Skip to Content

MARCHA POLA EDUCACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

 
 

 

 
    Tal como enfatiza o lema da Campaña Mundial pola Educación 2018, “A educación é o camiño cara a paz”. Despois do intenso traballo realizado nas aulas durante este curso académico chegou ao hora de visibilizar as nosas aprendizaxes a través dunha acción de incidencia política que tivo lugar o pasado xoves día 3 de maio de 2018 en Santiago de Compostela. Tras un acto oficial no auditorio ABANCA no que os alumnos e alumnas dos centros galegos participantes na CME amosaron o seu traballo, a mocidade lanzouse as rúas portando pancartas e cantando as súas consignas en dirección á praza da Quintana, onde foron recibidos por varios políticos: o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, Don José Manuel Pinal; a Subdirectora Xeral de Cooperación Exterior, Dona Pilar Romero; a Concelleira santiaguesa de Políticas Sociais, Diversidade e Cooperación, Dona Concepción Fernández e o Concelleiro santiagués de Educación, Cidadanía e Dereitos Humanos, Don Manuel Dios. 
 
    Ainhoa (3º da ESO) e Diego (4º ESO) foron os encargados de ler o Manifesto da Campaña Mundial pola Educación 2018 e posteriormente Sergio Torrado (4º ESO) formulou unha petición aos políticos solicitando o seu compromiso coa escola rural: Nós somos rapaces e rapazas de Monfero, unha pequena aldea do interior da provincia da Coruña. Estamos moi contentos de poder estar aquí representando a todos os mozos e mozas do rural. Sentímonos orgullosos da nosa escola, da nosa aldea, da nosa forma de vida e das nosas costumes. Queremos que os nosos fillos e fillas estuden no CPI Virxe da Cela, igual que o facemos nós e o fixeron os nosos país e nais. Pero sabemos que si os políticos non se toman moi en serio unha intervención no rural para conservalo y adaptalo aos novos tempos, a nosa escola acabará sendo un edificio abandonado, e cando veñamos da cidade a visitar aos nosos maiores, estará baleira igual que as casas e os campos… 
 
    Esperamos que as nosas palabras reivindicando unha educación universal, de calidade e inclusiva deixaran a súa pegada nas conciencias dos nosos políticos e que no futuro presenciemos avances e cambios, que os nosos esforzos teñan a súa recompensa.

 

Visita a FP Innova Galicia 2018

 

O 25 de abril visitamos o Congreso de Innovación na Formación Profesional que organiza a A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitariana Cidade da Cultura de Galicia.
O alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO puido gozar dunha magnífica ocasión para coñecer as posibilidades que ofrece a formación profesional a través da visualización en directo de diferentes proxectos de innovación e de proxectosempresariais de miniempresas que institutos de secundaria e centros integrados de FP puxeron en marcha.
 
Ademais puideron experimentar en primeira persoa as novas tecnoloxías, coa participación nos obradoiros que se desenvolven de robótica (robótica colaborativa), impresión 3D (montaxe e funcionamento de impresoras 3D), electrónica, fabricación de drons, madeira, artes gráficas, estética, hostalaría ou industrias alimentarias.
 
 
 
 
 
 

"STEMlab Galicia"

O venres 20 de abril celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela o STEMlab Galicia. Trátase da maior feira en Galicia para centros educativos, na que se amosou a excelente labor educativa de numerosos centros galegos a prol da ciencia, a enxeñaría, a tecnoloxía e a matemática, pero sobre todo a prol dunha aprendizaxe competencial, activa e creativa.
O CPI Virxe da Cela foi invitado a participar, e para o noso alumnado foi unha experiencia única.

REVOLUCIÓN STEM
Nos últimos anos, os centros galegos comezaron a empregar novas metodoloxías para dar resposta aos retos actuais, pero sobre todo futuros, da sociedade. A revolución STEM nas aulas -nas súas siglas en inglés Science, Technology, Engineering and Mathematics (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas)- é unha realidade. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxo en marcha a Estratexia galega para a educación dixital Edudixital 2020 para impulsar os coñecementos científico-tecnolóxicos, sobre todo entre as nenas, cun obxectivo claro: que todo o alumnado do ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21. Nos dous últimos cursos, xa se distribuíron kits de Robótica, Programación e 3D en institutos e colexios, puxéronse en marcha materias de libre configuración autonómica vinculadas con este eido e, tamén, clubs de ciencia, así como o primeiro campamento STEM.

 


 

Os nosos alumnos tiveron a oportunidade de falar co presidente da Xunta, e tamén con Pedro Duque:

 


 

 
Podedes premer sobre as imaxes para seguir lendo:
http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/pedro-duque-estrella-jornada-educativa-stemlab-galicia/idEdicion-2018-04-20/idNoticia-1111225/https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/04/20/astronauta-pedro-duque-causa-furor-compostela/00031524223732025258410.htm

 

 
 

 

 

 

 

 

MESA DE EXPERIENCIAS

O pasado venres 6 de abril tivemos no cole unha actividade organizada polo departamento de Orientación: unha mesa de experiencias con exalumnos nosos para que compartiran a súa experienca unha vez deixaron o Virxe da Cela. Viñeron alumnos que xa están traballando como Lorena Varela, e outros que seguen estudando como Antonio González, estudante de Historia na Universidade de Santiago de Compostela, Anaís Buyo, estudante de Educación Infantil, na Universidade da Coruña. E tamén algún que se acaba de ir como Ana Pena e Sergio García, que estudan bacherelato no IES As mariñas de Betanzos.

Todos eles compartiron cos alumnos de 3º e 4º de ESO a súa experiencia e aconselláronos en canto ao seu futuro. Para nós foi unha marabilla volver a velos e comprobar o ben que se defenden polo mundo adiante.

  
 
 
Lorena nos deixou este comentario:
Sempre gusta voltar ao lugar onde un foi feliz... E isto digoo despois de que o venres pasado a varios dos meus ex-compañeiros do ''cole do Xestal'' e máis a min nos convidaran a falar cos actuáis alumnos de 3º e 4º da ESO, para contarlles como foi a nosa vida ao sair da secundaria. Non somos expertos nin podemos decidir o que cadaquén vai ser nesta vida, pero nunca está de máis coñecer a experiencia doutras persoas para afrontar esta etapa coa maior seguridade posible. Non hai que ter medo ao cambio nin a madurar, é bonito aprender e formarse, pero aínda o é máis ver como pouco a pouco vas conseguindo todo o que te propós. Espero que os que estivéstedes nesa mesa de ex-alumnos, sepades coller as cousas boas que vos intentamos transmitir e que vos sirva para os próximos anos.
 
Un saúdo dunha rapaza con moita morriña!                                 
                                                                 Lorena Varela
 
 
 
 
 

 

 
 
 

 

 

CAMPIONATO COMARCAL DE ORIENTACIÓN

 

CAMPIONATO COMARCAL DE ORIENTACIÓN NO CPI VIRXE DA CELA. 1 DE MARZO DE 2018-03-14
O pasado Xoves 1 de Marzo, organizado polo Departamento de Bioloxía a través do seu profesor e Xefe de estudos, David Casado e o Departamento de E. Física a través da súa profesora Mº Teresa Blanco e o responsable de Actividades físico-deportivas do Axuntamento de Monfero, Amando , uns 250 alumnos de secundaria procendetes do IES Fragas do Eume, IES de Mugardos, IES As Mariñas de Betanzos e do noso centro o CPIP Virxe da Cela de Monfero participaron nas inmediacións do noso centro nunha proba deportiva de orientación, onde asistiu o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o presidente da Federación Galega de Orientación, Alberto Arufe.
 
A competición enmarcase dentro do plan deportivo do centro e do Programa Xogade, impulsado pola Xunta de Galicia.

 
Dende as 10:15 e hasta as 12:00 horas, os rapaces/as dos centros participantes, completaron catro probas en categoría infantil e cadete, así como femenina e masculina. Fixeron un percorrido marcado, pasando por puntos de control, e tiñan que completalo no menor tempo posible.
Tratouse, dunha actividade «para esfrutar dunha xornada de convivencia, facer deporte, traballar aspectos curriculares como os estilos de vida saudable, respecto pola natureza e manexo e interpretación dun mapa».
 

 

 

 
 
 
A xornada foi todo un éxito, e o todo alumnado participou de forma masiva e activa, incluindo os nosos alumnos/as, que ademáis de participar, colaboraron axudando na organización , a pesares do tempo que tivemos.
Todo o anterior, nos fai sentir moi orgullosos do noso alumnado, tanto en comportamento como en traballo e colaboración.
O primeiro clasificado foi o IES AS Mariñas con 2407 puntos totais e O noso centro acadou o 3º posto na clasificación xeral con 978 puntos totais, e aínda que todos o fixeron moi ben, temos que sinalar que entre todas elas e eles, se clasificaron para a fase provincial algún dos alumnos/as de 1º-2º-3º e 4º de ESO ( PARABENS!!!!), destacando especialmente as rapazas, que son:
 
 



INFANTIL FEMININO:

  • Marta Fernandez 1º ESO.
  • Daniela Pereira 2º ESO
  • Sonia Bouzas 2º ESO.
  • Lucía López 2º ESO.
  • Clara Brage 2º ESO
CADETE FEMININO:
  • Laura Vila 4º ESO
  • Candela Campello 3º ESO.
  • Laura Ares 3º ESO
  • Veronica García 3º ESO
  • Cintia Vidal 3º ESO
CADETE MASCULINO:
  • Borja Martínez 4º ESO
  • Diego Bao 4º ESO
  • Roberto Uzal 4º ESO
  • Zito Gómez 4º ESO
 

 

 
Ademáis podemos ver os artigos publicados en xornais da zona, que lle deron unha cobertura a nosa organización do evento. As dirección webs se queredes consultalos, son:
 

 
 
 
 

 

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS MEDIOS

 

INSTRUCIÓNS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

 

 

r

Requisitos inscrición:

Alumnado que non esté en posesión do título de ESO e teñan 17 anos ou os faga no ano de realización da proba.

 

r

Presentación da solicitude:

Prazo de presentación de solicitudes: Do 12 ao 23 de marzo de 2018.

Poderase realizar de xeito telemático desde a opción “Solicitude web” disponible na páxina www.edu.xunta.es/fp/probas.

A aplicación informática xera unha instancia para imprimir que deberá presentarse nun centro de inscrición (calquera centro que imparta ciclos de formación profesional), xunto coa documentación que se indique na instancia. En tanto que non se efectúe este trámite, non quedará feita a matrícula.

 

Opcionalmente, pódese cubrir o formulario normalizado en pantalla (Anexo I), imprimilo e presentalo nun centro de inscrición xunto coa documentación necesaria.

 

 

r

Estrutura e organización da proba:

 

Parte sociolingüística

Inclúe tres probas:

-      

Lingua Castelá

-      

Lingua galega

-      

Ciencias Sociais

Parte matemática

Consta dunha única proba:

-      

Matemáticas

Parte científico-técnica

Inclúe dúas probas:

-      

Ciencias da natureza

-      

Tecnoloxía

r

Celebración da proba:

Data: 31 de maio de 2018.

Horario:

-       

Presentación: 9:00 horas.

-       

Parte matemática e parte sociolingüística: das 10:00 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais).

-       

Parte científico-técnica: das 16:00 ás 18:00 horas (tecnoloxía e ciencias da natureza).

 

 En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas nos lugares designados polos centros.

Non será posible abandonar o lugar de realización da proba ata que o tribunal dea a autorización.

 

Lugar: O día 15 de maio farase público o lugar onde se realizarán as probas.

 

Documentación para levar o día da proba:

-       

DNI

-       

Copia da folla da solicitude de inscrición

 

Materiais que se poden empregar para a realización das probas

  • Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
  • Na proba de Tecnoloxía poderase empregar calculadora que non sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e/ou transmitir datos.

 

r

Advertencia

·        

Non se poderá acceder ao lugar de realización das probas con ningún dispositivo que permita transmitir e/ou almacenar información, como por exemplo, teléfonos móbiles.

·        

O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas poderá ser causa de exclusión.

 

 

Toda a información e a documentación referente ás probas de acceso aos ciclos formativos poderá consultarse dentro da pestana “Probas” do menú da páxina web http://www.edu.xunta.es/fp

 

 

CANALICO DE COCIÑA: SABORES DE CORES

PROXECTO INTERDISCIPLINAR PRIMARIA-SECUNDARIA 

“CANALICO DE COCIÑA”.CURSO 2017-18

BENVIDOS A “CANALICO DE COCIÑA: SABORES DE CORES”!!!

Dentro do noso proxecto “ COCIÑANDO O NOSO APRENDIZAXE” da materia de Promoción de Hábitos saudables, de secundaria “ , dando a forma de programa de televisión  estamos a realizar o proxecto “ SABORES DE CORES” , continuando co traballo do proxecto levado a cabo en primaria “CANALICO DE COCIÑA”, consistente na elaboración de diferentes sobremesas, zumes e batidos creativos elaborados polo alumnado( coa  guía- dirección da profesora da materia Mº Teresa Blanco), con froita fresca beneficiosa para a nosa saúde, o seu aporte unha dieta cardiosaudable e as súas vantaxes o coidado do noso corazón , coidando a presentación e compartindo  co grupo o tempo de degustación dos produtos que resulten.

Como actividades iniciais e motivadoras e de primeira práctica, na primeira fase do proxecto, fixemos durante o 1º trimestre, a elaboración de receitas feitas por cada alumna/o de forma individual na casa, en compañía dun membro da súa familia . Cada alumno elaborou un receitario propio que rexistrou a través de formato power -point ou vídeo, onde detallou: nome da receita, ingredientes, cantidades, grado de dificultade, nº de comensais, e execución da mesma paso a paso , xunto co membro da familia escollido, con quen cociñou. Os alumnos fixeron cada un, unha receita por semana, coa temática proposta ( carne, verdura, peixe, sobremesa...etc) . O obxectivo final, é a elaboración dun receitario propio de cada alumna/o e un común do grupo e a súa difusión nun blog de creación propia e nos dos do colexio e páxina web.

A segunda parte do proxecto: “CANALICO DE COCIÑA: SABORES DE CORES”, a iniciamos no 2º Trimestre do ano.

Para iniciar esta actividade elaboramos un escenario propio dun estudo de televisión onde se incluíu o nome do programa, o decorado e a infraestrutura precisa para o desenvolvemento do programa, así como os medios necesarios para a realización, que se levaron a cabo na clase ou no aula Croma que posúe o centro. De igual forma, os alumnos/as deseñaron un logotipo para os seus uniformes (mandil) de cociñeiros ), co nome do Proxecto (“ Canalico de cociña: Saúde de cores”) .

Previo a elaboración do programa, dentro da fase de preparación da 2º parte do proxecto, o alumnado realizou un traballo de investigación, selección e elaboración dos contidos do programa, empregando TICs (ordeadores, tablets, encerado, pax. webs), utilizando como fonte documental a web:https://zumos.com/recetas (by Zumosol) ,onde escollen as froitas a empregar, elaborando as súas propias sobremesas, zumes e batidos, escollendo froitas cardio-saudables, así como a información nutricional da composición das receitas e información complementaria sobre o coidado do corazón e a saúde para a elaboración e presentación dos contidos do programa. De igual forma, os mesmos alumnos levaron a cabo a gravación dos programas, e a preparación do  estudo de gravación.

 
 
 
      OBXECTIVOS EDUCATIVOS:
  • -          Tomar conciencia da importancia do consumo de froita e verdura para o desenvolvemento saudable das persoas.
  • -          Desenvolver o hábito cultural da comida compartida e os sinais de respecto no momento da comida.
  • -          Desenvolver e relacionar os contidos traballados na materia de Promoción de Hábitos saudables durante todo o ano escolar
  • -          Mellorar as estratexias de Investigación e observación de carácter científico.
  • -          Mellorar a manipulación responsable dos alimentos cos instrumentos axeitados.
  • -          Desenvolver a autonomía persoal na toma de decisións necesarias para levar a cabo os proxectos.
  • -          Poñer en práctica os instrumentos precisos para a planificación dos traballos.
  • -          Desenvolver a capacidade creativa de cara á presentación dos traballos realizados.
  • -          Practicar e desenvolver os hábitos de recollida e limpeza dos espazos compartidos.
  • -          Aprendizaxe progresiva da xestión do tempo na realización de tarefas.
  • -          Coñecer aos compañeiros do grupo e gustos persoais.
  • -          Desenvolver o espírito crítico.
  • -          Respectar as opinións e traballos dos demais.
  • -          Aprender o manexo e coidado dos medios tecnolóxicos.
  • -          Aprender a crear escenas e decorados relacionados co mundo audiovisual.
  • -          Coñecer o vocabulario específico relacionado coa actividade.
  • -          Mellorar o uso da voz como medio para a comunicación en público.
  • -          Coñecer o funcionamento do noso corazón e contribuír o seu coidado
  • -          Coñecer as froitas producidas na contorna.
  • -          Coñecer outros proxectos de alimentación saudábel.
  • -          Aprender a elaborar

Temos que agradecer a inestimable axuda  a profesora  Yolanda, do Departamento de Relixión, no montaxe do programa  co Croma e o seu asesoramento na filmación

 

 

Así que, a espera de proxectar  todos os capítulos do programa o completo, aquí mostramos para o boso disfrute a 1º entrega do noso  Programa de cociña dos alumnos/as de 1º de ESO para dar mostra, do gran traballo que están a facer: “CANALICO DE COCIÑA: SABORES DE COCIÑA” E UNHA DELICIOSA RECEITA DE BISCOITO DE CHOCOLATE FEITA POLOS NOSOS COMPAÑEIROS : HUGO E RUBÉN, E PRESENTADO POR DANIEL DE 1º DE ESO

PROGRAMA 1


RECEITA DE BIZCOITO DE CHOCOLATE

 

 BO PROVEITO E SAÚDE CHEA DE SABORES DE CORES !!!

O CPI VIRXE DA CELA GAÑADOR DA FASE AUTONÓMICA DO CONCURSO ESCOLAR ONCE

REINVENTEMOS XUNT@S UNHA ESCOLA PARA TOD@S. 34 CONCURSO ESCOLAR ONCE

 

Parabéns aos alumnos e alumnas de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela por ser os gañadores da Fase Autonómica no 34 Concurso Escolar da ONCE “Reinventemos xuntos unha escola para tod@s”.

noso vídeo Apostasmos polo i” pasa directamente á Fase Estatal.  Moita sorte… e seguimos apostando por unha escola con “i” de igualdade, ilusión, innovación, identidadeinxenio, inclusión, en definitiva unha escola IDEAL.
 
Baixo o lema “Reinventemos xunt@s unha escola para tod@s” os alumnos e alumnas do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero e o CPI As Mirandas de Ares , uniron esforzos para elaborar e realizar  unha serie de vídeos para o Concurso Escolar Once.  Con esta proposta a Fundación ONCE pretende sensibilizar aos alumnos/as, pais e nais, profesores e profesoras e a todo o resto da sociedade sobre a importancia de crear unha escola na que todo o mundo teña un oco e un lugar, dunha forma dinámica e en equipo, unindo as nosas forzas e ideas para construila xuntos.
 
Aquí podedes ver os videos realizados e presentados ao concurso escolar. Parabéns aos rapaces e rapazas dos dous centros polos guións que realizaron.

             1º ESO. CPI Plurilingüe Virxe da Cela

 

                 

3º ESO CPI Plurilingüe Virxe da Cela

               

 
 

 

 

 

Visitas dos IES Francisco Aguiar e As Mariñas

O mércores 21 de febreiro, viñeron a explicarnos do IES Francisco Aguiar de Betanzos, os diferentes itinerarios que o alumnado de 4º de ESO pode tomar unha vez remate a etapa.
 
O 5 de marzo foron o director do IES As Mariñas e a orientadora quenes explicaron a este mesmo curso a súa oferta educativa.
 

 

 
 
Animar ao alumnado de 4º de ESO a seguir investigando sobre as diferentes opcións para poder tomar unha boa decisión.

E lembrade que o prazo para reservar praza no bacharelato vai do 1 ao 20 de marzo

Visita da Fundación Repsol e Ayuda en Acción

Fundación Repsol colabora co programa Aquí también de Ayuda en Acción que loita contra a pobreza infantil en España
 

 

O  programa  Aquí también chega  a 11.000    nenos,  nenas  e  adolescentes  en 87  centros escolares de 11 comunidades autónomas en España
 
Ignacio Egea, Vicepresidente de Fundación Repsol,  visita o 7 de marzo tres  dos centros educativos  que apoia Ayuda en Acción en Galicia nas localidades da Coruña, Meicende e Monfero. Tamén asiste á visita Javier Sancho, Director da Refinaría da Coruña
 
 .
 
 O mércores 7 de marzo Ignacio Egea, Vicepresidente de Fundación Repsol, visitou varios centros educativos aos que apoia a Fundación en Galicia. Fundación Repsol contribúe á sustentabilidade  do programa  Aquí también de  Ayuda en Acción, co obxectivo de dar apoio á infancia e familias, que viven en condicións de vulnerabilidade e en risco de exclusión en España.
 
A visita comezou ás 9 da mañá no centro escolar de Meicende. Ao mediodía a comitiva trasladarase até A Coruña para percorrer as instalacións doutro  centro educativo e o itinerario finalizou en Monfero, onde os alumnos e alumnas manteron un diálogo cos representantes de Fundación Repsol e de Ayuda en Acción.
 
Actualmente, a colaboración de Fundación Repsol consiste en cubrir de libros de texto e material   escolar,   bolsas   de   comedor,   merendas   saudables   de   media   mañá   e excursións e saídas culturais para alumnado de distintos centros educativos da Coruña, Meicende e Monfero que forman parte do programa Aquí también de Ayuda en Acción. Estas axudas promoven a igualdade de oportunidades de nenos, nenas, novas e familias en risco de exclusión e contribúen ao normal desenvolvemento educativo e social do alumnado.
 
Así mesmo, dentro deste programa, Fundación Repsol apoia proxectos de innovación educativa nos centros educativos galegos, como o teatro, talleres de radio, un horto escolar e ferramentas online que melloran as habilidades lingüísticas e matemáticas do alumnado (Smartick e Glifing), así como as formacións realizadas na Escola de Pais e Nais dun centro educativo. Estas iniciativas melloran as habilidades do alumnado, a súa cohesión social, desenvolvemento educativo e contribúen á redución da desafección escolar e consecuentemente á súa permanencia no sistema educativo.
 
Ignacio Egea estivo acompañado pola  Directora da área Social e Voluntariado a Fundación, Lola Zamarra,  e pola Directora de Relacións Institucionais de Ayuda en Acción, Marta Marañón. Ademais no Virxe da Cela esperábanos representantes dos Concellos de Monfero e Irixoa e o presidente da ANPA Jorge Pena.
 
 
 
 
 

Distribuir contido


by Dr. Radut