Skip to Content

Localización, Datos e Planos, Organigrama, Consello escolar, Profesorado, Secretaría, Comedor

INFORMACIÓN RESPECTO AOS RECREOS

10/11/2012 11:16
Etc/GMT+1

A todos os pais/nais e alumnos/as do noso centro.

Como ben sabedes este curso se engadiu o reparto de bocadillos á froita que xa se daba nos recreos.

Agora ben no seguimento deste reparto detectamos que o alumnado non comía froita polo que optamos por repartir uns días bocadillos con froita e outros días froita con galletas. Deste xeito conseguiremos que os alumnos teñan unha dieta saudable.

O CPI Virxe da Saleta multiplica a súa oferta educativa

Durante o vindeiro curso 2012- 2013, o CPI Virxe da Saleta aumenta a súa oferta formativa incorporando un novo Programa de Cualificación Profesional Inicial na Modalidade C. Terá un horario de luns a martes e prácticas de mércores a venres. Está destinado a alumnado entre 15 e 21 anos, sen o título de ESO ou doutro PCPI. Podes apuntarte en: Albanelaría, Arranxos Florais, Cociña, Comercio, Estética, Fontanería e Calefacción, Informática, Mantemento de Vehículos, Montaxe de Redes Eléctricas, Pastelaría, Peiteado, Repografía, Revestimentos de Obra, Servizos administrativos, Servizos de Restauración ou Hostelería.
Infórmate antes do día 12 de setembro no teléfono 988282169

Calendario Escolar 2012-2013

Setembro: 3, 4, 5, 6  Probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2011/2012. 12  Comezo das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria. 17  Comezo das clases na ESO, Bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial. 24 Día non lectivo. Festividade Local en Cea, Virxe da Saleta.

Outubro: 12 Día non lectivo. Día da Hispanidade

Novembro: 1 Día non lectivo. Todos os Santos. 2 Día non lectivo. Día do Ensino

Decembro: 6 Día non lectivo. Día da Constitución. 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31 Vacacións de Nadal

Xaneiro: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7  Vacacións de Nadal

Febreiro: 11, 12, 13   Vacacións de Entroido

Marzo: 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31 Vacacións de Semana Santa

Abril: 1   Vacacións de Semana Santa

Maio: 1 Día non lectivo. Festa do traballo. 17 Día non lectivo. Día das Letras Galegas

Xuño: 21 Remate das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.

Libros de texto 2012-2013

Información sobre os libros de texto

Esta é a información enviada ás familias sobre a documentación e requisitos necesarios para solicitar axudas para libros. Aquí tendes o anexo que hai que cubrir.

Menú Escolar de Xuño

A partires de agora queremos compartir tamén con todos vós a información do comedor do centro. No menú da esquerda podedes consultar directamente a sección de comedor e mantervos informados sobre os menús mensuais e útiles consellos sobre alimentación infantil. Agardamos sexa da vosa utilidade. Lembrade que os documentos publicados en issuu pódense ler na pantalla e tamén imprimir.

Menú escolar xuño 2012

Aquí tedes o menú escolar do mes de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut