Skip to Content

“Monfero en clave feminina”.Proxecto anual de investigación, 2º Eso

Dentro da materia de Igualdade de Xénero e en colaboración co Departamento de Orientación e O Concello de Monfero, o alumnado que cursa a materia de Igualdade de Xénero, vai a realizar ao longo do ano, para concluílo e presentalo no último trimestre ao Concello e á propia comunidade educativa, un proxecto de investigación, que a parte de constituír o 50% da nota global da materia, acerca a realidade e o papel da muller no concello onde residen: Monfero. O proxecto ten como obxectivos os sinalados anteriormente na materia pero ademais, mostrar e visibilizar a realidade das mulleres no entorno real dos alumnos e alumnas: os seus roles, as súas actividades de vida diaria, profesións, educación e formación, aspiracións, papel na familia, a valoración pola súa familia, parella, xefas e xefes, contorna, os estereotipos predominantes, as posibles situacións de trato e violencia, de discriminación ou non, etc. E propoñer ademais o final da investigación como obxectivo e conclusión, melloras ou posibles alternativas, solucións ou reforzos, a aqueles aspectos que se detectaran como discriminativos, inxustos ou nocivos, resaltando tamén os positivos, a través dunha charla- exposición- presentación ao propio concello, no Centro escolar, con asistencia das familias e comunidade educativa, das conclusións acadadas polos propios alumnos e alumnas tras a súa investigación de campo.
 
 
 
O traballo, que se vai estruturar en  3 bloques ou fases que coinciden cos tres trimestres do curso:
- 1º bloque: de investigación de campo (información varia: estatísticas e enquisas, etc. no centro, casa, contorna, concello).
- 2º bloque: volcado de datos e análise da información
- 3º bloque: elaboración de conclusións e propostas de mellora e presentación final.
 
Reunión no Concello de Monfero
 
Dentro do traballo do 1º bloque, entra a nosa visita o Concello de Monfero, e a entrevista  a Maica, (traballora social do Concello)que ademais  de atender pacientemente e amablemente as  nosas preguntas e aportarnos moita información, nos facilitou  o II Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres, para poder traballar sobre el, e que nos facilita un amplo coñecemento sobre a realidade da temática que tratamos en relación o noso concello. Tamén pasou a saudar e deixarse entrevistar  o Alcalde do Concello de Monfero, (, feita polos alumnos da materia de Igualdade de Xénero, de 2º de ESO: Daniela, Hector Bouzeta e David Castrillón.
Os nosos alumnos/a exerceron de pequenos repororteiros, con actidude critica e responsable, facendo non só pregreguntas axeitadas, se non tamén aportacións e opinións moi positivas e interesantes., que nos fixeron sentir moi orgullosas, sendo a experiencia moi positiva en canto a o seu comportamento e a opinión que nos transmitiron, sobre todo por coñecer de primeira man a realidade na súa contorna e de primeira man, a situación das mulleres. 

PROXECTO CIBERMANAGERS PARA A IGUALDADE

 
O Departamento de Orientación e a Profesora da materia de Igualdade de Xénero, dentro do Progama “ 365 días de Igualdade” do Plan Proxecta avalado pola Consellería de Igualdade da Xunta de Galicia, pon en marcha o proxecto “Cibermanagers”, baseado na aprendizaxe servizo solidario ,  a través do departamento de psicoloxía de PantallasAmigas*( Entidade sen ánimo de lucro, co obxectivo de fomentar o uso seguro e saudable das tecnoloxías e o fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e na adolescencia, así como en todas as persoas involucradas na súa educación.). motivadas ademais,  polo alto índice de machismo na nosa sociedade e o incremento do mesmo entre os adolescentes
É un proxecto intensivo que se realiza ao longo dunha semana e que consta de catro fases desenvoltas polo equipo de PantallasAmigas:
 


Fase 1. Formación xeral para os grupos de 2º e 3º de ESO durante dúas horas consecutivas (Luns 29 de xaneiro, 2ª e 3ª hora todo o alumnado de 2º e 3º ESO).

