Abril 2020

Ola familias, conscientes da situación dos nenos/as de infantil neste momento queremos ofrecervos un novo material para poder seguir estimulando aos vosos fillos/as a través de xogos e dinámicas que impliquen a unidade familiar. Deste xeito, a continuación , tedes enlaces  a dous documentos con actividades para fomentar un desenvolvemento axeitado da linguaxe nestas etapas e xogos lúdicos cos que mellorar as habilidades sociais tan necesarias no desenvolvemento persoal, social e afectivo dos nenos/as. 

Para acceder a eles soamente tedes que facer click nas seguintes imaxes

 

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTIL

 

XOGOS PARA TRABALLAR AS HABILIDADES SOCIAIS NO FOGAR

Un saúdo, gracias e ánimo a tod@s

 

Dada a situación de excepcionalidade que estamos a vivir, o equipo de Educación Infantil propón a realización dunha serie de actividades lúdicas que se poden adaptar ós 3 cursos desta primeira etapa educativa. Son totalmente voluntarias e non se deben impoñer, senón máis ben estimular e motivar creando situacións de ensino-aprendizaxe e divertimento. 

Subiremos periódicamente tarefas e xogos que se poden realizar cos nenos para reforzar os contidos aprendidos no colexio.

Esperamos que esta situación remita canto antes e podamos volver a normalidade. Calquer dúbida ou pregunta estamos a vosa disposición no telfn ou mail do colexio.

MOITO ÁNIMO!!

 

https://www.youtube.com/watch?v=DBjka_zQBdQ

 

  

https://www.youtube.com/watch?v=-enO-LBWCbk

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.