Skip to Content

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2018/2019

Xúntase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

 

 Descargar SOLICITUDE (soamente se cubrirán os Anexos I e II que son as tres primeiras follas)

Prazo de presentación: do 22/05/2018 ao 22/06/2018

Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2018/19, o procedemento ED330B relativo:

a) Á participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO); cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2017/18.

 b) Á convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.

c) Á convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP e ESO.

2. O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2018/19 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas na disposición adicional primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

A onde acudir

Ao centro docente onde vaia matricularse no curso 2018/2019.

Cando o alumnado aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2018/19, deberá dirixirse ao centro no que estea matriculado no curso 2017/2018.

 Obrigas das persoas beneficiarias:

 1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18.

Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º

A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2018/19.

 2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2018/19 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.

 3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.

 4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

 5. Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

 Enlace á Sede electrónica para a presentación on line



page | by Dr. Radut