Novas

PROXECTO MOCIDADE NA REDE

Dende a Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Valedor do Pobo acábase de poner en marcha un proxecto co que se pretende abordar de maneira seria e responsable un problema que está a espertar cada día maior interese social: o uso que os menores fan de lnternet e as Novas Tecnoloxías.

BOA PONTE DE ENTROIDO

28/02/2014 00:00
05/03/2014 23:00
Etc/GMT+1

Dende o venres 28 de febreiro ata o mércores 5 de marzo, ambos inclusive, temos uns día de descanso para descansar, coller forzas para acabar o trimestre e desfrutar das festas de entroido. 

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2014-2015: Do 6 ao 20 de Marzo

O alumnado que está matriculado no centro ten garantía de permanencia, polo que o cambio de curso, ciclo ou etapa non requerirá un novo procedemento de admisión, agás no caso do alumnado de 4º de ESO ou de cambio de centro educativo.

FOLGA POLA EDUCACIÓN 24 DE OUTUBRO DE 2013

 

Este xoves 24 de outubro está convocada unha folga xeral en tódolos sectores da comunidade educativa: familias, profesorado, alumnado,...

ESCOLA DE PAIS E NAIS: QUE DEBE SABER UN NENO OU UNHA NENA DE CATRO ANOS

Interesante artigo sobre o desenvolvemento dos nenos e nenas en Idade Infantil con prácticas orientacións para as familias.

ARTIGO DE ALICIA BAYER

MENU PARA O CURSO 2013-14

 

Ano novo, menú novo!! Aquí vos presentamos o novo menú para este ano, diferente pero ao igual que o do pasado curso escolar, buscando ser nutricialmente equilibrado e unha orientación de cara a uns hábitos saudables en alimentación dos nosos rapaces e rapazas.

 

CONSULTA DO DECRETO POLO QUE SE REGULAN OS COMEDORES ESCOLARES

O 13 de agosto publicouse no DOG o Decreto 132/2013 do 1 de agosto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios. Consta de 5 capítulos:

1. Disposicións xerais
2. Usuarios do servizo de comedor
3. Procedemento de apertura dos comedores, organización, persoas con responsabilidades, etc.

BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO 2013-14

As actividades lectivas empezarán o mércores día 11 para Infantil e Primaria e o luns 16 para Educación Secundaria. O horario será o do mes de Setembro e funcionarán transporte e comedor.

Desexámosvos un bo inicio de curso a todas e todos.

Distribuir contido