Complementarias
FESTIVAL DE FIN DE CURSO
IMOS AO CIRCO! CO CEIP DE AS NOGAIS
Pero imos a un circo moi especial, o da Banda e Escola Municipal de Música de Lugo. Que ben o pasamos no Auditorio Gustavo Freire!! A pena foi que a choiva non nos deixou dar un paseo pola cidade para ver o Arde Lucus, pero como non hai mal que por ben non veña, así puidemos xogar un bo rato no cole de As Nogais despois de comer.
CONTACONTOS DE KALANDRAKA: CANTAROLAS DE PACO NOGUEIRAS E VISITA DO CEIP DE AS NOGAIS
Hoxe 1 de xuño de 2016, as profes de infantil e primaria convertíronnos nuns estupendos anfitrións, acollendo aos nenos e nenas do CEIP de As Nogais para unha sesión de contacontos da editorial Kalandraka. Pero antes tivemos a sorte de poder xogar todos xuntos a ping pong, no caso do máis maiores, ou á oca, parchís, pintura con témperas e rodillos, etc. no caso dos máis peques. Ás 12 horas entramos na biblioteca e alí nos esperaba Paco Nogueira, co seu acordeón para contarnos e cantarnos historias de Cantarolas (do recentemente desaparecido Neira Vilas).
SAÍDA OUTEIRO DE REI: CASA DE MANUEL MARÍA E OLERÍA
LUGO EMPRENDE 2: A CREATIVIDADE: MOTOR DO EMPRENDEMENTO. E EN PEDRAFITA... SOMOS CREATIVOS??
A creatividade é un dos ingredientes fundamentais á hora de emprender, xa que é moi importante que o noso proxecto sexa creativo e marque a diferenza cos demais. Dentro do Programa LugoEmprende 2 para o que estamos seleccionados por segundo ano, intentamos aprender se nós podemos ser creativos, en que consiste ter ideas creativas, orixinais, que poidan convertirse en motor de proxectos emprendedores, e técnicas para aprender a xenerar estas ideas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »