Skip to Content

Entrega de notas da ESO

O vindeiro martes  23 de xuño entregaranse as notas da ESO de xeito presencial para ao alumnado que así o desexe. Ás 12:00 horas o alumnado pasará á súa aula co seu titor ou titora coidando de manter as distancias de seguridade. Por este motivo, a entrega das notas ao alumnado de 3º de ESO realizarase no taller de Tecnoloxía. Xunto coas notas entregarase o sobre de matrícula para o curso que vén, listaxes de libros e a documentación pertinente en cada caso.

A partir das 13:00 horas as notas e resto da documentación estarán en conserxería a disposición das familias de quen non asistiu ás 12:00. De non poder acudir o día 23 nesas franxas horarias, deberase concertar unha cita para máis adiante. Na aplicación Abalar poderanse ver as notas a partires do mesmo martes 23 ás 13:00

Ese mesmo día farase a devolución dos libros emprestados polo centro e pola Biblioteca, así como os de Fondolibros. Atendendo á normativa vixente, lembramos que de non devolver todos os emprestados por Fondolibros quedarán excluídos para as vindeiras solicitudes.

No caso do alumnado de 2º ESO sen materias para setembro, entregaranse tamén os portátiles Abalar xunto co documento de devolución asinado. Lembramos que tamén farán entrega dos equipos prestados pola Consellería por mor do COVID19 aquelas alumnas que os recibiran.

As normas de acceso ao centro son:

 - Manter en todo momento a distancia de seguridade.

 - Uso de mascarilla dentro do Centro.

 - Na entrada botar xel hidroalcohólico nas mans.



page | by Dr. Radut