Skip to Content

Indios de Monfero

Espazo do alumnado da aula de Educación Infantil de 4º curso.

Los 3 bandidos

LETRAS GALEGAS 2020

Benqueridas familias!! Xa estamos en maio, festexando as Letras Galegas!!

E para elo, ademáis de verbalizar algunha cantiga e pequenos poemas en galego, creamos un conto coas palabras que aportáchedes desde as vosas casas!!

E pola miña parte, unha pequena masterclass, a modo de recordatorio acerca do homenaxeado deste ano, e un conto escrito por el: "As pitas baixo a choiva!!

 

https://www.youtube.com/watch?v=JNmAp6mJ0Ig&t=52s

 

https://www.youtube.com/watch?v=KMK_j7a3lbY&t=74s

 

 

MANDALAS E OUTRAS COUSIÑAS

Benqueridas familias!!
Aquí estamos de novo para mostrar as novas propostas que estades a levar a cabo dende as vosas casas!!
Comezamos con estes mandalas tan orixinais, continuamos cun pouco de Arte a través do artista Hervé Tutllet, tamén un pequeno experimento, e tope de creatividade con algunhas figuras xeométricas coñecidas.
 
 
 
 
 
Un pouco de Arte despois de investigar un pouco en internet acerca do artista Hervé Tullet!!
 
 
 
 
 
Tamén presentamos unha letra nova...a F...e buscamos elementos pola casa que comecen por ela!!
 
 
 
 
 
Por outra banda, traballamos o seguinte concepto "metade"... representando o seu sifnificado a través do debuxo.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Fixemos un experimento para coñecer os conceptos blando e duro, a palabra ovo en galego e en castelán, o efecto do vinagre na cáscara do ovo...pero sobre todo...botáchedes unhas risas!!!
 
 
 
 
 
 
 
 
E un pouco de creatividade con algunhas formas xeométricas que xa traballamos con anterioridade!!!
 
 
Coma sempre moitas grazas pola vosa colaboración
Sen vos non sería posible
Bicos e apertas a moreassssssssss

DIA DO LIBRO

COMEZOS DO TERCEIRO TRIMESTRE

 
Benqueridas Familias!!
Aquí estamos de novo, despois das vacacións de Semana Santa, e dun tempiño de reflexión, para continuar có Terceiro Trimestre!!!
Quero felicitarvos polo estupendo traballo que estades a facer, e tamén aos nenos e nenas que con moita entereza e sempre cun soriso, enfrentan este confinamento que tanto nos preocupa!
 
Comezamos coas caixas de Letras!!
 
 
 
 
 
 
Comezamos con algúns nomes, propios e de compañeir@s!!
 
 
Algúns non tiñan revistas, pero elaboraron letras propias!!!
 
 
 
E tamén creamos un xogo de monigotes, para traballar orientación espacial
e algunhas emocións.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Tamén, construimos alguhas palabras en galego!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Moitas grazas de novo pola vosa colaboración e grande participación!!!
Moreas de apertas
 

TERCEIRA SEMANA DE CONFINAMENTO

 
Benqueridas familias!!
Aquí están as fotos que mostran o estupendo traballo que estades a facer desde as vosas casas!!
Espero que desfrutedes delas e que vos saquen moitos sorisos!!
Comezamos con Carla e Izan,
que traballaron moito para facer estos monstruos e explicarnos o seu significado!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Mateo B. fixo esta lista da compra, que por certo...é moi saludable!!
 
 
E sorprendeunos con esta cociña feita na casa!!
 
 
 
Paula e Mateo, cando invitades a comer??? Jjjj
 
 
 
Esta semana, traballamos a grafía dalgúns números e letras,
de forma moi orixinal e significativa.
 
 
 
 
 
 
E de paso, tamén os tamaños...grande, mediano e pequeno!!!
Xunto coas iniciais de cada elemento!!!
Bo traballo!!
 
 
 
 
 
 
E tamén fixemos algunhas series, escoitamos contos divertidos e fixemos moitos debuxos!!!
 
 
 
 
 
Este xogo para buscar parellas de calcetíns que traballa a atención e outros conceptos!!!
 
 
 
 
E inventamos un faro astronómico, cun tubo de papel hixiénico, papel de aluminio, un palillo e unha lanterna, coa que puidemos obseravar algunhas constelacions.
 
 
 
 
E pare rematar, recordarvos que sempre é un bo momento para abrir un conto e escoitar unha historia divertida!!!
 
 
 
Apertas a moreas!!!
Moitas grazas por seguir ahí, colaborando e compartindo!!
 

SEGUNDA SEMANA DO ESTADO DE ALARMA

 
Benqueridas familias!!
Aquí están as propostas desta segunda semana en corentena!
Estades a a participar moito e quero que saibades que me sinto moi afortunada por poder continuar en contacto con todos vos e cós vosos pequen@s!!
 
Esta semana comezamos dando a benvida á primavera plantando tomates, tulipáns e outras sementes!!
 
 
 
 
Unha forma moi orixinal e significativa, relacionar a primeira letra coa palabra traballada,
neste caso, as sementes!!
 
 
Mateo B. coidando a súa horta!!
 
 
 
Para continuar có proxecto, fixestes outros tipis moi orixinais,
de distintos materiais!!!
 
 

Izan e Carla enviaron estas poesías polo Día Mundial da Poesía!!!
 
 
Tamén fixestes un exercicio de grafomotricidade con elementos habituais no fogar,
no que lle botáchedes moita imaxinación! Non olvidedes facelo sempre, de esquerda a dereita!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Andree traballando os números!!!
 
 
E un xogo, as chapas, que tamén favorece moito a psicomotriciade fina,
igual ca grafomotricidade!!
 
 
Esta semana temén traballáchedes emocións acompañad@s do Montruo dos cores,
que tanto lles gusta!!
 
 
 
 
Que nunca falte un pouquiño de Arte!!!
 
 
 
Adrián preferiu non seguir as propostas e botarlle imaxinación,
e fixo esta obra de arte da primavera con follas estampadas de moitos cores!!
 
 
 
Mateo R. fixo un bizcoito que animou á profe a facer outro,
e de seguro que algún máis tamén se animou!!
 
 
E Bruno nos agasalla con este ramo de flores de colores que representan a primavera!!!
 
 
Para ir despedindo esta publicación, algúns fixestes unha cápsula do tempo!!
Non sabemos qué haberá dentro...pero esperemos que dentro duns aniños botedes unhas risas rememorando estes días!!!
 
 
 
 
Ulises, que é un gran contador de historias, creou coa axuda da súa famlilia, estas historias para que tod@s as poidades desfrutar!!!

 

E para rematar, Asier deteitounos cun experimento no que necesitades limón, auga, un pincel ou bastoncillo e un papel en branco para escribir...se lle dades calor cunha vela, veredes qué Maxiaaaa!!!

Moitas grazas pola vosa colaboración, máis ca nunca!!

Moreas de apertas virtuais

E non deixedes de participar e enviar probas,

para que poidamos enriquecernos os uns dos outros!!

SAÚDE E FORZA

 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut