Skip to Content

Avisos e novas

Últimas novas

XI RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2019. CPI VIRXE DA CELA

Un ano máis, e xa van 11, celebramos o rastro solidario no noso cole. Unha actividade que se fai grazas ao traballo das profesoras Yolanda e Verónica, ca colaboración de toda a comunidade educativa. Neste vídeo podedes facervos unha idea do que foi este día:

 

Chegou o entroido¡¡¡

O Entroido invade a nosa escola como unha ráfaga de cor, alegría, humor, gargalladas, música e baile. O escenario deu cabida á exhibición dos talentos dos rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela, desde os máis pequenos ata os máis maiores incluindo aos profes que nos deleitaron cunha estupenda exhibición de baile. E despois do estectáculo rematamos degustando un chocolate quentiño acompañado de rosquillas, churros e orellas.
 
Agora a gozar destas mini vacacións e....que VIVA O ENTROIDO!!!

 

 

 

13 de febreiro, DÍA DA RADIO

 

O pasado venres 8 de febreiro os nenos de quinto de primaria do CPI Virxe da Cela foron de visita ao CEIP Barouta no concello de Ames.
Alí realizaron un programa de radio xunto con outros 10 nenos de dito centro, para conmemorar o Día da Radio, que se celebra en todo o mundo o 13 de febreiro.
 
Neste programa de radio entrevistaron a Gorka Zumeta, famoso xornalista e fotógrafo, e tamén  entrevistaron a Nazaret López, xornalista de Radio Ames.

Para o noso alumnado foi unha experiencia moi importante porque por primeira vez tiveron contacto cun estudo de radio real emitindo en directo por Radio Ames. Ademais  compartiron a experiencia radiofónica con outros nenos e nenas que tamén fan radio no seu cole..

Posteriormente, o mesmo día 13, Sergio Pascual, o noso profesor de radio, mantivo unha conversación con Carles Francino sobre o proxecto de radio CPI Virxe da Cela no programa “La Ventana” da Cadena SER. Neste programa emitiuse tamén a entrevista que os nosos pequenos reporteiros fixeron a Gorka Zumeta, responsable de “La Ventana” no pasado.

 

 

Anxo Fariña no CPI Virxe da Cela

 

 

Este luns 4 de febreiro tivemos o enorme priviliexo de ter connosco a Anxo Fariña. Ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís. A súa obra máis coñecida é a colección de Os Megatoxos, pero tamén é autor das coleccións:
•  Antón e Pompón.
•  Don Quixote e Breogán.
•  As linguas dos animais.
•  O pelelliño …
•  A Monstroescola.
•  Gliz, o pastor de nubes.
Ademais doutras obras soltas, guías de viaxes e libros de texto.

Mirar as caras do noso alumnado xa nos di como acolleron a súa visita. Ollos abertos como pratos para non perderse nada, miradas que ían máis aló do que Anxo nos contaba, quizais soñando xa en vivir as aventuras dos Megatoxos, eses rapaces con poderes especiais..., quizá... vai ti saber...! e se o día de mañá son capaz eu de escribir un libro ou mesmo ilustrar os de outro autor?

Xa vimos como nacen os libros... nacen dunha idea que vai medrando día a día, que ás veces para de crecer e ten que durmir nun caixón durante un tempo ata que está madura.... pero o escritor ten que seguir traballando, vivindo e observando a realidade da que saca as súas historias. Todas esas observacións as garda nunha pequena libreta no seu bolsillo. E sabedes como as plasma Anxo Fariña? Maiormente sen palabras. Ser ilustrador permítelle ter un mundo de debuxos que co tempo se transformarán nun libro.

Foi unha tarde máxica na que Anxo nos deixou un fermoso agasallo... o retrato dun alumno que ficará por anos nun lugar privilexiado do cole: a nosa biblioteca. Pero o máis importante foron as risas e a imaxinación que despertou en nós... Moitas grazas, Anxo... xa te estamos esperando de novo... Non tardes tanto!!!

Por certo, se queredes coñecer algo máis do noso invitado por que non facedes unha pequena viaxe á súa páxina web?


http://www.anxofarina.com/blog/


 
 

 

DÍA DA PAZ

Celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia   

          

Felicitación de Nadal

BO NADAL E QUE SE CUMPLAN TODOS OS VOSOS SOÑOS

 

Postal realizada polo alumnado de Educación Infantil
 

Gañadoras do concurso de postais de Nadal: 

Alejandra Souto Garrido, 3º de EP, 1º Premio de Educación Primaria
 
Candela Campello Fernández, 4º ESO, 1º Premio de Educación Secundaria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro, o  alumnado dos centros escolares CPI As Mirandas de Ares e CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, realizaron un vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a  sociedade en xeral, sobre esta data.

Desde os nosos centros adherímonos pois, a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a convivencia que todas e todos queremos.

   
                   

 

Actividades conmemoración día contra a violencia de xénero:
      • Lectura de manifesto (2º ESO)
      • Proxección dos vídeos realizados polo alumnado (Ares-Monfero e 2º ESO da materia Igualdade        de Xénero).
      • Presentación dos diferentes lemas elaborados por cada grupo de alumn@s.
      • Lectura do conto “A cincenta que non quería comer perdices”
      • Presentación do cartel de 3º de ESO e entrega de pegatinas.

Samaín no Virxe da Cela

 

 

Gañadores do concurso de portas:

 

1º premio Educación primaria: 5º de EP:

 


 

1º premio ESO: 4º de ESO:

 

 

 

Gañadores do concurso de cabazas:

 

A máis arrepiante: Aroa García Bermúdez, 2º de EP:

 

 

A más divertida: Mara Pico Bouza, 4º de EI:

 

 

 

A máis orixinal: Diego Garabana Tojeiro, 1º de EP:

 

 

A más artística: Martín Amenedo Carballeira, 6º de EI:

 

 

A máis elegante: Aroa Martínez Belda de 6º deº EI:

 

 

Na Biblioteca Castelao seguen a pasar moitas cousas…

Cando se achega o final do mes de outubro, o Samaín comeza a estar presente… Esta festividade que agora rememoramos, ten a súa orixe nas celebracións que o pobo celta vivía durante días para dar remate á tempada das colleitas e dar tamén comezo a un novo ano. Os antigos celtas dividían o ano en dúas metades: unha luminosa, de fartanza, calor e verán , e outra  escura, de escaseza, frío e inverno. No medio das dúas quedaba a noite de Samaín, unha noite máxica na que os espíritos malignos quedaban ceibes e os defuntos visitaban as casas. Nesas celebracións, a través de druídas, contactaban cos ancestros e estes viñan visitar aos vivos…e para guialos colocaban caveiras acendidas nos seus fogares; de aí que agora se conmemore decorando cabazas.

Coa chegada dos romanos e máis tarde do cristianismo a noite converteuse na de Todos os Santos, aínda que pola costa atlántica de Europa pervivíu  a costume de lembrarse dos mortos e a crenza de que as meigas elixían o 31 de outubro para realizar os seus aquelarres.
En Irlanda, as vellas tradicións conserváronse durante toda a Idade Media, e foron os inmigrantes irlandeses os que levaron as vellas costumes aos Estados Unidos. Foi así como esta festa de orixe celta converteuse en Halloween.
 E na nosa biblio andamos entre cabazas, pantasmas e portas terroríficas celebrando o samaín.


 

 Invitámosvos a  visitar o recantiño de lecturas de terror onde encontraredes un montón de libros de medo… medo????, quen dixo medo???. Atrévete a descubrilos!!! 

             

O CPI VIRXE DA CELA NO ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DA RAG

 

O martes 16 de outubro de 2018 ás  11:00 horas  alumn@s e profes do noso cole, o Virxe da Cela, asistiron no salón de actos da Real Academia Galega á entrega de premios  Contádenos o voso Día das Letras. Dito galardón, creado pola RAG, ten como  obxectivo coñecer e difundir cómo celebraron o Día das Letras Galegas os centros encargados da educación do alumnado de menor idade, ao abeiro da Primavera das Letras. Este proxecto web da RAG fornece desde 2016 a comunidade escolar de contidos lúdicos e didácticos arredor da figura protagonista do 17 maio desde unha perspectiva interdisciplinaria.
No acto estiveron presentes os tres centros gañadores:
CPI P Virxe da Cela (Monfero)
EEI do Milladoiro ( Ames)
CEIP Anxo da Garda  (A Coruña)
Así mesmo presidiron a xornada Victor Freixanes (presidente da Academia Galega), Francisco Castro (director xeral da Editorial Galaxia), a escritora Fina Casalderrey, Teresa Rocamonde, (responsable de comunicación de Bolanda), Andrea Jamardo (responsable de Urco Editora) e Pedro Ferriol (viúvo da escritora María Victoria Moreno).
 O noso centro apostou pola linguaxe radiofónica. O alumnado de primeiro e segundo gravou un conto inspirado en personaxes das obras de María Victoria Moreno. Pola súa banda o alumnado de 4º de EP realizou un programa dedicado á autora con entrevistas a Eli Ríos, Monste Pena, Francisco Castro, Fran Alonso e Andrea Jamardo, dentro do noso programa de  Radio escolar tan ben levado por Sergio Pascual y Lucía Abarrategui e financiado por Ayuda en Acción e a Fundación Repsol.
Ademais, a xornada tivo un remate  moi especial xa que compartimos co CEIP Anxo da Garda unha xornada de convivencia e xogos no centro coruñes. Ámbolos dous centros levamos tres anos colaborando para achegar realidades culturais e sociais diferentes, pero ao mesmo tempo enriquecedoras, tomando como nexo de unión o apego pola identidade cultural e a revalorización do medio natural como punto de partida para o deseño de actividades compartidas.
 
Parabéns a tod@s polo voso traballo!!!!!
 
Aquí deixamos un vídeo coas imaxes do evento
 

            

Listaxes definitivas da ESO para o reparto de libros do Fondolibros

 

Listaxes definitivas da ESO para o reparto de libros do Fondolibros

Para 3º e 4º de ESO:

Xa temos publicadas as listaxes cas adxudicacións de libros por alumno/a da ESO na porta de administración. Os libros repartirasen o primeiro día de clase.
Tamén se poden consultar on line no enlace:



 

Para 1º e 2º de ESO:



Lembramos que este ano 1ª e 2ª de ESO non teñen dereito a dito préstamo xa que temos o programa E Dixgal en 6 materias ou máis polo que non precisarán libros de texto en ditas materias. 
Das 3 materias que que sí precisan o libro de texto temos no centro algúns exemplares, pero non suficientes para todo o alumnado no caso de 2º da ESO. Repartiranse  o primeiro día de clase segundo o mesmo orde que estableceu a aplicación Fondolibros o curso pasado.

Distribuir contido


by Dr. Radut