Skip to Content

Indios de Monfero

Espazo do alumnado da aula de Educación Infantil de 4º curso.

OS INDIOS DE MONFERO AMPLIANDO COÑECEMENTOS

 
 
Benqueridas familias! Aquí estamos de novo para mostrar as nosas andainas semanais que sempre comezan con algunhas responsabilidades coma colgar o abrigo, escoller a cadeira e número para ela, colocar o nome, e entregar as axendas á profe!! Pero despois temos tempo para xogar un pouco e contar as nosas aventuras do fin de semana!!
 
 
Despois dun rato de xogo, comezamos coa Asemblea!!
 
 
Os luns, temos atención educativa despois do recreo,
por iso a profe nos deixa xogar antes de ir ao comedor!!
 
 
 
Xefe Indio Bruno!!
 
 
Rexistrando os encargados...
 
 
E un pouco de traballo acerca do proxecto!!
 
 
Antes de marchar para casa sempre contamos un conto, pero ás veces tamén inventamos algún xogo có material que temos na aula!
 
 
Xefa India Ana!!
 
 
Bibliotecando!!
 
 
Unha vez ao mes, debuxamos o noso corpo!!
Pouco a pouco somos representemos máis detalles!!
 
 
E un pouco máis de proxecto!!!
 
 
O poder do propio espazo!!!
 
 
Xogos de lóxica individuais para comprobar a evolución!!!
 
 
Momentos de risas!!! E máis risas!!!
 
 
 
A bolsa máxica...nesta ocasión...adiviñamos animais!!!
 
 
Xefa India Carla!!
 
 
Críticos de Arte!! Observando e analizando!!!
 
 
Un río cheo de peixes que logo servirá para saltar!!
 
 
Recunchos novos para practicar o nome dos demáis!!!
 
 
Encántalle crear historias e xogar coas marionetas!!!
Así prefire Bruno comezar o día!!
 
 
Cun pouco de música e un par de bailes, comezamos máis relaxados e animados!!
Esta semana tocou Uxía Lambona e a Banda Molona!!!
 
 
E moitos momentos de xogo e aprendizaxe!!
 
 
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!
Ata a próxima semana!!
Bicos a moreas
 
"A los niños se les debe enseñar a penar, no qué pensar"
Margaret Mead
 

DOUS DÍAS FANTÁSTICOS

 
Moi boas de novo familias!!!
Aquí estamos os Indios de Monfero para confesar as nosas trasnadas
desta semana pequeniña, pero chea de moitas emocións!!
Comezamos con Bruno que nos trouxo cousiñas para donar cando vaiamos de visita á protectora de animais, GatoCan!!
 
 
 
Bibliotecando...
 
 
Abrindo un xogo novo que trouxo a profe!!!
 
 
Bibliotecando...
 
 
Esta semana saímos moito ao exterior, e incluso quedamos un pouco máis da conta...jejeje
 
 
Construimos pontes...
 
 
Arranxamos os tractores...
 
 
Compartimos  momentos có resto de alumnado de infantil
 
 
E lle pedimos fotos á profe para subir ao blogue do cole!!!
 
 
Ademáis construimos un espazo novo para colocar aos animais...e poñer en práctica os coñecementos adquiridos con respecto aos animais!!!
 
 
Non podía pasar máis tempo, e por fin rematamos o mantel de Andree!!
 
 
Có xogo novo votamos a voar a nosa imaxinación...pero demasiado!!! Jejejeje
Helicópteros, molinos, ventiladores...
 
 
Como arrancou de novo a lista de encargad@s, repetimos con Andree!!!
 
 
Bibliotecando...
 
 
Creativando...
 
 
Lista nova!! Antes colocábamos triángulos vermellos, e agora cadrados vermellos!!!
 
 
Algunhas non quere que remate o entroido!!!
 
 
Pensando...debuxando...plastificando...nesta aula somos multitarefa!!!
 
 
O xogo tamén nos deu para facer paraugas, aínda que ultimante non faga moita falla!!!
 
 
Unha tormenta profe!!!
 
 
E hoxe, despois de aprender moitas cousas, debuxamos un indio
e escoitamos unha poesía de Gloria Fuertes!!
 
 
Letrilandia!!!! Outro espazo novo!!
 
 
E xogo e máis xogo!!!
 
 
Obradoiro de maquillaxe ao aire libre!!!
 
 
E rematamos esta reportaxe cunha foto do TITANIC!!!! Jajajajaj
 
 
Moreas de apertas!!!
 
"Educar la mente sin educar el corazón, no es educación en absoluto"
Aristóteles

ANIVERSARIO DE ADRIÁN

 
Parabéns Adrián!! 4 anos xa!!
 
Que cumplas sempre moi feliz!!
 

FACENDO RUIDO NO ENTROIDO INDIO

Benqueridas familias!!
Despois dun tempo de reflexión, volvemos ás nosas tarefas diarias!!
Coa chegada de Andree, tiñamos algunhas cousas pendentes, pero esta semana o entroido ocupou a maioría do noso tempo!!
Aquí tendes algunhas fotos que mostran esta semana de entroiadas e de volta ao traballo!
Comezamos cunha actividade de realidade aumentada proposta polo profe Diego, no que pintamos algúns animais, e logo puidemos velos en 3D na pantalla do ordenador!
 
 
 
Por outro lado, tiñamos pendente rematar o disfraz de Ana!!
Tarefa na que Elisa quixo colaborar!!
 
 
Desde que chegou Andree, somos 11, polo que todos os días tiñamos algunha discusión
porque algún deles quedaba fora da recta numérica, polo tanto tivemos que plastificar o número 11 e colocalo no seu sitio!!!
 
 
Todo isto sen deixar de lado as nosas rutinas diarias coma poñer os mandilóns para merenda, 
e repartir os manteles!!
 
 
Outra cousiña que tiñamos pendente foi rematar os átomos nos que reflexamos
a nosa comida, animal e color favorito,
para traballar o autoconcepto, así coma para fomentar a nosa autoestima.
 
 
Entre todos completamos o mural de Draco,
personaxe co cal traballamos as nosas competencias emocionais!!
 
 
Tamén houbo tempo, coma sempre, para xogo libre por recunchos...
 
 
E Por fin chegou a gabeta para Andree,
xa pode gardar as cousas na que ten o seu nome!!
 
 
E tamén o seu nome con plumas indias no seu percheiro!!!
 
 
E para rematar Andree de Xefe Indio!!
 
 
Rematamos cun pouco de lectura colectiva!!
 
 
Moreas de bicos e apertas para tod@s!!
 
"MI PADRE FUE A LA ESCUELA A APRENDER A LEER, MI HIJ@ VA A APRENDER A VIVIR"
MARIA DE MAR ROMERA MORÓN
 
 

VIAXAMOS ÁS PRADEIRAS DE NORTEAMÉRICA

 
Moi boas familias!!!
Aquí estamos de novo para contarvos as nosas andainas desta semana, nas que decidimos profundizar no proxecto dos indi@s, retomando aspectos que deixamos un pouco de lado pola chegada do Nadal!!
E tendo en conta, que nuns días, pasaremos a centrarnos no Entroido e no Día da Paz!!
Comezamos!!!
Three, two, one...GO!!!
 
Comezamos o luns con Asier de Xefe Indio!!
 
 
Ensinándolle a Andree a facer coiares de colores!!!
 
 
"Os amigos do 10"
 
 
Esta semana, Andree fixo por primeira vez de xefe indio!!
E...coma se o fixera todos os días!!!
 
 
Fixemos unha fogueira para a Asamblea india e aprendimos como se comunicaban os indios...
mediante señais de fume!!
 
 
Un pouco de Arte en grupo!!!
 
 
Outro pouco de Arte moderno!!!
 
 
E Elisa de Xefa India!! Coa nova fogueira da Asemblea!!
 
 
Mateo Babío ensinando as difstintas tribus indias:
Cherokees, Navajos, Sioux e Apaches!!
 
