Skip to Content

Avisos e novas

Últimas novas

REUNIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

Informamos que a reunión das familias do alumnado de Educación Infantil será o luns 10 de setembro ás 10.00h na aula de UUMM.

Despois dunha recepción común cada grupo irá á aula correspondente ca súa mestra.

HORARIO DOS EXAMES DE SETEMBRO 2018

 

Graduación de 4º de ESO 2018

O pasado mércores 20 celebramos a graduación do alumnado de 4º ESO. Foi un acto cargado de emoción en compañía das familias, profesorado, representantes dos Concellos e Anpa.
Toda a comunidade educativa desexámosvos o mellor para o camiño que empezades agora.
 
Preme na imaxe para ver o vídeo:
 
 
 

HOMENAXE DE DESPEDIDA A ÁLVARO E MARISA

 

 
No camiño da vida hai un lugar e un tempo para cada cousa, e polo propio desenvolvemento desta hai ciclos que se pechan, camiños que conclúen e outros que se inician. E hoxe de xeito moi especial queremos deternos nunha parte da nosa historia para agradecer e honrar o paso de Álvaro e Marisa que se despiden, deste o noso cole porque lles chegou a hora da xubilación. E que é a xubilación, pois a palabra xubilación ven de xúbilo, alegría, gozo que se experimenta cando fixemos  con dedicación e empeño unha acción, a de traballar con letras maiusculas. Todos desexamos que este descanso conquistado se convirta nunha nova etapa de paz e de maior liberdade para dedicarvos á construcción dun novo proxecto persoal. Non é fácil despedirse de dúas persoas como Álvaro e Marisa, pero é unha enorme satisfacción ter sido parte desta a súa historia. Sabemos que este non é un adeus, senón un ata logo e entusiásmanos saber  que sempre contaremos con vós. Por iso dicímoslles ata pronto. O cafeiño sempre estará listo, presto a recibirvos xunto a todos os que formamos a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela, o voso cole.
 
                                                          Con todo o noso cariño.
 
 
VÍDEO DESPEDIDA

                 

O alumnado de música de 3º e 4º da ESO agasallou a Älvaro e Marisa con esta interpretación da canción "O son do ar" de Luar na Lubre.
 

                 

 

 

 
 

 

 
 
 

Día das Letras Galegas no CPI Virxe da Cela

      O mércores 16 de maio celebramos o "Día das Letras Galegas 2018", e para conmemorar esta data tan especial contamos cun músico de primeira categoría, Bruno Villamor, profesor a Asociación de Folclóricos Virxe da Cela. Impartiu un interesantísimo concerto didáctico no que foi amosando cada un dos instrumentos empregados na música tradicional galega: gaita, tambor, tamboril, zanfoña, requinta, tarrañolas, cunchas, etc... 
      Como broche final un grupiño de nenas e nenos do noso colexio que forman parte desta asociación fixeron unha exhibición de danzas e cancións, e o alumnado de 3º da ESO clausurou a gala coa tradicional "Danza de Fitas". Esta danza é representada todos os anos para representar un homenaxe á primaveira desde que fai unha década o noso centro recuperou a tradicional Festa dos Maios. Unha gran alfombra floral con representación dun fondo mariño servía como decorado para contextualizar esta festa e á vez facer un guiño ao Proxecto Documental Integrado "Somos Auga", eixo central do traballo multidisciplinar neste curso 2017-2018. 
      Aproveitamos esta ocasión para facer entrega de premios dos concursos "Portada de Axenda Escolar" e "Preguntón 2018".

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2018/2019

Xúntase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

 

 Descargar SOLICITUDE (soamente se cubrirán os Anexos I e II que son as tres primeiras follas)

Prazo de presentación: do 22/05/2018 ao 22/06/2018

Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2018/19, o procedemento ED330B relativo:

a) Á participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO); cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2017/18.

 b) Á convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.

c) Á convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP e ESO.

2. O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2018/19 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas na disposición adicional primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

A onde acudir

Ao centro docente onde vaia matricularse no curso 2018/2019.

Cando o alumnado aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2018/19, deberá dirixirse ao centro no que estea matriculado no curso 2017/2018.

 Obrigas das persoas beneficiarias:

 1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18.

Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º

A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2018/19.

 2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2018/19 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.

 3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.

 4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

 5. Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

 Enlace á Sede electrónica para a presentación on line

MARCHA POLA EDUCACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

 
 

 

 
    Tal como enfatiza o lema da Campaña Mundial pola Educación 2018, “A educación é o camiño cara a paz”. Despois do intenso traballo realizado nas aulas durante este curso académico chegou ao hora de visibilizar as nosas aprendizaxes a través dunha acción de incidencia política que tivo lugar o pasado xoves día 3 de maio de 2018 en Santiago de Compostela. Tras un acto oficial no auditorio ABANCA no que os alumnos e alumnas dos centros galegos participantes na CME amosaron o seu traballo, a mocidade lanzouse as rúas portando pancartas e cantando as súas consignas en dirección á praza da Quintana, onde foron recibidos por varios políticos: o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, Don José Manuel Pinal; a Subdirectora Xeral de Cooperación Exterior, Dona Pilar Romero; a Concelleira santiaguesa de Políticas Sociais, Diversidade e Cooperación, Dona Concepción Fernández e o Concelleiro santiagués de Educación, Cidadanía e Dereitos Humanos, Don Manuel Dios. 
 
    Ainhoa (3º da ESO) e Diego (4º ESO) foron os encargados de ler o Manifesto da Campaña Mundial pola Educación 2018 e posteriormente Sergio Torrado (4º ESO) formulou unha petición aos políticos solicitando o seu compromiso coa escola rural: Nós somos rapaces e rapazas de Monfero, unha pequena aldea do interior da provincia da Coruña. Estamos moi contentos de poder estar aquí representando a todos os mozos e mozas do rural. Sentímonos orgullosos da nosa escola, da nosa aldea, da nosa forma de vida e das nosas costumes. Queremos que os nosos fillos e fillas estuden no CPI Virxe da Cela, igual que o facemos nós e o fixeron os nosos país e nais. Pero sabemos que si os políticos non se toman moi en serio unha intervención no rural para conservalo y adaptalo aos novos tempos, a nosa escola acabará sendo un edificio abandonado, e cando veñamos da cidade a visitar aos nosos maiores, estará baleira igual que as casas e os campos… 
 
    Esperamos que as nosas palabras reivindicando unha educación universal, de calidade e inclusiva deixaran a súa pegada nas conciencias dos nosos políticos e que no futuro presenciemos avances e cambios, que os nosos esforzos teñan a súa recompensa.

 

"STEMlab Galicia"

O venres 20 de abril celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela o STEMlab Galicia. Trátase da maior feira en Galicia para centros educativos, na que se amosou a excelente labor educativa de numerosos centros galegos a prol da ciencia, a enxeñaría, a tecnoloxía e a matemática, pero sobre todo a prol dunha aprendizaxe competencial, activa e creativa.
O CPI Virxe da Cela foi invitado a participar, e para o noso alumnado foi unha experiencia única.

REVOLUCIÓN STEM
Nos últimos anos, os centros galegos comezaron a empregar novas metodoloxías para dar resposta aos retos actuais, pero sobre todo futuros, da sociedade. A revolución STEM nas aulas -nas súas siglas en inglés Science, Technology, Engineering and Mathematics (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas)- é unha realidade. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxo en marcha a Estratexia galega para a educación dixital Edudixital 2020 para impulsar os coñecementos científico-tecnolóxicos, sobre todo entre as nenas, cun obxectivo claro: que todo o alumnado do ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21. Nos dous últimos cursos, xa se distribuíron kits de Robótica, Programación e 3D en institutos e colexios, puxéronse en marcha materias de libre configuración autonómica vinculadas con este eido e, tamén, clubs de ciencia, así como o primeiro campamento STEM.

 


 

Os nosos alumnos tiveron a oportunidade de falar co presidente da Xunta, e tamén con Pedro Duque:

 


 

 
Podedes premer sobre as imaxes para seguir lendo:
http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/pedro-duque-estrella-jornada-educativa-stemlab-galicia/idEdicion-2018-04-20/idNoticia-1111225/https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/04/20/astronauta-pedro-duque-causa-furor-compostela/00031524223732025258410.htm

 

 
 

 

 

 

 

 

MESA DE EXPERIENCIAS

O pasado venres 6 de abril tivemos no cole unha actividade organizada polo departamento de Orientación: unha mesa de experiencias con exalumnos nosos para que compartiran a súa experienca unha vez deixaron o Virxe da Cela. Viñeron alumnos que xa están traballando como Lorena Varela, e outros que seguen estudando como Antonio González, estudante de Historia na Universidade de Santiago de Compostela, Anaís Buyo, estudante de Educación Infantil, na Universidade da Coruña. E tamén algún que se acaba de ir como Ana Pena e Sergio García, que estudan bacherelato no IES As mariñas de Betanzos.

