Skip to Content

Complementarias

DÍA DA PAZ ESCOLAR E NON VIOLENCIA

O alumnado de 3º de Primaria realizou un mural na porta da aula para reflectir as súas mensaxes na celebración do Día Escolar da Paz e Non Violencia. Rematando cunha frase que dí o seguinte:

"No mar da vida deixei unha mensaxe para ti.."

XOGADE: "CAMPO A TRAVÉS". PUZO DO LAGO_2

O xoves, 18 de xaneiro, tivo lugar a segunda carreira de campo a través do programa XOGADE, acudimos a Puzo do Lago (Maside), esta vez con sol...Pasamos unha mañá moi divertida!! E ata trouxemos unha medalla!

Velaquí a galería de imaxes desta xornada:

https://photos.app.goo.gl/ylKGHUY99TBg7PQv1 (preme neste enderezo)

AGRADECEMENTO AO COLE "LOPE DE VEGA" (Talavera de la Reina)

Os nenos e nenas do Cole de Cea queremos agradecer ao alumnado do CEIP Lope de Vega (Talavera de la Reina) as mostras de agarimo, en forma de debuxos, cartas, murais, sementes... con motivo da catástrofe medioambiental provocada polos lumes acontecidos na fin de semana do 14 e o 15 de outubro.

Velaquí unhas fotografías do que nos enviaron

MARCHA SOLIDARIA CONTRA O LUME

Hoxe, 25 de outubro, ás 15:30 horas a comunidade educativa do Cole de Cea faremos unha marcha solidaria dende o Cole a Cea (Campo da Saleta), en protesta a queima dos montes e os lumes sufridos nos concellos de San Cristovo e Piñor.

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

HOXE CELABRAMOS NO COLE O "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"!

Contamos cun convidado moi especial, Nilson Leite, que nos vai a contar uns contiños relacionados coa natureza.

VISITAMOS VIGO

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria fomos de excursión a Vigo. A nosa primeira parada foi o Aeroporto de Vigo. Alí un guía levounos a coñecer o interior do Aeroporto: sacamos a tarxeta de embarque, pasamos os controis policiais e dirixímonos a nosa porta de embarque...mágoa que non tiveramos un voo!!Despois coñecimos os bombeiros, que pasada o camión e os canóns de auga!!  Veu un falconeiro a ensinarno unha aguia e nese intre...despegaba un avión!!

Marchamos cara a cidade, a Naturnova. Alí estivemos nun simulador de submarino e indagamos sobre a natureza.Xantamos no Parque de Castrelos, que parque mais chulo!!

Pola tarde fomos en ferri ata Cangas, case nos voas as gorras!! Merendamos nun parque fantástico e voltamos moi ledos cara Cea.

https://goo.gl/photos/iZjQFxtodhLWgoHn8

XOGADE: "XOGANDO AO ATLETISMO"

O xoves, 25 de maio, tivo lugar unha nova edición de XOGADE, esta vez "Xogando ao Atletismo". O Cole de Cea foi o anfitrión na organización deste evento.

Pasamos unha mañá moi divertida e calurosa, onde acadamas bos e non tan bos resultado, pero o mellor foi compartir o noso tempo practicando deporte e facendo amigos/as!!

https://goo.gl/photos/5bKJrJr7k2yzqvtq9

PRAIA DAS CATEDRAIS, RIBADEO E LUGO

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria fixemos unha saída para coñecer a Praia das Catedrais. Disfrutamos moito entre as rochas e as charcas formadas ao baixar a marea, magoa que non acompañara o tempo!! 

Xantamos en Ribadeo, vai forma de chover durante a sobremesa!!

Pola tarde percorrimos a Muralla de Lugo, visitamos a Catedral e Casa dos Mosaicos...que interesante!!

Velaquí algunhas fotos que resumen este día 

https://goo.gl/photos/VWUoApCqAyd7fbdj6

 

 

VISITA A VILABOA

O alumnado de 2º ESO de Vilaboa xa visitara Cea mais, desta volta, foron os nosos rapaces os que visitaron a súa zona. Coñeceron o funcionamento dunha industria conserveira, visitaron unhas antigas salinas e coñeceron a historia da illa de San Simón. 

Ata a próxima CPI do Toural!

 

REGUEIFAS E BUSCA DO TESOURO EN COMPOSTELA

O club de lectura visitou Santiago para participar da Regueifesta, pola mañá, e para pescudar pistas no Museo do Pobo Galego, pola tarde.

Salvo por todo o que choveu, tivemos un día xenial!

https://goo.gl/photos/zdqVF4DBkBYuuR666

Distribuir contido


by Dr. Radut