Skip to Content

FACENDO RUIDO NO ENTROIDO INDIO

Benqueridas familias!!
Despois dun tempo de reflexión, volvemos ás nosas tarefas diarias!!
Coa chegada de Andree, tiñamos algunhas cousas pendentes, pero esta semana o entroido ocupou a maioría do noso tempo!!
Aquí tendes algunhas fotos que mostran esta semana de entroiadas e de volta ao traballo!
Comezamos cunha actividade de realidade aumentada proposta polo profe Diego, no que pintamos algúns animais, e logo puidemos velos en 3D na pantalla do ordenador!
 
 
 
Por outro lado, tiñamos pendente rematar o disfraz de Ana!!
Tarefa na que Elisa quixo colaborar!!
 
 
Desde que chegou Andree, somos 11, polo que todos os días tiñamos algunha discusión
porque algún deles quedaba fora da recta numérica, polo tanto tivemos que plastificar o número 11 e colocalo no seu sitio!!!
 
 
Todo isto sen deixar de lado as nosas rutinas diarias coma poñer os mandilóns para merenda, 
e repartir os manteles!!
 
 
Outra cousiña que tiñamos pendente foi rematar os átomos nos que reflexamos
a nosa comida, animal e color favorito,
para traballar o autoconcepto, así coma para fomentar a nosa autoestima.
 
 
Entre todos completamos o mural de Draco,
personaxe co cal traballamos as nosas competencias emocionais!!
 
 
Tamén houbo tempo, coma sempre, para xogo libre por recunchos...
 
 
E Por fin chegou a gabeta para Andree,
xa pode gardar as cousas na que ten o seu nome!!
 
 
E tamén o seu nome con plumas indias no seu percheiro!!!
 
 
E para rematar Andree de Xefe Indio!!
 
 
Rematamos cun pouco de lectura colectiva!!
 
 
Moreas de bicos e apertas para tod@s!!
 
"MI PADRE FUE A LA ESCUELA A APRENDER A LEER, MI HIJ@ VA A APRENDER A VIVIR"
MARIA DE MAR ROMERA MORÓN
 
 


page | by Dr. Radut