Skip to Content

Educación física

TORNEOS DEPORTIVOS CURSO 2017-18. EDUCACIÓN SECUNDARIA

 

Como o curso anterior, este ano estamos a levar a cabo, durante todo o ano os torneos escolares

Os torneos xogaranse sempre na hora de lecer dos Mércores, de 14:00 a 14:40 en 2 partidos de 15 minutos de duración a tempo corrido (con cambio de campo os 7 minutos e medio).

A regras a seguir, son as oficiais para cada deporte, según as federacións de cada un deles.O incumplimento das mesmas de forma grave ou con perigro para os demáis durante o desenvolvemento de cada partido o una estancía no Pavillón, o calquera actuación no CPI ( tanto en horario de clase como en horas de lecer)que supoña unha conducta disrruptiva grave, levará implícita a non participación provisional ou definitiva no torneo (dependendo da falta e da sanción imposta).

O arbitraxe o fai como árbitro principal a profesora de E.Física e como secundarios, alumnas/os colaboradores. A mesa de anotación está composta por alumnos/as colaboradores.

Cada alumno/a ten a responsabilidade e obrigación de presentarse co seu equipo 10´antes do seu partido ( o tempo de xogo é limitado). Se non hai un mínimo de xogadores/as (4) para o desenvolvemento do partido os 5`da hora prevista, a ese equipo se lle dará o partido por perdido.Puntuación: Partido ganado: 1 punto. Partido perdido:0 puntos. Non presentado: 0 puntos.

Na primera ronda de enfrentamentos ( fase de selección), todos xogan contra todos, pasando (dependendo do nº de equipos cada ano) os 4 equipos que máis puntos teñan. En caso de empate, pasa o que teña maior nº de goles a favor. Logo cuartos de final, a partido de ida e volta. Semifinales e a final 1º-2º posto e 3º e 4º.

Os deportes elexidos este ano por consenso de todo o alumnado ( previa reunión e asamblea) son:

1º Trimestre: F. Sala

2º Trimestre: Baloncesto

3º Trimestre: Bádminton en dobres.

 O Comenzo dos mesmos foi no mes de Outubro, ata final de curso. Os días nos que os partidos previstos nese día, que por motivo de outras actividades, saídas varias, festivais, días festivos, etc, non se xogue,se aplazarán para o seguinte Mércores.

Os equipos serán mixtos (polo menos unha rapaza en cada equipo) e hetereoxéneos ( un xogador/ra de 1º-2º ESO polo menos en cada equipo).

LISTADO EQUIPOS PARTICIPANTES:
Equipo A:              Equipo B:                Equipo C:          Equipo D:      Equipo E:      Equipo F:                                      
Diego Bao             Pablo Maroño        Borja                  Cristina V.      Lucía             Sergio
Héctor                   David Rodríguez     Sara O.              Cristian          Clara             Candela
Sara Golpe            Roberto Uzal           Martín               Hugo             Verónica       Gael
Diego Golpe          Kevin                        Alex C.               Marta F.        Rubén R.      Víctor
Zito                          Laura (3º)               Ainhoa              Rubén F.          Nerea            Sonia
                                 Daniel                     Rubén               Cintia                 Ariadna       Laura V.
                                                                 Andrea               Daniela            David C.
 
 
Iniciamos a competición con F. Sala, que rematou o Mercores 21 de Febreiro, e os resultados foron os seguintes:
 
CALENDARIO DE COMPETICIÓNS:
 
                        TORNE F.SALA CALENDARIO 2017-18
 
1º  VOLTA
DIA PARTIDO
 
EQUIPOS
RESULTADO
Mércores 18 Outubro
 
A-C
B-F
3-3
5-1
Mércores 25 Outubro
 
E-D
C-F
1-7
4-1
Mércores 8 Novembro
 
A-B
E-F
2-1
0-5
Mercores 15 Novembro
 
B-C
D-A
 
1-4
0-3
Mercores 22 Novembro
 
F-.A
E-B
0-5
2-6
Mercores 29 Novembro
 
C-D
E-A
2-0
1-7
Mercores 13 Decembro
 
B-D
E-C/D-F
0-0
0-4/0-4
         
 
Finalizada a 1º volta os equipos que pasan a 2º Volta( tendo en conta os partidos gañados) son:
Equipos A, B, C e F.
 