Fase 2: Capacitación do grupo de voluntarios e voluntarias. Dos cursos 2º e 3º ESO elixirase un grupo de voluntarios e voluntarias que recibirán 6 horas de formación específica en materia de xénero, así como de habilidades para a xestión de grupos e solución de conflitos. (Martes, 30 xaneiro 4ª e 5ª hora, mércores, 31 xaneiro 5ª e 6ª hora e xoves, 1 de febreiro a 4ª e 5ª hora. Só alumnado voluntario de 2º e 3º ESO, o resto quedará co profe na aula).
 

 Fase 3: Servizo en 5º e 6º de Educación Primaria: o grupo de voluntarios e voluntarias, acudirá ás clases dos seus compañeiros/as máis novos ao longo de dúas clases consecutivas a realizar unha formación teórico-práctica previamente preparada. (venres 2 de febreiro a 1ª e 2ª hora. Alumnado voluntario de 2º e 3º ESO e alumnado de 5º e 6º de Primaria).

Fase 4: Sesión teórica para as familias do centro educativo. O alumnado de 5º e 6º de Primaria realizará unha sesión conxunta coas súas familias, dirixida polo equipo de PantallasAmigas e o equipo de voluntarios e voluntarias (Aún sen data).

Actuación de Xoan Curiel e Jara

O luns 18 de decembro tivemos a visita de Xoan Curiel e Jara que nos fixeron un percorrido por diferentes estilos musicais. Xoan co ukelele e a guitarra aprendeunos a diferenciar o blues, reggae, rock ou a bossa nova e Jara iniciounos nas distintas formas de tocar a pandeireta, con ela escoitamos a muiñeira, a jota ou a rumba. Despois tocaron xuntos unhas pezas e algúns compañeiros axudáronlles no escenario a preparar a coreografía. Pasámolo fenomenal!!!

 

 

 

 

 

Curso de Reanimación Cardiopulmonar (RCP)

A intervención rápida ante unha parada cardio-respiratoria é vital para que os equipos de emerxencia poidan actuar e salvar vidas, e moitas veces, nós como parte  presencial e activa desa intervención, necesitamos coñecer como actuar correctamente.

  Por esta razón e continuando coa programación iniciada o curso pasado, organizouse dende o departamento de  Educación Física o Martes 9 de Xaneiro nunha xornada de formación de 2 horas e media de duración, en colaboración co CHUAC unha charla dirixida a todo o alumnado da ESO e 5º e 6º de educación primaria, dentro do “Programa de Divulgación en Doazón e Transplantes”.

 Na primeira sesión, impartida por Alejandro, enfermeiro do CHUAC e membro do equipo de Coordinación e Transplantes, vimos os aspectos básicos da Doazón de órganos.

 

 Na segunda sesión, despois das pautas básicas teóricas sobre a RCP (Reanimación Cardiopulmonar) ensinou ao alumnado a realizar a manobra de forma práctica.

 Toda unha experiencia que continuaremos dentro de este trimestre, coa formación básica para alumnado, dentro do Plan deportivo de centro a través do D. de E. física e dentro da programación da asignatura..

 

FELICITACIÓN DE NADAL

A COMUNIDADE EDUCATIVA CO CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA DESÉXAVOS A TODOS UN BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2018, CHEO DE NOVOS PROXECTOS E ILUSIÓNS.

 
 

 

 

DECORACIÓN DE NADAL NO COMEDOR ESCOLAR

Xa temos decorado o comedor cos traballos que fixeron os nenos, nenas e familias do CPI Virxe da Cela. Neste vídeo podedes ver o resultado final así como cada un dos traballos:

 

 

MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA CONTRIBUCIÓN¡¡¡

CELEBRACIÓN ACTIVIDADES DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA E DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCÍA DE XÉNERO

Na semana do 20 ao 25 de Novembro, pola celebración do “Día Universal da Infancía” (20 Novembro) e “Día Internacional contra a violencia de Xénero” (25 de Novembro), os departamentos de Orientación, E.Física, e Relixión e a materia de Identidade de Xénero, xunto coa colaboración do resto dos departamentos e profesorado en xeral, realizamos  unha serie de actividades en semanas previastendo o seu remate o Venres, 24 de Novembro, como xornada de celebración e colofón das mesmas, con a “II Carreira Solidaria Save the Children”.

 

-          Durante as semanas do 30 de Outubro o 10 de Novembro os alumnos que elaboraron unha frase- slogan en contra da violencia de xénero ou a favor da igualdade de xénero

-          Os días 13-14 de Novembro nos recreos,  cada clase co seu titor, pasou pola aula de “ Usos múltiples 3”, para realizar o “Photocoll de grupo, para o mural e as chapas que elaboramos posteriormente (as chapas as venderon para a excursión da neve os alumnos de Secundaria) e do que se encargaron os alumnos de Identidade de Xénero de 2º de Eso con axuda das profes.

-          O día 23- 24 de Novembro fixemos a maquetación das fotos (Departamento Orientación, Relixión e E.Física e Plástica ) e elaboración das chapas (os mesmos departamentos cos alumnos de Identidade de Xénero de 2º de Eso). Tamén fixemos os murais coas fotos e carteis e pegámolas no centro entre alumnado e profes.

-          Día 24 de Novembro: no  recreo, en Infantil, e Primaria se fixeron contacontos relacionados con o tema da violencia de xénero ou identidade de xénero ou os dereitos da infancia,, lidos polos alumnos/as de 2º de ESO da materia de Igualdade de Xénero, na biblioteca, así como o Programa de radio con actividades sobre este tema.

.

-          De 12:35-14:15 “Carreira Solidaria Save the Children, polos Dereitos dos Nenos/as e pola Igualdade de Xénero”, con participación de todo o centro, profes, persoal e nais/pais, en colaboración co responsable de Deportes do Axuntamento.

 

                                   

Nesta carreira solidaria recadamos 502,35€ para Save the Children 

Como celebramos varias conmemoraciones, a estructura da carreira foi  a seguinte:

* Como celebración do “Día Universal dos dereitos da Infancia”, os nenos /as de Primaria, correron acompañando a un neno/nena de infantil.

* Dentro do Programa TEI ( titoría entre iguais), os nenos de 3º e 5º-6º Primaria correron xuntos titor- titorando; e os de 1º e 3º e 4º Secundaria igualmente titor- tirorando.

* Como celebración do “Día Internacional contra a violencía de Xénero”, os alumnos/as de 3º correron rapaza-rapaz xuntos.

* E os profes, persoal, nais, pais...etc e resto, poden facelo acompañando a cada clase ou xuntos.

O final, cada alumna/o tivo o seu diploma de participación pola súa colaboración e aportación solidaria, e un agasallo para cada clase.

 

GRAZAS  POLA VOSA COLABORACIÓN MAIORITARÍA E EXTRAORDINARIA E POR FACER DESTES TEMAS UNHA CELEBRACIÓN SOLIDARIA, PARTICIPATIVA E IMPORTANTE¡¡¡

O CPI VIRXE DA CELA NO CONGRESO DOS DIPUTADOS

 Hoxe o CPI Plurilingüe Virxe da Cela participou no Acto Estatal da Semana Mundial pola Educación.
 
No Congreso dos deputados, ante as Comisións de Cooperación Internacional, Educación, Asuntos Exteriores e Comisión de Dereitos da Infancia e a Adolescencia, a nosa alumna de 1º da ESO, Ariadna Díaz, e a nosa Directora Camino Pereiro actuaron como embaixadoras galegas representando aos máis de 2000  alumnos e alumnas que o ano pasado traballaron na Campaña Mundial pola Educación, e realizaron unha petición aos nosos gobernantes para que cumpran as súas promesas cara a consecución da Axenda 2030 en concreto do Obxectivo 4: a  Educación Universal e de Calidade.  
Noraboa as dúas!!!
 
Aquí podedes ver as súas intervencións
 
 

                                                 

                                                  

Samaín na biblioteca

                 

 
Xa está aquí de novo o Samaín, unha festa de orixe celta que os EEUU popularizaron como Halloween e difundiron a través do cinema.
Os antigos celtas dividían o ano en dúas metades: unha luminosa, de fartanza, calor e verán , e outra  escura, de escaseza, frío e inverno. No medio das dúas quedaba a noite de Samaín, unha noite máxica na que os espíritos malignos quedaban ceibes e os defuntos visitaban as casas.
Coa chegada dos romanos e máis tarde do cristianismo, a maior parte das tradicións pagás foron alteradas  ou prohibidas. A noite converteuse na de Todos os Santos, aínda que pola costa atlántica de Europa perviviu  o costume de lembrarse dos mortos e a crenza de que as meigas elixían o 31 de outubro para realizar os seus aquelarres.
En Irlanda, as vellas tradicións conserváronse durante toda a Idade Media, e foron os inmigrantes irlandeses os que levaron os vellos costumes aos Estados Unidos

 

E na nosa biblio andamos entre cabazas e portas terroríficas celebrando o samaín. Preparamos un mural na porta de entrada co título “Eu teño medo a…” onde deixar os nosos medos.

Tamén podedes achegarvos ao recantiño de lecturas de terror onde encontraredes un montón de libros de medo… medo????, quen dixo medo???. Atrévete a descubrilos!!!

 
 

 

 

 

O CPI VIRXE DA CELA: 1º PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2017

 
 

              

              
 O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu hoxe o acto de entrega dos Premios Proxecta de Innovación educativa correspondentes ao curso 2016/ 17, que teñen como obxectivo consolidar e visibilizar a metodoloxía de traballo por proxectos que poñen en marcha os centros participantes no Plan Proxecta. Durante a súa intervención o conselleiro salientou o poder da educación e da formación para acadar as mellores oportunidades que nos brinda o tempo no que vivimos, “a fin de convertelas en novas posibilidades de crecemento económico e social”. Neste sentido, sinalou os Premios Proxecta como uns galardóns que contribúen a que o ensino se adapte ás expectativas futuras, dado que buscan incentivar o desenvolvemento de técnicas de innovación educativa, motivadoras, dinámicas e á vangarda. 

 
    Desta forma, estes galardóns recoñecen a traxectoria colaborativa e multidisciplinar dos centros, buscando integrar dinámicas que incentiven o emprendemento e a creatividade nas aulas, a formación en valores cívicos e sociais, o pensamento crítico, a xestión da diversidade e o traballo en equipo. Así mesmo, contribúen a preparar ao alumnado “para facerse oco nunha sociedade cada vez máis tecnificada”. O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia agradeceu a todas as persoas que fan posible tanto o Plan Proxecta como os premios o seu esforzo diario e compromiso coa educación como ferramenta para mellorar o futuro. Así mesmo felicitou a docentes e alumnos polo traballo realizado, que serve de exemplo de boa práctica e axuda a avanzar ao conxunto da comunidade educativa. 
 

 Centros galardoados

Na categoría A, dirixida ás Escolas de Educación Infantil (EEI), aos Colexios Rurais Agrupados (CRA), aos Centros de Educación Especial (CEE), aos Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP) e aos Centros de Educación Primaria (CEP); o primeiro premio foi para o CEIP de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa), o segundo para o CEIP de Laredo (Redondela) e os terceiros para o CEIP A Rúa (Cangas) e o CEIP Illas Cíes (Vigo). Nesta mesma categoría obtiveron un accésit pola calidade dos seus traballos os CEIP de Espedregada (Pontevedra), Plurilingüe Riomaior (Vilaboa), Plurilingüe San Marcos (Abegondo), Plurilingüe Curros Enríquez (Celanova), Xesús San Luís Romero (Carballo) e Plurilingüe San Xoán de Filgueira (Ferrol). 
 
Na modalidade B, destinada á participación de Centros Públicos Integrados (CPI), Institutos de Educación Secundaria (IES), Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) e centros públicos de educación e promoción de adultos; o primeiro premio foi para o CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero), o segundo para o IES Carlos Casares (Vigo), e os terceiros para os IES A Pinguela (Monforte de Lemos) e A Cachada (Boiro). Nesta categoría obtiveron accésit os IES Terra de Trasancos (Narón), Fontem Albei (A Fonsagrada) e Brión (Brión), o CIFP Coroso (Ribeira) e os CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) e Terras de Maside (Maside). 

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DA ESO

Xa están expostas, na entrada principal, as listaxes da asignación dos libros do Fondo Solidario na ESO.

No caso de 1º e 2º da ESO tódolos alumnos solicitantes recibirán os libros de Lingua Galega, Xeografía e Historia e Inglés. Os demais son libros dixitais, polo tanto aínda que figuran na lista non serán entregados.

O reparto de libros farase os primeiros días de clase xa que algúns deles aínda non os temos no centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut