Skip to Content

Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Idioma extranxeiro

Unha cuestión de educación

“Unha cuestión de educación” é o traballo dos alumnos de ética de 4º de ES0 durante o curso pasado. Tratase duha curta feita pola técnica do stop-motion, un proceso artesanal que consiste en dar vida a bonecos inanimados. O resultado final é espectacular, digno de moitos profesionais. Gracias a iso, tivemos unha mención no festival de Ourense, aínda que a maior satisfacción foi a de levar a cabo un traballo de tanta calidade e que os compañeiros de todas as idades do centro o admirasen.

Máis deporte escolar

O pasado 22 de maio, celebrouse no “Paco Chao” do Carballiño unha nova etapa do Xogade – Deporte Escolar neste curso académico. Tratábase de “Xogando co Atletismo”, onde seis centros da comarca do Arenteiro nos dimos cita de novo. Probas de velocidade individuais e por equipos, lanzamentos e probas de habilidade e multisaltos, conformaron o calendario do día.

Como o máis importante era participar e pasalo ben, obxectivo conseguido!!!

Verde e con historia

Coa chegada da primavera, o equipo de actividades extraescolares decidiu facer unha exposición de fotos de árbores e flores propias desta época do ano aportadas polos alumnos. A participación foi moi alta, e os resultados, nalgúns casos, espectaculares. As fotografías están expostas no edificio de primaria, ata o final do curso.

A Historia de Brancaflor

É teatro, é un conto, é maxia... é a ilusión de escoitar unha historia máxica. A historia de Brancaflor. Ou era a historia de Xan? Ou quizais a historia de Xan e Brancaflor. Ben, o que conta é o ben que o pasamos con Fran Rei e os seus trucos sorprendentes. Foi unha tarde espectacular dentro da semana grande das Letras Galegas.

Panadeiriños

Panadeiros somos. Amasamos, botamos a fariña, enfornamos e sobre todo, o que máis nos gusta, gozamos do seu recendo recén saidiño do forno, e ao chegar a casa comémolo. Gracias ao Marcos, o pai de María de 6º de Infantil, e a toda a súa familia por ensinarnos cousas tan interesantes. Alucinamos no Forno da Burata. É de 1853, así que ten 160 anos. E aínda conserva a chave orixinal!.

SOPRO A SOPRO

 

 

Ola nenos e nenas!!

Queredes mellorar a vosa fala? Aquí tedes unhas actividades para practicar na vosa casa e que incluso podedes elaborar vós mesmos con materiais reciclados.

Tarta de plastilina con candeas de cumpreanos.

Non a comas!!

Tenta meter o tapón dentro da portería soprando pola palliña.

Podes construír a portería cunha rede como as das bolsas das laranxas pegada a un marco de cartón e soprar algodóns, tapóns de pástico ou pelotas de ping-pong.

 

Labirinto do sopro

Pídelle a un adulto que compre táboas de marquetería e tente reproducir o modelo. Unha vez feito, podes percorrer o labirinto soprando un pompón con axuda dunha palliña ou non.


De oco a oco

Tenta mover soprando a pelota á imaxe que máis che guste e despois pronuncia a palabra correctamente. Pódese facer con sílabas trabadas, palabras con "r" ... Para elaboralo tes que coller a base dunha caixa de bombóns ou de galletas e por en cada oco a imaxe elexida para traballar as palabras con sílabas trabadas ou "r".

 


Excursión A Coruña: Museos Científicos e Casa dos Peixes

Ola rapaces e rapazas!!

  O venres 3 de maio, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria fomos de excursión a A Coruña. Madrugamos moito para chegar a primeira hora á Casa dos Peixes. Alí coñecemos a Gastón, o rei do acuario!! Vaia tiburón!!

   Comemos ao pé da Torre de Hércules. Como nos prestaron os xeados!!. Despois fomos a Domus. Fixemos unha chea de experimentos!! Relaxámonos vendo as estrelas no Planetario, nunha noite de vampiros...brrrurrr!! Fedellando, fedellando recorrimos toda a Casa das Ciencias, ata vimos nacer un pitiño!!


Rapeando a táboa do 6

Quen dixo que aprender as táboas era aburrido? Aquí tedes o noso rap da táboa do 6. Podedes cantalo na casa, descargalo e levalo no móbil ou no mp3. Incluso ir no coche aprendéndoa.

Grandoleando

Hoxe estivemos grandoleando cos nosos amigos Joao Afonso e Uxía no Auditorio de Ourense. Coñecedes a bonita historia desta canción? E o seu significado para a historia de Portugal?

A árbore dos libros

Temos unha boa nova que vos dar, unha árbore agromou no noso corredor. É unha especie singular, case única. Trátase dun raro exemplar de quercus literarus. Por flores ten as portadas dos nosos libros favoritos e as súas follas animan á lectura con frases famosas.

Distribuir contido


by Dr. Radut