Skip to Content

blogue deMar

MENÚ DO MES DE OUTUBRO

Aquí está o menú do mes de Outubro

Bo proveito!!

 

 

MENÚ DE SETEMBRO DE 2015

 

LIBROS DE TEXTO DE ESO PARA O CURSO 2015/2016

A listaxe de libros de texto de ESO para o curso 2015/2016 poden descargarse nun arquivo adxunto.

Libros de texto E.S.O. 2015-2016

 

 

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO DE INFANTIL E PRIMARIA PARA O CURSO 2015/2016

A listaxe de libros de Educación Infantil e Primaria pódese consultar no taboleiro de anuncios do Cole e/ou descargar directamente aquí: Libros de Texto de Infantil e Primaria 2015-2016

 

AXUDAS PARA O COMEDOR ESCOLAR

O 1 de xuño de 2015 a Secretaría Xeral Técnica desta consellería ditou a instrución 1/2015 que establece as liñas xerais de organización e funcionamento, para o curso escolar 2015/2016, dos comedores escolares de xestión directa dos centros docentes públicos que impartan os niveis de ensino obrigatorio e de oferta obrigada.

Os alumnos que fagan uso do servizo de comedor do Centro deberán cubrir un impreso Anexo II (ver arquivos adxuntos) para determinar, en función da renda neta per cápita da unidade familiar, se teñen que pagar ou non por dito servizo.

O prazo para presentar no Centro o Anexo II debidamente cumprimentado remata o día 26 de xuño de 2015.

AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO (CURSO ESCOLAR 2015/2016)

Segundo a Orde do 22 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño), convócanse axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º,2º,4º e 6º de Educación Primaria, 1º e 3º de ESO ou Educación Especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.
Deberán presentar a solicitude cubrindo o Anexo I que poderá recoller no propio Centro ou directamente do DOG do 22 de maio de 2015 (páxinas 21308 á 21310) ou na da Consellería http://www.edu.xunta.es/web/axudaslibros.

Tamén nesta mesma páxina en arquivos adxuntos.

EXCURSIÓN DE 3º E 4º DE PRIMARIA A O GROVE

Os alumnos e as alumnas de 3º e 4º de Primaria fomos o pasado venres de excursión a O Grove. Visitamo o Acuario Galicia, onde vimos moitos animais mariños de agua doce e salgada. A continuación coñecemos o arte da salgadura e das conservas no Museo da Salazón. Xantamos na illa de A Toxa,onde xogamos e visitamos unha curiosa igrexa recuberta con cuncha de vieiras. Finalmente, fomos en catamarán pola Ría de Arousa...vimos unha batea de cerca e como cultivan ostras, mexilóns e vieras. Degustamos mexilóns cociñados ao vapor e bailamos na cuberta do catamarán. Vaia troula!

XOGADE: Xogando ao Atletismo

O pasado mércores, 20 de maio, houbo unha nova edición de Deporte Escolar (XOGADE), está vez tocoulle ao Atletismo. Parabéns para os nosos alumnos e alumnas polos premios acadados.

 

XOGADE: MINIBALONMÁN

Fixéronse esperar... por fin, xa está aquí a galeria de imaxes da actividade de "Mini-Balonmán" dentro do programa XOGADE de Deporte Escolar.

 

SERÁN NO COLE DE CEA

O próximo venres, 29 de maio, a partir das 19:00 horas, toda a Comunidade Educativa e aquelas persoas que desexen acercarse ao cole poderán participar no Serán.

Haberá moita música, empanadas, refrescos..

Distribuir contido


by Dr. Radut