 
 
As datas da 2º volta onde se xogou 3º-4º posto e a final, foron:
 
 
                        TORNE F.SALA CALENDARIO 2017-18
 
2º  VOLTA
DIA PARTIDO
 
EQUIPOS
RESULTADO
Mércores 17 Xaneiro
 
A-F
B-C
3-0
1-1
Mércores 31 Xaneiro
 
F-B (3º e 4º Posto)
4-5
Mércores 7 Febreiro
 
A-C :FINAL
2-6
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
CLASIFICACIÓN FINAL- RESULTADOS:
 
4º POSTO: EQUIPO F: Sergio,Candela, Gael, Victor, Sonia, Laura V.
 
3º POSTO: EQUIPO B: Pablo M., David Rodriguez, Roberto Uzal, Kevin, Laura, Daniel, Jairo.
 
2º POSTO: EQUIPO A: Diego Bao, Héctor, Sara G., Diego G.,Zito, Alex 4º.
 
1º CLASIFICADO: EQUIPO C: Borja, Sara O., Martín, Alex C., Ainhoa, Rubén, Andrea.
 

 

!!!!!PARABENS A TODALAS/OS PARTICIPANTES ¡¡¡¡¡

 

NOTA: Daremos comenzo ao torneo de baloncesto na próxima xornada cos mesmos equipos.

“Monfero en clave feminina”.Proxecto anual de investigación, 2º Eso

Dentro da materia de Igualdade de Xénero e en colaboración co Departamento de Orientación e O Concello de Monfero, o alumnado que cursa a materia de Igualdade de Xénero, vai a realizar ao longo do ano, para concluílo e presentalo no último trimestre ao Concello e á propia comunidade educativa, un proxecto de investigación, que a parte de constituír o 50% da nota global da materia, acerca a realidade e o papel da muller no concello onde residen: Monfero. O proxecto ten como obxectivos os sinalados anteriormente na materia pero ademais, mostrar e visibilizar a realidade das mulleres no entorno real dos alumnos e alumnas: os seus roles, as súas actividades de vida diaria, profesións, educación e formación, aspiracións, papel na familia, a valoración pola súa familia, parella, xefas e xefes, contorna, os estereotipos predominantes, as posibles situacións de trato e violencia, de discriminación ou non, etc. E propoñer ademais o final da investigación como obxectivo e conclusión, melloras ou posibles alternativas, solucións ou reforzos, a aqueles aspectos que se detectaran como discriminativos, inxustos ou nocivos, resaltando tamén os positivos, a través dunha charla- exposición- presentación ao propio concello, no Centro escolar, con asistencia das familias e comunidade educativa, das conclusións acadadas polos propios alumnos e alumnas tras a súa investigación de campo.
 
 
 
O traballo, que se vai estruturar en  3 bloques ou fases que coinciden cos tres trimestres do curso:
- 1º bloque: de investigación de campo (información varia: estatísticas e enquisas, etc. no centro, casa, contorna, concello).
- 2º bloque: volcado de datos e análise da información
- 3º bloque: elaboración de conclusións e propostas de mellora e presentación final.
 
Reunión no Concello de Monfero
 
Dentro do traballo do 1º bloque, entra a nosa visita o Concello de Monfero, e a entrevista  a Maica, (traballora social do Concello)que ademais  de atender pacientemente e amablemente as  nosas preguntas e aportarnos moita información, nos facilitou  o II Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres, para poder traballar sobre el, e que nos facilita un amplo coñecemento sobre a realidade da temática que tratamos en relación o noso concello. Tamén pasou a saudar e deixarse entrevistar  o Alcalde do Concello de Monfero, (, feita polos alumnos da materia de Igualdade de Xénero, de 2º de ESO: Daniela, Hector Bouzeta e David Castrillón.
Os nosos alumnos/a exerceron de pequenos repororteiros, con actidude critica e responsable, facendo non só pregreguntas axeitadas, se non tamén aportacións e opinións moi positivas e interesantes., que nos fixeron sentir moi orgullosas, sendo a experiencia moi positiva en canto a o seu comportamento e a opinión que nos transmitiron, sobre todo por coñecer de primeira man a realidade na súa contorna e de primeira man, a situación das mulleres. 

Curso de Reanimación Cardiopulmonar (RCP)

A intervención rápida ante unha parada cardio-respiratoria é vital para que os equipos de emerxencia poidan actuar e salvar vidas, e moitas veces, nós como parte  presencial e activa desa intervención, necesitamos coñecer como actuar correctamente.

  Por esta razón e continuando coa programación iniciada o curso pasado, organizouse dende o departamento de  Educación Física o Martes 9 de Xaneiro nunha xornada de formación de 2 horas e media de duración, en colaboración co CHUAC unha charla dirixida a todo o alumnado da ESO e 5º e 6º de educación primaria, dentro do “Programa de Divulgación en Doazón e Transplantes”.

 Na primeira sesión, impartida por Alejandro, enfermeiro do CHUAC e membro do equipo de Coordinación e Transplantes, vimos os aspectos básicos da Doazón de órganos.

 

 Na segunda sesión, despois das pautas básicas teóricas sobre a RCP (Reanimación Cardiopulmonar) ensinou ao alumnado a realizar a manobra de forma práctica.

 Toda unha experiencia que continuaremos dentro de este trimestre, coa formación básica para alumnado, dentro do Plan deportivo de centro a través do D. de E. física e dentro da programación da asignatura..

 

CELEBRACIÓN ACTIVIDADES DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA E DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCÍA DE XÉNERO

Na semana do 20 ao 25 de Novembro, pola celebración do “Día Universal da Infancía” (20 Novembro) e “Día Internacional contra a violencia de Xénero” (25 de Novembro), os departamentos de Orientación, E.Física, e Relixión e a materia de Identidade de Xénero, xunto coa colaboración do resto dos departamentos e profesorado en xeral, realizamos  unha serie de actividades en semanas previastendo o seu remate o Venres, 24 de Novembro, como xornada de celebración e colofón das mesmas, con a “II Carreira Solidaria Save the Children”.

 

-          Durante as semanas do 30 de Outubro o 10 de Novembro os alumnos que elaboraron unha frase- slogan en contra da violencia de xénero ou a favor da igualdade de xénero

-          Os días 13-14 de Novembro nos recreos,  cada clase co seu titor, pasou pola aula de “ Usos múltiples 3”, para realizar o “Photocoll de grupo, para o mural e as chapas que elaboramos posteriormente (as chapas as venderon para a excursión da neve os alumnos de Secundaria) e do que se encargaron os alumnos de Identidade de Xénero de 2º de Eso con axuda das profes.

-          O día 23- 24 de Novembro fixemos a maquetación das fotos (Departamento Orientación, Relixión e E.Física e Plástica ) e elaboración das chapas (os mesmos departamentos cos alumnos de Identidade de Xénero de 2º de Eso). Tamén fixemos os murais coas fotos e carteis e pegámolas no centro entre alumnado e profes.

-          Día 24 de Novembro: no  recreo, en Infantil, e Primaria se fixeron contacontos relacionados con o tema da violencia de xénero ou identidade de xénero ou os dereitos da infancia,, lidos polos alumnos/as de 2º de ESO da materia de Igualdade de Xénero, na biblioteca, así como o Programa de radio con actividades sobre este tema.

.

-          De 12:35-14:15 “Carreira Solidaria Save the Children, polos Dereitos dos Nenos/as e pola Igualdade de Xénero”, con participación de todo o centro, profes, persoal e nais/pais, en colaboración co responsable de Deportes do Axuntamento.

 

                                   

Nesta carreira solidaria recadamos 502,35€ para Save the Children 

Como celebramos varias conmemoraciones, a estructura da carreira foi  a seguinte:

* Como celebración do “Día Universal dos dereitos da Infancia”, os nenos /as de Primaria, correron acompañando a un neno/nena de infantil.

* Dentro do Programa TEI ( titoría entre iguais), os nenos de 3º e 5º-6º Primaria correron xuntos titor- titorando; e os de 1º e 3º e 4º Secundaria igualmente titor- tirorando.

* Como celebración do “Día Internacional contra a violencía de Xénero”, os alumnos/as de 3º correron rapaza-rapaz xuntos.

* E os profes, persoal, nais, pais...etc e resto, poden facelo acompañando a cada clase ou xuntos.

O final, cada alumna/o tivo o seu diploma de participación pola súa colaboración e aportación solidaria, e un agasallo para cada clase.

 

GRAZAS  POLA VOSA COLABORACIÓN MAIORITARÍA E EXTRAORDINARIA E POR FACER DESTES TEMAS UNHA CELEBRACIÓN SOLIDARIA, PARTICIPATIVA E IMPORTANTE¡¡¡

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS

Durante a xornada lectiva do 31 de outubro tivo lugar no CPI Virxe da Cela a celebración do Magosto 2017. Iniciamos a xornada con xogos e actividades deportivas populares e tradicionais para o alumnado de EI e EP. Todas elas se celebraron no patio interior do colexio e na aula de Psicomotricidade en horario de mañá (despois do recreo). Houbo xogos que se adaptaron para que a castaña pasara a sen un aspecto importante dentro deles (como por exemplo a culler-castaña) e outros “clásicos” como as carreiras de sacos. Para o desenvolvemento delas, contouse coa colaboración do alumnado de 3º da ESO.

  

   

                                

Visita do alumnado da ESO á Serra de Forgoselo

O pasado martes 17 de novembro ao alumnado da ESO foron de Excursión á Serra de Forgoselo, situada entre ois concellos de A Capela e As Pontes.
 
 
 
 
 
Durante esta actividade o alumnado traballou varios aspectos relacionados co currículo educativo:
 
En esta visita tiña como unha das finalidades valorar diversos aspectos ecolóxicos da zona. Como son as distintas paisaxes que podemos observar como as zonas de brañas, modelaxes graníticas e a peculiaridade desta Serra na que a explotación semiextensiva de gando equino e vacún, conxuntamente á explotación forestal, fai que se desenvolva un ecosistema de pastoreo característico no que destaca a ausencia en moitas zonas de monte baixo que engade ao valor paisaxístico unha protección fronte aos lumes.
 
 
Aspecto dunha das zonas de brañas. A intensa seca deste ano fai que zonas que antigamente nesta época do ano estaban encharcadas poidan ser agora transitables.
 
 
As formacións graníticas da zona engaden  un alto  valor paisaxístico a zona
 
 
 
A presenza de gando en réxime semiextensivo, ademáis do valor deste tipo de explotación, engade o valor de  axudar ao control da maleza e protexer contra a expansión dos incendios.
 
 
Outro dos atractivos que ademais da un valor engadido a este terreo é a presenza de cogomelos nesta época.
 
 
Non obstante tamén puidemos observar en certas zonas impactos sobre estes ecosistemas, como proliferación de eucaliptos, colonización dos toxos nas brañas moi ligado á progresiva seca das brañas polo cambio climático.
 
Nalgunhas zonas a proliferación de eucaliptos e toxos comeza a ser excesiva, poñendo en perigo o valor natural deste ecositema.
 
 
Tamén a resaltar  como esta Serra está moi ligada coa produción enerxética. Primeiro coa proximidade da antiga escombreira da mina de carbón de As Pontes, actualmente en proceso de rexeneración forestal; e actualmente co establecemento de parques eólicos nas proximidades. 
 
Ao fondo antiga escombreira da mina de carbón de As Pontes en proceso de rexeneración
 
Transitando pola serra co parque eólico ao fondo
 
Ademais a actividade serviu para traballar outros aspectos como desenvolver actividades físicas na natureza mediante a realización dun percorrido de 7 km pola Serra traballando ademais o manexo do mapa e orientación sobre o terreo, para o cal para a realización da ruta marcouse un percorrido nun mapa da zona.

VISITA A MONDOÑEDO "AS COVAS DO REI CENTOLO"e SEMANA DA BICICLETA

O día 26 de setembro o alumnado de 3º e 4º da ESO visitaron a localidade de Mondoñedo. Dita visita tiña como obxectivo coñecer unha das paisaxes máis peculiares do territorio galego, como é unha das pequenas franxas de terreo calcáreo que temos na nosa comunidade. Este tipo de terreo ten a peculiaridade de ser facilmente erosionado pola auga formando cavidades subterráneas e outro tipo de formacións características que en conxunto denomínase paisaxe cárstico. 

 Así o alumnado realizou unha actividade de espeleoloxía percorrendo durante hora e media aproximadamente 400 m dos 7km que ten a cova. Durante a visita puideron observar diferentes formacións típicas deste tipo de relevo como estalactitas e estalagmitas, así como percorrer galerías, túneles e observar un pequeno lago subterráneo.

Ademais a xornada aproveitouse para visitar a localidade de Mondoñedo, antiga capital de provincia de Galicia, onde puidemos valorar o seu extenso patrimonio arquitectónico e histórico, entre o que cabe destacar a súa catedral.

                                                                        

 

 

 Semana da bicicleta no CPI Virxe da Cela

 
 
Co gallo da Semana Europea da mobilidade e aproveitando  a organización polo Concello de Monfero e Irixoa o día 7 de outubro do paseo en bicicleta,  o noso centro ten programado a celebración da semana da bicicleta. A Semana Europea da Mobilidade, celebrada todos os anos entre o 16 e 22 de setembro é unha campaña dirixida a sensibilizar sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios do uso de modos de transporte máis sustentables como o transporte público, a bicicleta e as viaxes a pé.
 
Durante a primeira semana de outubro o alumnado poderá traer as súas bicicletas ao colexio e participar de diferentes actividades nos tempos de lecer do recreo e mediodía.
Os obxectivos desta actividade son:

-         

Fomentar o uso responsable da bicicleta como elemento lúdico no tempo de lecer

-         

Perfeccionamento no manexo da bicicleta e nocións básicas de mecánica

-         

Educación vial

 
 
 
 
Para isto realizamos no patio do colexio  distintas actividades e percorridos coa bicicleta no que engadimos diversas sinais de tráfico. Tivemos ademáis a visita de Francisco López Costoya, profesor de Educación  Física do IES As Mariñas de Betanzos e contrastado deportista no mundo da bicicleta na modalidade de orientación e  con varios títulos a nivel nacional e internacional que impartiu 2 sesións técnicas sobre manexo e seguridade na bicicleta.  
 
 
 
 
 
 
 

ENTREGA TROFEOS TORNEOS ESCOLARES E DIPLOMAS DELEGADOS/AS, SUBDELEGADOS/AS E DIPLOMAS COLABORACIÓN CURSO 2016-17.

O día 23 de Xuño do 2017, dentro do último día de clase, no Pavillón Polideportivo do Concello, tras un ano escolar de competicións deportivas da ESO, fixemos a entrega dos merecidos trofeos os equipos participantes ( detallados xa na nota sobre as competicións da páxina web e no Departamento de E.F) e o mellor xogador/ra (Adrián Mosquera de 4º ESO), mellor porteiro/ra( Pablo Maroño de 2º ESO) e o xogador/ra que máis se superou ( David Castrillón de 1º ESO), elixidos por todo o alumnado.

Ademais, a todo o alumnado participante se lle entregou un diploma de participación.

 

No mesmo acto, se entregaron tamén os diplomas os delegados/as-subdelegados/as de cada clase por parte de Dirección e Xefatura de estudos, e os de voluntariado por parte das profesoras de Relixión e C. Sociais, o curso de 4º de ESO.

VISITA AO RESTAURANTE “CASA SOLLA” DO COCIÑEIRO PEPE SOLLA (unha estrela Michelín)

VISITA AO RESTAURANTE “CASA SOLLA” DO COCIÑEIRO  PEPE SOLLA (unha estrela Michelín)

PROGAMA "EDUMOTIVA". 22 DE XUNIO DE 2017

Os alumnos/as de 1º e 2º de ESO, xunto coas profesoras Mª Jesús Puchares do Departamento de Orientación e Mª Teresa Blanco profesora de E.Física e Promoción de Hábitos saudables de Secundaria, fumos a visitar este día 22 de Xunio de 2017, o Restaurante “Casa Solla” en Poio, do prestixioso  e galardonado cociñeiro Pepe Solla, que ten concedida unha estrela Michelín.

A visita foi solicitada  e organizada polo Departamento de E.Física, a través da súa profesora, enmarcada  na programación da asignatura de Promoción de Hábitos saudables dentro do programa “Edumotiva”, que organiza e coordina a Xunta de Galicia, e que trata de achegar persoas  importantes e destacadas de diferentes ámbitos e profesións (Deportes, ciencia, restauración, investigación, etc..) da comunidade galega, o alumnado, para mostrarles o seu traballo, traxectoria e logros e motivar así, os alumnos, dandolles ademáis a fantástica oportunidade de acceder a elas e os seus coñecemntos, que de outra forma, sería menos doado.

O noso centro, neste caso, tivo o privilexio,  este ano de ser seleccionado para esta visita-obradoiro, entre numerosos centros de Galicia .

A visita  ( de 10 a 11:30) consisteu nunha charla-coloquio con Pepe Solla sobre a súa vida, e traxectoria profesional, ata chegar a donde está e a obtención da estrala Michelín, e unha visita guiada polo seu restaurante da súa man, coñecendo todos os aspectos que moven o funcionamento dun restaurante de alta cociña e as partes de que está composto, así como a posibilidade de ver de primeira man o funcionamento real, xa que puidemos ver a preparación dos pratos  para o menú do día,e o traballo de todo o seu persoal, a súa coordinación, profesionalidade e eficiencia.

Temos que sinalar, que se mostrou  unha persoa dunha gran calidade humna,   moi cercana e afable que nos atendeu moi ben, e cun grande sentido cívico e ecolóxico, no plantexamento do seu negocio contestando ademáis, a tódalas preguntas que lle fixeron os rapaces/as. E moi importante sinalar tamén, o que lle remarcou os rapaces con respecto os productos da terra, a súa valoración a boa elaboración e traballo ,a calidade  e a adquisición deles a través de a mayoría de productores locales. O noso sinxelo agradecemento.

Os nosos nenos/as, comportáronse estupendamente, sendo moi participativos e facéndolle preguntas moi interesantes; así  que coidamos que a visita foi positiva e moi constructiva, dado o interese que a maioría mostrou.

 Rematamos a xornada, con unhas horas de lecer en San Xenxo e a súa Praia de Silgar, que tamén o merecían os nenos. Voltamos sobre as 16:00 o centro, despois dun día moi gratificante.

XORNADA XOGOS POPULARES. SAMAÍN - MAGOSTO. 29/10/2016

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA PRIMARIA E SECUNDARIA

 O día 29 de Outubro do 2016, celebramos no centro, as actividades de Samaín e o Magosto. Dentro das actividades programadas, se entregaron os premios do concurso de decoración de portas por clases, do Samaín e tivemos una xornada de Xogos populares organizados polo Departamento de E. Física de Primaria  coa colaboración do Departamento de E. Física de Secundaría ( a través da participación dos alumnos/as no desenvolvemento dos xogos e control dos alumnos de primaria e infantil) e enmarcada dentro das actividades de Xogade do Plan Proxecta. Así, os máis pequenos participaron en múltiples xogos relacionados co Magosto e o seu producto estrela: as castañas. Os nenos/as do centro( así como nais/país e profes), disfrutaron dunha xornada lúdica e divertida, na que tamén os/as que quixerón, forón caracterizados con maquillaxe pola Directora do centro, que exerceu de maquilladora de efectos especiais,  sendo ademáis a xornada endulzada co chocolate que fixeron  os alumnos/as de 3º-4º para recaudar para a súa excursión de fin de curso.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut