EDUCACIÓN PRIMARIA

1º e 2º
As titoras enviarán as recomendacións de tarefas para estes días ás familias por correo electrónico.
 
3º e 4º
Os titores achegarán as tarefas para estes días a través do correo electrónico facilitado polas familias.
 
5º e 6º
Empregarase a aula Edixgal e mailo espazoAbalar para indicar as distintas tarefas a realizar polo alumnado. 
 
Educación Física
Colgaranse as actividades no blog da mestra:  https://ruthmariavarelamateos.blogspot.com//
 
Educación Plástica
Utilizarase a seguinte aula virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpivirxedacelamonfero/aulavirtual2/course/view.php?id=73
Para acceder hai que premer en Entrar como convidado

Educación Musical
As tarefas para o alumnado de 1º a 4º faranse chegar a través das titorías.
O alumnado de 5º e 6º realizará as actividades que aparezan na aula Edixgal.
 
Inglés:

  • Para os cursos de 1º a 4º as actividades a realizar serán as que se mostren no English blog que está nesta mesma páxina web, no menú Educación Infantil e Primaria , na columna esquerda da páxina.
  • Para os cursos de 5º e 6º mostraranse as tarefas na aula E-Dixgal.