Todos eles compartiron cos alumnos de 3º e 4º de ESO a súa experiencia e aconselláronos en canto ao seu futuro. Para nós foi unha marabilla volver a velos e comprobar o ben que se defenden polo mundo adiante.

  
 
 
Lorena nos deixou este comentario:
Sempre gusta voltar ao lugar onde un foi feliz... E isto digoo despois de que o venres pasado a varios dos meus ex-compañeiros do ''cole do Xestal'' e máis a min nos convidaran a falar cos actuáis alumnos de 3º e 4º da ESO, para contarlles como foi a nosa vida ao sair da secundaria. Non somos expertos nin podemos decidir o que cadaquén vai ser nesta vida, pero nunca está de máis coñecer a experiencia doutras persoas para afrontar esta etapa coa maior seguridade posible. Non hai que ter medo ao cambio nin a madurar, é bonito aprender e formarse, pero aínda o é máis ver como pouco a pouco vas conseguindo todo o que te propós. Espero que os que estivéstedes nesa mesa de ex-alumnos, sepades coller as cousas boas que vos intentamos transmitir e que vos sirva para os próximos anos.
 
Un saúdo dunha rapaza con moita morriña!                                 
                                                                 Lorena Varela
 
 
 
 
 

 

 
 
 

 

 

CAMPIONATO COMARCAL DE ORIENTACIÓN

 

CAMPIONATO COMARCAL DE ORIENTACIÓN NO CPI VIRXE DA CELA. 1 DE MARZO DE 2018-03-14
O pasado Xoves 1 de Marzo, organizado polo Departamento de Bioloxía a través do seu profesor e Xefe de estudos, David Casado e o Departamento de E. Física a través da súa profesora Mº Teresa Blanco e o responsable de Actividades físico-deportivas do Axuntamento de Monfero, Amando , uns 250 alumnos de secundaria procendetes do IES Fragas do Eume, IES de Mugardos, IES As Mariñas de Betanzos e do noso centro o CPIP Virxe da Cela de Monfero participaron nas inmediacións do noso centro nunha proba deportiva de orientación, onde asistiu o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o presidente da Federación Galega de Orientación, Alberto Arufe.
 
A competición enmarcase dentro do plan deportivo do centro e do Programa Xogade, impulsado pola Xunta de Galicia.

 
Dende as 10:15 e hasta as 12:00 horas, os rapaces/as dos centros participantes, completaron catro probas en categoría infantil e cadete, así como femenina e masculina. Fixeron un percorrido marcado, pasando por puntos de control, e tiñan que completalo no menor tempo posible.
Tratouse, dunha actividade «para esfrutar dunha xornada de convivencia, facer deporte, traballar aspectos curriculares como os estilos de vida saudable, respecto pola natureza e manexo e interpretación dun mapa».
 

 

 

 
 
 
A xornada foi todo un éxito, e o todo alumnado participou de forma masiva e activa, incluindo os nosos alumnos/as, que ademáis de participar, colaboraron axudando na organización , a pesares do tempo que tivemos.
Todo o anterior, nos fai sentir moi orgullosos do noso alumnado, tanto en comportamento como en traballo e colaboración.
O primeiro clasificado foi o IES AS Mariñas con 2407 puntos totais e O noso centro acadou o 3º posto na clasificación xeral con 978 puntos totais, e aínda que todos o fixeron moi ben, temos que sinalar que entre todas elas e eles, se clasificaron para a fase provincial algún dos alumnos/as de 1º-2º-3º e 4º de ESO ( PARABENS!!!!), destacando especialmente as rapazas, que son:
 
 



INFANTIL FEMININO:

  • Marta Fernandez 1º ESO.
  • Daniela Pereira 2º ESO
  • Sonia Bouzas 2º ESO.
  • Lucía López 2º ESO.
  • Clara Brage 2º ESO
CADETE FEMININO:
  • Laura Vila 4º ESO
  • Candela Campello 3º ESO.
  • Laura Ares 3º ESO
  • Veronica García 3º ESO
  • Cintia Vidal 3º ESO
CADETE MASCULINO:
  • Borja Martínez 4º ESO
  • Diego Bao 4º ESO
  • Roberto Uzal 4º ESO
  • Zito Gómez 4º ESO
 

 

 
Ademáis podemos ver os artigos publicados en xornais da zona, que lle deron unha cobertura a nosa organización do evento. As dirección webs se queredes consultalos, son:
 

 
 
 
 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut