Complementarias

UNHA MONTAÑA DE TERROR: O CENTRO VÍSTESE DE HALLOWEEN E SAMAÍN PARA O MAGOSTO

Este ano conseguimos que o noso centro esté realmente terrorífico: pantasmas penduradas, morcegos, esqueletes, teas de araña, conxuros,...ata contamos cun MONSTRUOCALL!! E foi todo un éxito! Mirade como pasamos todos por el, rapaces e tamén profes, ninguén se puido resistir!

SESIÓN 1 DE CINE NA MONTAÑA

Hoxe 31 de outubro para despedir o mes, iniciamos a nosa aventura coas cámaras. Recibimos no centro ao noso cineasta Marcos, co que pasamos un día intenso.

INICIAMOS UN CURSO DE CINE

Este curso 2017-2018 decidimos solicitar a participación no programa de innovación Cinema en curso” e resultamos seleccionados, só catro centros de toda Galicia formamos parte deste proxecto: os CEIPs de Cangas e Cotobade, os rapaces de FP Básica de Fene e nós.

PEDRAFITA EN HOY POR HOY DE CADENA SER

ENLACE PARA ESCOITAR O PROGRAMA no que as nosas rapazas falan da vida en Pedrafita con motivo da feira do gando vacún anual do concello.

SAÍDA DE FIN DE CURSO

A pesar de que o día empezaba cun camiño chuvioso a sorte acompañounos e puidemos dar un pequeno paseo de case 4 kilómetros polas Fragas do Eume e cruzar a súa impoñente Pontes Colgante, algúns cun pouco de medo e outros incluso abaneando aos demais. Regresamos ao autobús con moitas ganas de chegar á praia, Cabanas, en Pontedeume. O día estaba un pouco cuberto pero a auga estaba estupenda para bañarse, xogar coa area, "facer a croqueta" e pasalo en grande. As fotos son unha proba disto. Ollade!

Distribuir contido