Skip to Content

Acadado o 1º Premio no Concurso de Programación Scratch

 

Finalmente o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) entregou os galardóns da segunda convocatoria do seu Concurso de Scratch Aprendo programdo, unha iniciativa dirixida a fomentar nos escolares o interese polo desenvolvemento informático, ou sexa, por construír coas súas propias mans a Sociedade do Coñecemento botando man da ferramenta Scratch.  

 

O certame tivo como temática, para nesta segunda edición, “convivir en igualdade”  e estivo patrocinado por El Corte Inglés e Alvarellos Editora. 

 

O acto estivo presidido por Marcos Mata, presidente do CPETIG; Maximino Tuñas, responsable de Sistemas de Información El Corte Inglés Santiago; e Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora.

 

Así, o xurado do II Concurso de Scratch Aprendo Programando, emitiu o seguinte fallo:

 

Na categoría de primaria, o 1º premio recaeu no proxecto  Farm Adventure do grupo Os5imparables do centro CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA baixo a supervisión de Camino Pereiro González. e o 2º premio no Proxecto As inventoras do grupo gijasaed do centro CEIP SAN MARTIÑO baixo a supervisión de Ángeles Martín Méndez

En canto á categoría de secundaria, o 1º premio acadouno o Proxecto Convivir no Mestre Landin do grupo MLprogramers do centro IES MESTRE LANDIN baixo a supervisión de Héber Jaime García Fernández e o segundo premio foi para o proxecto Proxecto IgualDado do grupo 2ºESO do centro IES CARLOS CASARES baixo a supervisión de Almudena Rouco Vilar

 

 

 

 AQUÍ PODES XOGAR CO XOGO GAÑADOR:
 
 
Un neno con diversidade funcional foi a unha granxa, pero o granxeiro non lle deixaba pasar, entón deberá respostar a unhas preguntas para poder entrar. Ao acertar as preguntas escápase unha vaca e hai que collela. Para facelo tedes que amosar canto coñecedes destes animais, así volveran á escola.
 
  

GRADUACIÓN ALUMNOS 4º ESO NO VIRXE DA CELA

 

Despois de varias semanas de traballo intenso, exames, estrés, chegou o momento máis desexado: o final de curso. E para o alumnado de 4º da ESO esta foi a derradeira xornada no CPI Virxe da Cela, despois de trece anos compartindo aula e pupitre... Ante estes marabillosos rapaces e rapazas preséntase unha nova etapa na vida, noutro centro educativo. Botaremos en falta os vosos sorrisos e a vosa alegría, e vos desexamos o mellor. E xa sabes...non dubidedes en pasarvos polo noso e o voso "cole" a facernos unha visita. Sempre será a vosa casa.

OS NOSOS PROXECTOS NA PRENSA

 

 

O VIRXE DA CELA NA GEN10S Party MADRID, 12 de xuño de 2017

Tres alumnos de primaria do noso cole xunto a súa profe Camino participan na GEN10S Party  que se está a celebrar hoxe 12 de xuño en Madrid.
A GEN10S Party  é un evento no que os equipos participantes mostran e comparten as súas propostas para resolver o reto de Xene1Os. En cada edición, proponse unha temática que convide os equipos participantes a reflexionar sobre a mellora dalgún aspecto da súa contorna social. A organización describirá a temática e engadirá un conxunto de restricións para dar complexidade ao reto.
 
A temática deste ano 2017  é: A loita contra o traballo infantil e o reto programar unha historia, unha historia interactiva, un videoxogo ou unha aplicación na que se aborde a problemática dos nenos e nenas que son obrigados a traballar (no campo, nunha fábrica, etc.)
 
A xornada concluirá con talleres de innovación tecnolóxica dirixidos aos nenos e nenas participantes.
Moita sorte aos rapaces do noso cole e a súa profe Camino que están nestes momentos gozando da experiencia en Madrid.
 

CHARLA IGUALDADE A TRAVÉS DO DEPORTE

O luns 22 de Maio de 2017, de 10:35 a 11:20, tivemos a charla sobre “ Igualdade a través do deporte”, enmarcada no Proxecto  do mesmo nome, que leva a cabo a Xunta de Galicia e dentro das actividades previstas polo Departamento de Educación Física de Secundaria. A charla, que como sinalei, foi para todo o alumnado de Secundaría e  se extendeu a 5º e 6º de Primaria, pola importancia dos valores traballados.

 

A Xunta, no desenvolvemento de dito programa,  trata de plantexar esta campaña ensalzando a igualdade no deporte, buscando acabar cos esterotipos de deportes masculinos e femininos, xa que o deporte é saúde, educación, aprendizaxe, disciplina, hábitos, superación , esforzó…, e estes adxectivos, non entenden de sexo, pero si nos fan crecer como personas, homes e mulleres, que tanto uns coma outros, están capacitados física e psíquicamente para realizar calquer deporte, tan só se necesitan cualidades humanas: ESFORZO, TRABALLO E PAIXÓN.  Valores intrínsecos, todos eles, a asignatura de Educación Física, que pretendo non solo desenvolver a través do Deporte e a Actividade Física, se non ademáis reforzar e instaurar nos nosos alumnos/as e que  forman parte  tamén, da propia filosofía do CPI Virxe da Cela, e do que día a día pretende lograr o conxunto do profesorado. 

Así, os obxectivos que pretendía acadar a actividade foron:

-Educar en valores.

-

-Poñer en valor a muller no deporte.

-

-Enaltecer a paridade de homes e mulleres no deporte. 

 

A actividade consistiu nunha charla, coa proxección dun video (dunha duración de 4 minutos, que podedes ver na páxina web do Cpi, na páxina principal ou en Departamentos-Educación física- actividades extraescolares), onde se insertaron imaxes dos éxitos deportivos das mulleres, como por exemplo:

-Final Champions League de Vero Voguete

-Final Olímpica de Teresa Portela.

-A medalla de Bronce de Begoña Fernández en London 2012

-Imaxes dos xogos olímpicos de Tamara Echegoyen.

-O Mundial de Susana Rodríguez.

Tamén, entre estas imaxes aparecen mensaxes dos mellores deportistas do mundo de esas modalidades, e que ademáis son galegos, como:

-Lucas Perez (RDC: Deportivo) e Sergio (Real Club Celta)

-- David Cal (Piragüismo, campión olímpico)

-Pablo Cacheda (internacional español)

-Antón Paz (Vela, campión olímpico)

-Javier Gómez Noya (Triatlón)

Todo o material audio-visual e carteis, podedes velos na páxina web do Cpi, e na etiqueta de Departamentos-E.Física-Actividades extraescolares.

 

 

XORNADA DE DEPORTE ESCOLAR “ XOGOS NA PRAIA: DEPORTE NAÚTICO PRAIA DE ARES CURSO 2017

Este Xoves 18 de Maio, todos os cursos da ESO coa profesora de E. Física Mº Teresa Blanco Martinez e o profesor de Bioloxía David Casado, e dentro das actividades extraescolares, contempladas na programación da materia de E.F, a través do Coordinador de deportes do Axuntamento de Monfero, sendo organizadas pola SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA, CONCELLARÍAS DE DEPORTES DOS CONCELLOS DE ARES E MUGARDOS, WINDSURFZONA NORTE, C.MARÍTIMO DE REDES, CNAÚTICO RÍA DE ARES,  participamos nas actividades acuáticas que tiveron lugar na praia de Ares. O día 16 de Maio, tamén os alumnos de 6º de Primaria, igualmente, realizaron ditas actividades, acompañadas pola profesora de E.F

Foi non só unha xornada de práctica físico-deportiva, se non tamén de convivencia xa que demáis do noso colexio, participaron tamén: Colexio As Mirandas, Unión Mugardesa, Santiago Apóstolo, Loyola  e Instituto de Mugardos.

A xornada tivo lugar na zona da praia de Ares,  na contorna da Rampa Grande ( a situada enfronte á Cafetería Avenida), en horario de 10:30 a 13:30. 

RESUMO DA PROPOSTA DE XORNADA:

Desenvolverase unha xornada deportiva e lúdica, na que plantexaremos nove estacións nas que participarán cada colexio na súa totalidade durante un tempo estimado de 15-20 min. E a continuación rotarase a outra estación de forma que ao final da xornada todos os participantes teñan pasado por todas as actividades propostas, a saber: 

-          Cachibol praia( 6º de Ed. P.) e volei praia ( 1º e 2º da ESO).

-          Zona de fútbol praia.

-          Zona de balonmán praia.

-          Zona de balocesto na praia.

-          Zona de carreiras e xogos na praia de habelencias.

-          Zona de kaiak.

-          Zona de táboa de vela.

-          Zona de padel surf.

-          Zona de vela.

MAIOS 2017

 

O Venres 19 de Maio, no patio interior do Cpi , se levou a cabo as actividades de celebración conxunta do Día das Letras Galegas e os Maios.

As actividades foron realizadas por alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria conxuntamente, consistindo na lectura de textos, elaboración dunha alfombra e decoracións florais e a representación dunha coreografía de baile tradicional galego con unha interpretación músical, enmarcada dentro do programa  Xogade , modalidade Movete+ do Plan Proxecta.

 

 

O traballo da preparación da actividade foi conxunto e  interdepartamental de Infantil, Primaria e Secundaria, foi a través diversos Departamentos tales como  Música, Plástica, Relixión, E.Física, Lingua, Bioloxía, etc e as Dirección e Xefaturas de primaria e secundaria, conxuntamente.

 

DAFIS (CURSO 2016-17)- DATOS SOBRE A VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA SAUDABLE PRIMARIA/SECUNDARIA.

Este curso participamos de novo, e estendendo dita participación a Ensinanza Secundaría, en DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), enmarcado no Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Este programa aparece para facilitarnos aos profesores a valoración da condición física dos nosos alumnos e no noso CPI estamos a desenvolvelo dentro do Plan Proxecta. Os protocolos de valoración pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde (forza, resistencia, flexibilidade, axilidade-velocidade) e permite coñecer en qué estado físico se atopa un alumno para decidir cales son os aspectos que necesitan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.

A continuación publicamos un documento no que aparecen os resultados por idade e sexo en cada unha das probas físicas e no IMC. As cores verdes indican que os valores se corresponden cunha condición física saudable e as cores vermellas nos avisan que debemos mellorar nesas cualidades físicas. En cada unha das probas podemos comparar tamén os resultados coa mediana en Galicia.

 

En xeral, estamos  contentos cos resultados obtidos polo noso alumnado, aínda que temos que traballar un pouco máis na mellora dalgunha das cualidades físicas, como forza e flexibilidade de cara o curso que ven .Vos animamos a seguir practicando actividade física e deportiva non só no centro, se non nas vosas horas de lecer, fora del, e sobre todo, no fantástico verán que está por vir. Noraboa rapazas e rapaces do Xestal!!!

 

No arquivo adxunto podes ver o informe do centro:

 

APERTURA DO PRAZO PARA AS AXUDAS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO

  • As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes.
  • Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e dos catro cursos de ESO de centros sostidos con fondos públicos
  • O alumnado de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial poderá optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía entre 90 e 170 euros segundo a renda per cápita no primeiro caso; ou de 250 euros para o alumnado de Educación Especial
  • A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros

Enlace para máis información

Orde do 16 de maio de 2017

Solicitude

ANDAINA do 26 abril de 2017

 


O mércores 26 os alumnos/as  de secundaria dos centros escolares  dos concellos de Mugardos e Monfero (os CPI Mugardos e  Virxe da Cela)  realizaron unha ruta de senderismo , saíndo do Lugar de O Redondo na parroquia de Queixeiro, pasando pola ponte do Pulín, seguindo o percorrido por enrriba do canle de auga para subir polo antigo camiño Real ata o lugar de Hermida en San Bartolomé. O percorrido continuou polo camiño da Portixola para acadar  mirador de A Pena do Teixo,rematando a ruta, en Sanguiñedo despois de percorrer 11km.
O Departamento de E.Física e o CPI ten que agradecer a organización e colaboración do Concello de Monfero, a través do coordinador de Deportes (Amando), na realización de dita actividade e por darnos a posibilidade de poder participar nela

Distribuir contido


by Dr. Radut