 
Bruno realizando tarefas de Xefe Indio!!
 
 
Novos recunchos de lectura!!
 
 
Construindo os nosos átomos para coñecernos un pouco máis
 
 
A nosa comida favorita...
 
 
O noso animal preferido...
 
 
E o color que máis nos gusta!!!
 
 
Compartindo...xogos...e momentos!!
 
 
E por último, esta semana visitamos a biblioteca
para unha actividade de realidade aumentada!!!
 
 
E rematamos a semana explicando aos alumnos de 4 e 5 anos,
todo o que levamos aprendido ata o momento da civilización dos indios de Norteamérica!!
 
 
 
 
Isto é todo ata o de agora!!!
Vémonos a próxima semana!!
Moreas de apertassss
 
 
 

Coñecendo a Andree

 
 Como xa sabedes...agora somos 11!! Temos un novo Indio na Tribu de Monfero!!
Polo que estes primeiros días son para presentacións, creacións de vínculos afectivos e compartir moitos xogos e experiencias!!
 
Comezamos explicándolle como facemos a Asemblea!!
 
 
Como xogamos por recunchos!!
 
 
Cómo colocamos o mandilón!!
 
 
Onde lavamos as mans!!
 
 
Como repartimos manteles!!
 
 
Como cazamos animais!!!
 
 
Onde lemos contos!!
 
 
Fixemos as árbores do inverno!!!
 
 
E amasamos plastilina novaaa!!!
 
 
Merendoleamos...
 
 
Compartimos contos novos de animais...
 
 
E tamén lle ensinamos onde e como lavamos os dentes!!
 
 
Explorando no recuncho de experimentación...
 
 
E pasando lista para saber quen falta!!
 
 
As aprendizaxes mais importantes da vida...fanse xogando!!
Francesco Tonucci
 
Ata a semana que ven
Bicos e apertas
 

Aniversario de Mateo Babío!!

 
Moi boas familias!! De novo estamos aquí para amosar o primeiro aniversarsio do ano 2020!!
Xa cambiamos de cifra...agora cumprimos 4 anos..e estamos moi emocionados!!!
Coma de costume...preparamos o espazo para dar 4 voltas ao sol, pasando polos 12 meses do ano e facendo un recordatorio a través de fotografias do protagonista ao longo deste tempo!!
E rematamos cunha boa merendola elaborada pola familia de Mateo, para encher ben as barrigas antes de saír ao patio!!
 
 
 
Moitas grazas pola vosa participación!!
Bicos e apertas
 

VOLTA Á RUTINA

Benvidos de novo familias despois destas primeiras vacacións de Nadal!!!
Esta semana foi un pouco curta...polo que aproveitamos para intercambiar historias, decorar o noso tipi indio, recordar as nosas rutinas e retomar as nosas tarefas!!
Ademáis, temos unha noticia moi importante que contarvos...chegou un compañeiro novo ao cole!! Chámase Andree e ten 3 anos coma nos!!
 
Comezamos coa decoración do Tipi!!
 
 
E aquí poderedes observar como damos a benvida a André!!
 
 
Xogando polos distintos recuchos
 
 
E ensinándolle todos os materiais da aula!!
 
 
Pero tamén continuamos coas aprendizaxes de lecto...
comezando coas letras dos nosos nomes!!
 
 
E rematamos cunha imaxe das nosas merendolas...
co conto dos 3 porquiños que lles encanta!!
 
 
Esperamos que desfrutedes en familia destas fotos!!
Ata a próxima semana!!
Bicos e apertas!!

BO NADAL!!!

 
Benvidos, unha vez máis, á última semana antes das vacacións de Nadal!!
Non podíamos marchar sen mostrar as últimas andainadas dos Indios de Monfero!!
Estos días deixamos de lado as nosas rutinas diarias para adicarnos en exclusividade aos ensaios, preparativos e demáis experiencias navideñas do cole!!
 
Esta vez comezamos con Paula...que estivo un pouco enferma e tiña tarefas pendentes!!
 
 
Preparamos as bolsas de Nadal...para levar as notas e os agasallos navideños!!
 
 
 
E desixamos a pegada do noso nome,
para ir vendo a evolución ao longo do curso!!
 
 
Pero o que máis fixemos esta semana...
é xogar con todos os materiais que coñecimos este trimestre!!
De forma libre e autónoma!!
 
 
O tipi e os bonecos!!
 
 
As pizarras blancas!!
 
 
Os animais!!
 
 
Encántanos xogar no corredor...
con contos ou có dado xigante na recta numérica!!
 
 
E tamén nos encanta xogar coa ruleta das emocións!!!
 
 
Montando unha batería caseira...
 
 
No xeoplano xigante!!!
 
 
 
Utilizamos os pinchos para multitude de cousas...
como cociñar...esconder cousas...transportar!!!
Son todo imaxinación!!
 
 
E limos moitos contos...do cole...da profe...da biblioteca!!!
Contos, contos e máis contos!!!
 
 
Deséxovos unhas festas cheas de saúde, maxia e ilusión!!
Vémonos á volta de vacacións, con enerxías renovadas e moitas ganas!!!
Saúdos e apertas!!
Bicos a moreas!!
Bo Nadal!!

Jingle Bell Rock

 
Bo Nadal Familias!!
Aquí estamos de novo para comentar as nosas andainas semanais!!
Xa estamos preto das vacacións de Nadal e iso require moitos preparativos: ensaios, disfraces, decoración, obradoitos navideños...pero sen deixar de lado as nosas rutinas e xogos diarios!!!
Os luns recibimos unha visita sorpresa...a familia de Mateo Babío agasallounos cun tipi xigante que se convertíu no noso recuncho favorito da aula!!
 
 
Polo que aproveitamos este momento para facer os nosos tipis personalizados!
 
 
E despois de traballar un pouco...xogamos no recuncho do tipi!!
 

 
 
E para rematar o día...xogo novo coa nosa bolsa sorpresa!!!
 
 
Ohhhhhh!!!
 
 
A ver a ver...
 
 
Según o número que saía...
íamos dando saltos na recta numérica ata que o atopábamos!!
 
 
 
 
E despois dábamos tantos saltos coma o número indicaba!!
 
 
Logo colocábamos na estantería por orde de saída...
sempre cara á dereita, coma cando escribimos!!
 
 
E aquí temos a Pauli facendo a asamblea!!
 
 
Contando cantos viñemos a clase...
 
 
Colocando o día que vai fora...
 
 
Colocando as letras do seu nome de forma ordeada!!
 
 
Debuxándose na pizarra!!!
 
 
Esta semana Elisa tamén foi encargada!!!
 
 
E comezamos a colocar as novas aprendizaxes no mural do proxecto!!!
 
 
Durante o xogo por recunchos,
Ulises construiu unha piscina á súa medida!!
 
 
E pasamos moito tempo na mesa de experimentación!!
 
 
Descubrindo as características dos distintos elementos de outono!!!
 
 
Tamén aproveitamos para decorar o corredor cós nosos cds reutilizados para o Nadal!!!
 
 
E logo a merendar!!!
 

 
Despois da merenda..toca patio...e hoxe temos un novo xefe indio!!!
 

Outro día Elisa trouxo un arco e unhas flechas indias...

 
E ensinounos a todos cómo utilizalo!!
 
 
Tamén trouxo un pao de chuvia!!!
 

 
Polo que tamén aproveitamos para ver cómo eran os indios...
 
 
E cómo somos nós!!!
 

 
E para continuar có espiritu navideño...
sacamos unhas fotos na nosa árbore de nadal!!
 

Antes de marchar para casa, o /aencargad@, e algún axudante,

gardarán os nomes no bote, e as axendas e augas nas mochilas...mentres nos, lavamos os dentes!!!

 
Moito ánimo para esta última semana!!
Bicos e apertas!!
E ata a próxima semana!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut