Complementarias

CUARTA E ÚLTIMA SESIÓN DO TRIMESTRE DE CINE NA MONTAÑA

O luns 18 de decembro dixemos un ata logo polo que queda de ano, que non de curso, a Marcos, o noso cineasta. Para finalizar o traballo deste trimestre visualizamos coma sempre os vídeos que gravamos esta fin de semana que, xunto cos fragmentos gravados o venres na queixería O Castelo nos serviron para traballar de novo co Videopad, pero esta vez como auténticos profesionais, seleccionando os fragmentos despois de analizar con moito coidado o que queriamos cortar, que sons necesitabamos, as voces, como secuenciar cando temos varios planos, etc.

TERCEIRA SESIÓN DE CINE NA MONTAÑA

O venres día 15 tivemos a terceira visita de Marcos dentro do noso proxecto de cine na montaña. Esta vez a súa visita foi un pouco máis xélida que as anteriores e puidemos contemplar gravacións de momentos máis invernais, dunha climatoloxía propia da montaña en inverno con neve, choiva, vento, xeo e incluso temporal.

CINE E PIZZA ANTES DA PONTE

Os pequenos de infantil e primaria decidimos empezar a prepararnos para a ponte de decembro e como non volvemos ata o día 11 decidimos que era unha boa época para ir ao cine co cole de As Nogais a ver Coco no centro comercial As Termas. O cole ademais invitounos a comer unhas pizzas das que non quedaron nin migallas!! E mentras os maiores se foron de compras os máis pequenos pasámolo como ananos nas atraccións do centro comercial, mirade que cariñas!!

SAÍDA DE ESO A COUREL, QUIROGA E CASTRO CALDELAS

Mentras en Pedrafita caían as primeiras, aínda que pequenas, folerpas de neve, os maiores do cole, dende 1º ata 4º de ESO acompañados por Javi e Marisa, viaxamos en busca de mellor tempo ao Courel, a Quiroga e a Castro Caldelas. Mirade que ben o pasamos! Regresamos cantanto e parolando, así os quilómetros parece que se fan poucos!!

CHARLA SOBRE OS INCENDIOS QUE ASOLARON ESTE ANO GALICIA

Ante o sucedido durante este outono en Galicia en relación aos incendios que asolaron a nosa comunidade, a USC tomou a iniciativa que impartir charlas formativas para os centros que o considerasen interesante sobre os factores que levaron a esta situación, qué podemos facer para previr que se repita de novo, consecuencias,... Javier fixo que a charla fose moi interesante e agradecémoslle esta boa iniciativa.

SEGUNDA SESIÓN DE CINE NA MONTAÑA: Aprendemos a editar vídeos! Isto vai rodando!

Hoxe xoves 16 de novembro, recibimos a segunda visita do noso cineasta Marcos. Xa nos tardaba compartir con el e entre nós todos os vídeos, travellings, imaxes,... que producimos ao longo destes 15 días. Temos moitísimo material! Tanto que non damos visualizado e analizado tantas produccións, e mira que Marcos veu cos deberes ben feitos e xa lles botara un ollo a todos! Repasamos conceptos que, antes non tiñamos moi claros e, agora resúltannos familiares: encadre, plano, travelling,... e vimos algunha escena más de películas seleccionadas para nós.

Distribuir contido