; un composto que ataca as proteínas do ADN. Unha vez aillado, e necesario separalo da mestura. Botamos a mestura nun tubo de ensaio e a continuación botamos alcohol moi frio, deixandoo esbarar polas paredes do recipiente de tal xeito que o alcohol permeneza na parte superior. O cabo duns segundos o ADN sube atraído polo alcohol e aparece en forma de fiamentos viscosos.

ADN 


page | by Dr. Radut