Skip to Content

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE XADREZ POR EQUIPOS

O domingo día 8 de Maio tivo lugar o Campionato Provincial Escolar por Equipos, na categoría Alevín (alumnado dos cursos de 5º e 6º de primaria), foron 6 os equipos participantes (Virxe da Saleta; BenChoShey, Xadrez Ourense, San Pío X; Escola Ourense e San Cibrao) compostos por un total de 38 xadrecistas. O noso equipo estaba representado polo alumnado (Uxía Álvarez Pérez de 6º de primaria, Nerea Ledo Janeiro de 6º de primaria, Lucía Diéguez Vázquez de 5º de primaria, e completouse o equipo, con Luango Alonso Leite e Jacobo Álvarez Feijóo, ambos de 2º de primaria) e era a súa primeira participación neste tipo de torneos. Todos eles disfrutaron dunha tarde de xadrez enfrentándose con outros nenos e nenas da nosa provincia, con moita experiencia neste tipo de competicións e outras de carácter nacional, pero todo o noso alumnado desenvolveu unha gran actuación, sumando todos eles algún punto, quedando nun quinto posto, (con 8.5 puntos) e a só 5 puntos do segundo clasificado.

É de resaltar a nobreza das nosas xogadoras, que a parte de competir e xogar ben ao xadrez, axudaban aos rivais que tiñan enfrente, cando se lle esquecía pulsar o reloxio. Grazas a todos os pais e nais, que fixeron que os seus fillos e fillas, puideran participar neste torneo e ter unha experiencia positiva máis nas súas vidas.

 



blog | by Dr. Radut