APRENDENDO
PARA UN
MUNDO MELLOR
Dende a AULA de PT de Educación Infantil e Primaria, do CPI Virxe da Saleta, en coordinación con todo o profesorado do centro, propoñen unha tarefa voluntaria para o alumnado, en colaboración coas familias. A mesma, será para realizar dende o día de hoxe ata o 30 de marzo de 2020:
Como xa sabedes, esta situación que estamos a vivir é novedosa para todos nós, polo que propoño unha tarefa artística para levar ben estes días na casa.
Imos debuxar un paraugas coas cores do arco da vella. O traballo realizarase en calquer soporte: obxectos de casa, folio, cartulina, cartón e do tamaño que queirades. Ponlle como título: #NuncaChoveuQueNonEscampara #ColedeCea.
Por último fai unha fotografía do traballo e envíaa ao correo electrónico que indicamos na mensaxe do ABALAR. Publicaremos os debuxos para que o alumnado poida compartir o seu traballo, cheo de alegría e optimismo, co resto dos compañeiros.
Grazas a tod@s pola vosa colaboración.
Un saúdo.