Skip to Content

Educación Infantil

Seguimos traballando o inverno

 

Benvidos/as de novo ao noso blogue!!!

Esta semana fixemos un montón de cousas :)

 

O luns tivemos unha actividade relacionada coa nosa horta. Veu un chico axudarnos a sementar cuns vasiños de iogur para logo transplantar no noso horto.

Agora temos que coidalos e regar de vez en cando para que medren as nosas plantas.

 

 

 

 

 

 

 

O xoves no taller seguimos traballando o inverno polo que fixemos neve artifical con bicarbonato e un pouquiño de auga, saíu xenial e pasámolo moi ben manipulando, facendo bolas e formas con ela.

 

 


 

 

 

O venres continuamos traballando o inverno e fixemos pintura cristalizada!

Con papel vexetal, acuarelas e un pouquiño de sal saíronnos unhas creacións súper chulas! Mirade!!!

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

Ata a próxima semana!!

Taller de cociña!

 

Boa tarde familias!

Xa estamos unha semana máis por aquí para amosárvos o que fixemos no taller desta semana.

Convertémonos en chefs e fixemos unhas ricas galletas con azucre, ovos, fariña, lévedo, manteiga e pepitas de chocolate. 

MOI SINXELO!

Primeiro botamos os ingredientes no noso recipiente e logo estivemos remexendo e amasando ata que conseguimos unha masa homoxénea.

Despois, entre todos, collimos cachos de masa e fixemos bolas consistentes que posteriormente puxemos nas nosas bandexas para levar ao forno.

Despois do lecer xa estaban listas para degustar!!!

Tivemos unha merendola deliciosa :)

Aquí tedes unha mostra de cómo foi o taller e do ben que o pasamos.


Ata a semana que ven!

ARTE INVERNAL

Ola de novo familias!!

Volvemos a estar por aquí, coas pilas ben cargadas e cheas de ilusión para afrontar este segundo trimestre. Nesta ocasión comezamos con diferentes técnias artísticas coas cores máis representativas do inverno.

Como tiñamos moitas ideas de arte o que fixemos foi dividilas nos dous días dos talleres.

O XOVES comezamos facendo unha actividade cun material que normalmente empregamos na cociña, pero nós como temos moita imaxinación pintamos sobre el e saíron obras de arte moi fermosas... sabedes de que material estamos a falar? o FILM transparente! este foi todo un descubirmento!

Logo, fixemos un mural con algodón para representar unha paisaxe típica desta estación; primeiro pegamos o algodón con cola blanca e despois démoslle cor con pintura disolta en auga. A verdade é que quedou un resultado moi chulo, podedes velo na seguinte foto:

A seguinte técnica artística tivemos que saír a fóra para facela porque consistía en salpicar pintura cos pinceis...polo que xa vos podedes imaxinar como acabamos!! Aquí podedes ver unha foto do proceso:

Para rematar a nosa sesión por todo o alto deixamos voar a nosa imaxinación e fixemos arte con globos!! como fixemos isto? pois ben, inflamos globos tanto con aire como con auga e logo sobre un papel contínuo démoslle renda solta ao artista que levamos dentro. Aqui tedes a mostra do marabillosa que foi esta experiencia:

O VENRES, seguimos con arte e nesta ocasión fixemos as seguintes actividades:

Creamos mandalas con diferentes elementos (pompóns, depresores, pedriñas, algodón,...); ademais pintamos con tizas sobre cartulina negra e os resultados foron xeniais porque o contraste da tiza coa cor negra queda moi chamativa.

Pero como somos uns artistas isto non parou aquí... deixamos de lado os pinceis, os lapis, as cores,... para pintar con CANICAS! esta ademais de ser unha experiencia divertidísima quedounos un resultado chulísimo.

Por último, con recortes de papepeliños das cores frías do inverno fixemos creacións libres que quedaron moi orixinais.

Mirade, mirade!! deixámosvos todo no seguinte vídeo.

Pasade boa fin de semana e descansade moito.

O equipo de infantil.

BO NADAL!

 

Estimadas familias

Rematamos o trimestre celebrando o festival de nadal!

Puxemos uns disfraces preciosos de renos, campás e galletas de xenxibre.

Saíu moi ben e pasámolo en grande

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os bailes colgaranse na web ao longo da semana :) Estade atentos/as ;)

 

Pasade moi boas festas e bo nadal.

Ata o próximo trimestre!!!!

Rematando o trimestre cunhas visitas mois especiais

 

Xa estamos de volta por aquí unha semana máis!

 

O xoves tivemos unha visita moi especial grazas ao proxecto “Canvivindo” que organiza a Asociación Cans de Salvamento de Galicia.

Desfrutamos dun obradoiro demostrativo enfocado a concienciar ao alumnado sobre a tenencia responsable de mascotas, previr o maltrato animal e dar a coñecer as normas básicas de educación á vez que fomentan a adopción de animais abandonados.

 

 


 

 

 

Hoxe rematamos os obradoiros deste trimestre os cales gozamos e nos que aprendemos un montón.

Para despedir o trimestre que mellor xeito que tomando unha chocolatada quentiña con churros.

 

 


 

 

Despois tivemos unha sorpresa!!

Viñeron do centro de día a entregarnos uns regaliños de nadal moi especiais que fixeron os usuarios. Encantóunos!!

Nós tamén quixemos darlles uns agasallos de nadal que fixemos con todo o noso cariño, esperamos poder xuntarnos :) 

 

 

 

Acércase o momento das vacacións de nadal rematando un trimestre cargado de experiencias e vivencias que esperamos repetir no segundo trimestre con moita gana de aprender moitísimas cousas novas e relacionarnos con todos/as os nosos compañeiros/as.

 

Estamos desexando que chegue o martes para celebrar o festival!!!

Estade atentos!

TÍTERES CON VIRAVOLTA E CONMEMORACIÓN DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Ola familias!

Unha semana máis ímosvos mostrar o moito que traballamos!

Nesta ocasión tivemos unha visita moi especial dun grupo chamado "Viravolta títeres" que nos presentaron a obra "O galo Quirico e os seus amigos". A través da música e de cancións populares coñecemos a diferentes personaxes cos que pasamos un anaco moi divertido.

Velaquí a mostra das nosas gargalladas...

O xoves, seguimos co noso ensaio de Nadal e ademais comezamos coa confección dos disfraces que imos poñer o día do festival.

IMOS ESTAR MOI GUAPOS/AS!!

Hoxe, conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

Quixemos facelo dun xeito moi especial para empatizar con eles; e o máis importante é que xa somos moi conscientes de que cada un de nós é diferente e que nos temos que aceptar independentemente das nosas características, tanto físicas como psíquicas.

O que fixemos foi unha sesión de privación sensorial; na que nos puxemos no lugar de persoas con discapacidade visual, discapacidade auditiva e discapacidade motórica.

Así foi a nosa experiencia,...

 

Desfrutade da ponte e descansade moito!

Ata a próxima.

Centro de día do Xestal

Ola familias!

Xa estamos aquí de novo un día máis para contarvos o que fixemos esta semana :)

O día de onte dedicámolo a preparar o festival de nadal, escollendo a canción que imos bailar e aprendendo os primeiros pasos, SOMOS UNS ARTISTAS!

Hoxe visitamos o centro de día do Xestal, recibíronnos cos brazos abertos :D

Contáronnos un conto cun teatrillo de títeres titulado "Xoaniña vai ao cole" que nos narraba a historia de como Xoaniña comezaba no cole e o que facía cos seus compañeiros/as e o seu profesor.

Logo, nós amosámoslles os nosos traballos sobre a muller máis importante da nosa vida e contámoslles o que facían, o que máis nos gustaba delas, as súas virtudes...EMPODERANDO ASÍ A FIGURA DAS NOSAS MULLERES  que máis queremos con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller.

Dádelle ao play para ver o ben que o pasamos!

 

 

 

Cando nos marchamos do centro de día recibimos un regalo! un paquete de chuches que levamos para a casa para gozar do fin de semana.

Moitas grazas!!

Esperamos volver a velos prontiño, encantóunos coñecelos!!!

 

De volta ao cole preparamos un precioso mural con todos os nosos traballiños para que o poida ver o resto da comunidade educativa, QUEDOU FERMOSÍSIMO!!!

 
 
 
Ata a semana que vén!!!
 

 

 

 

DÍA DA INFANCIA

Moi boa semana familias!

Hoxe non toca escribir no blogue pero a ocasión ben o merece.

O día 20 de novembro é o día da infancia e no colexio fixemos un vídeo que queremos que vexades.

Un pequeno xesto para mellorar os dereitos dos nenos e nenas de todo o mundo.

TODO POLOS NENOS E NENAS!

Gozade do vídeo...o venres nova entrada.

 

Ata entón!

EXTRA, EXTRA!!

EXTRA, EXTRA, TEMOS UNHA NOVA!!!

Hoxe gozamos dun novo espectáculo de Paco Nogueiras, encantounos!!!

Presentou o seu novo xornal, que se titula Extra e foino contando as aventuras máis disparatadas ao ritmo da música 

Aplaudimos, cantamos, bailamos, saltamos... e pasámolo en grande.

Volve cando queiras Paco Nogueiras!!!

Sempre quedamos encantados cos teus espectáculos

Aquí tedes unha mostra do que gozamos coa actuación

 

 

Por outra banda, o xoves fixemos un novo experimento preparando unha pasta con papel de xornal.

Pasámolo xenial manipulando, amasando e mesturando o papel coa cola e un pouquiño de auga para crear as nosas formas con esta pasta.

 

 

Ata a próxima!!!

 

 

EXPERIMENTOS COA AUGA E MINIMUNDOS MARIÑOS

 Familias! Como vai todo?

Nós moi ben, non perdemos oportunidade para saír a fóra.

O certo é que con estes días soleados do outono apetecíamos xogar e experimentar coa auga.

Tendo en conta que este mes é o da ciencia decidimos propoñer experimentos con auga. No noso proxecto tamén sabemos moito de ciencia, como ten que ser...experimentamos coa auga salgada e doce.

A verdade é que pasamos un bo rato mesturando, observando, mezclando, probando... e parece que nos sairon todos.

Nós para científicos tamén valemos, elogo non?

Ao seguinte día, seguimos coa auga.. pero agora en minimundos mariños.

Pouco podemos dicir da xornada do venres...é mellor velo, sobran as palabras.

Que teñades moi bo fin de semana familia!

Ollo! pode que para a semana teñamos un EXTRA!! na nosa publicación semanal.

Non podemos dicir moito máis, deica logo.

Distribuir contido


by Dr. Radut