Skip to Content

Acadado o 1º Premio no Concurso de Programación Scratch

 

Finalmente o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) entregou os galardóns da segunda convocatoria do seu Concurso de Scratch Aprendo programdo, unha iniciativa dirixida a fomentar nos escolares o interese polo desenvolvemento informático, ou sexa, por construír coas súas propias mans a Sociedade do Coñecemento botando man da ferramenta Scratch.  

 

O certame tivo como temática, para nesta segunda edición, “convivir en igualdade”  e estivo patrocinado por El Corte Inglés e Alvarellos Editora. 

 

O acto estivo presidido por Marcos Mata, presidente do CPETIG; Maximino Tuñas, responsable de Sistemas de Información El Corte Inglés Santiago; e Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora.

 

Así, o xurado do II Concurso de Scratch Aprendo Programando, emitiu o seguinte fallo:

 

Na categoría de primaria, o 1º premio recaeu no proxecto  Farm Adventure do grupo Os5imparables do centro CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA baixo a supervisión de Camino Pereiro González. e o 2º premio no Proxecto As inventoras do grupo gijasaed do centro CEIP SAN MARTIÑO baixo a supervisión de Ángeles Martín Méndez

En canto á categoría de secundaria, o 1º premio acadouno o Proxecto Convivir no Mestre Landin do grupo MLprogramers do centro IES MESTRE LANDIN baixo a supervisión de Héber Jaime García Fernández e o segundo premio foi para o proxecto Proxecto IgualDado do grupo 2ºESO do centro IES CARLOS CASARES baixo a supervisión de Almudena Rouco Vilar

 

 

 

 AQUÍ PODES XOGAR CO XOGO GAÑADOR:
 
 
Un neno con diversidade funcional foi a unha granxa, pero o granxeiro non lle deixaba pasar, entón deberá respostar a unhas preguntas para poder entrar. Ao acertar as preguntas escápase unha vaca e hai que collela. Para facelo tedes que amosar canto coñecedes destes animais, así volveran á escola.
 
  


page | by Dr. Radut