Skip to Content

Despedindo Novembro

Holiii familias!!! Aquí estamos de novo para mostrar as nosas andainas semanais!!

Esta semana estivo chea de grandes emocións!!

Estade moi atentos e poderedes comprobalo!!!

Comezamos a semana recibindo un agasallo de Asier...
un penacho indio para cada un!!!!
 
 
Tamén fixemos un obradoiro de cociña...batido de kakis!!!
 
 
KAKIS...froita de outono...
 
 
Iogurt natural...
 
 
e moito cacao!!!
 
 
E para rematar pasamos todo pola batedora!!!
 
 
E como non...probamos o resultado final...invitando ao profe Diego para agradecer a súa axuda!!
 
 
Tamén utilizamos as nosas pegadas para facer o noso árbore de outono!!
 
 
Que quedou así de chulo!!!
 
 
Pero tivemos que facer un parón, xa que o mércores, recibimos unha visita moi divertida!!!
 
 
Un paiaso que nos deixou abraiados!!!!
 
 
Á volta, practicamos un pouco de psicomotricidade fina...
 
 
seguindo os puntos para construir flechas e tipis indios!!!
 
 
E rematamos as árbores de outono tamén!!!
 
 
E aquí vos presentamos ás bibliotecarias da aula...
 
 
 
repartindo contos para tod@s no carro da compra!!!
 
 
Mentres, outros constrúen granxas para os animais no xeoplano xigante!!!
 
 
E ata temos tempo de debuxar á profe!!!
 
 
Outro día, continuamos cós pasaportes!!
 
 
Primeiro a foto...e despois o nome!!!
 
 
Probando as letras magnéticas...profe que escribín aquí???
 
 
E por fin...chegou o día do urban planet!!!
 
 
Aquí podedes observar alguna foto de mostra...
 
 
pero noutra sección deste blogue...
 
 
poderedes desfrutar dun vídeo completo desta saída tan espectacular!!!
 
 
Jumping!!!
 
 
Parece que saltar...nos deixou esgotados!!!
 
 
E de súpeto...Ulises quixo contar un conto!!
 
 
E tod@s, moi atentos, escoitamos!!!
 
 
Pero, Carla tamén se animou!! E contou outro!!
 
 
Aquí está Ana contando os nen@s que fomos ao cole coa barita máxica!!!
 
 
Repartindo os manteles para merendar!!!
 
 
E aquí presentamos o noso recuncho novo...a mesa de experimentación natural!!!
 
 
Oink...oink!!!
 
 
E por último, a nosa ruleta das emocións...feita por nos mesmos!!!
 
 
 
Ata a semana que ven familias!!!!
 
Bicos e apertas!!!


page | by Dr. Radut