Skip to Content

Localización, Datos e Planos, Organigrama, Consello escolar, Profesorado, Secretaría, Comedor

AVISO SOBRE OS ALIMENTOS DO COMEDOR ESCOLAR

 

Infórmase de que o Comedor Escolar co CPI Virxe da Saleta, comedor de xestión directa, non pode servir nin almacenar alimentos que non sexan adquiridos baixo a supervisión do encargado de comedor e o persoal de cociña, según o Decreto 132/2013 do 1 de agosto, polo que se regulan os Comedores Escolares dos Centros Públicos non universitarios dependentes da Consellería con competencias en Educación (DOG 13/08/2013), concretamente nos artigos 1.2 e 17.2.

 

Polo tanto se comunica aos pais/nais/titores legais que non poderán traer alimentos ao Comedor para que sexan servidos aos seus fillos co xantar.

 

No caso dos almorzos, que non son xestionados polo Comedor Escolar senon pola ANPA, os alumnos poden traer cada día o seu propio almorzo e utilizar tanto o menaxe como o microondas, pero non poderán deixar alimentos no Comedor dun día para outro. 

 

Lémbrase que, tal e como está recollido na normativa do Comedor Escolar e nas NOF do centro, os alumnos que presenten alguna alerxia ou intolerancia a algún alimento, deberán presentar un certificado médico facendo constar aqueles alimentos aos que o alumno/a presenta intolerancia. Nese caso se modificará o menú para ese alumno, sustituíndo os alimentos non tolerados por outros, sempre baixo a supervisión do encargado de comedor.

 

MENÚ DE SETEMBRO

 

MENÚ DE COMEDOR DO MES DE OUTUBRO

Benvidos de novo o cole!!

Este mes o menú é o seguinte:

 

 

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS FONDO DE LIBROS ESO

LISTADO DEFINITIVO DE FONDO DE LIBROS 2017-2018

Listado definitido do fondo de libros. Podedes consultalo e descargalo  neste enlace.

Lista_definitiva_fondo_primaria

Bo verán

OS XERANIOS DO SEÑOR ALFONSO SELECCIONDO NO FOUR RIVER FESTIVAL EN CROACIA

Os Xeranios do Señor Alfonso segue a darnos alegrías! Despois dos premios en Valencia, un dos festivais mais importantes da península, chéganos a supernoticia de que estamos seleccionados no festival internacional de xóvenes cineastas Four River Festival en Croacia. Soamente 36 curtas seleccionadas entre mais de 1000 inscritos e, ademais, a nosa curtametraxe é a única representación española e galega. En Croacia van aprender o galego!

http://www.hfs.hr/hfs/festivali_791/Default_e.aspx#.WWSpoWjYVdh

LISTADO PROVISIONAL DE USUARIOS DE COMEDOR DO CURSO 2017-2018

LISTADO PROVISIONAL DE COMEDOR PARA O CURSO 2017-2018 

 

LISTADO PROVISIONAL DE FONDO DE LIBROS 2017-2018

Listado provisional de fondo de libros para o vindeiro curso. NON hai alumnos excluídos.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2017-2018

Estas son as listas dos libros de texto para o curso 2017/2018.

Podedes descargarlas nas correspondentes ligazóns.

Libros Infantil

Libros Primaria

Libros Secundaria

 

MENÚ DO MES DE XUÑO

 
Distribuir contido


by Dr. Radut