Complementarias

SESIÓN 8 DE CINEMA NA MONTAÑA: PLANIFICANDO

Hoxe 1 de marzo, día chuvioso, regresou Marcos ao centro. A metereoloxía non permitía unha saída, polo que nos adicamos ao visionado dos nosos vídeos que achegaron máis ao noso cineasta á noso realidade cotiá: o parto dunha das nosas vacas, paisaxes en diferentes momentos do día dende o mencer ata o atardecer nevados e durante os momentos da nevada, costumes da época do ano como facer feixos, etc. Despois intentamos facer unha boa planificación para poder sair a gravar durantes as dúas sesións que teremos antes da semana santa...

SAÍDA DE TODA A ESO A EXTREMADURA E MADRID

O ano pasado collémoslle o gusto a esto de irnos varios días de excursión, porque Pedrafita é un precioso lugar ao que abofé queremos moito, pero irnos polo mundo adiante a ratiños tamén nos ensina moitas cousas.

ENTROIDO 2018

Este ano a metereoloxía deixounos en vilo ata o último momento, pero finalmente puidemos contar con todos os rapaces e rapazas para a nosa pequena celebración do entroido. Tivemos que facer algúns pequenos cambios xa que estaba previsto facer o tradicional pasarrúas polo pobo, pero o frío e as precipitacións fixeron que o centro se convertise no noso escenario e que o patio de Infantil se transformase nunha improvisada pasarela adornada coa axuda da profe de Tecno Maria José que sempre ten ideas para todo.

SESIÓN 7 DE CINEMA NA MONTAÑA: ADENTRÁMONOS NA NEVE

E cando se podía pensar que a neve nos faría quedar na casa... en Pedrafita, que xa estamos acostumados e a neve non nos asusta, continuamos coas sesións de cine con Marcos. Esta sesión para el foi moi especial porque iniciamos as rodaxes coas paisaxes tan impresionantes que nos deixa o inverno e a neve que caracteriza á nosa zona. Tiñamos previsto unha saída co bus cara ao Cebreiro, Rubiais, Rabaceira e Hospital pero preferimos non correr riscos e quedamos nos arredores do centro e ahí, no máis próximo a nós, no cotiá que nos rodea, atopamos planos increíbles que rodar.

SEXTA SESIÓN DE CINE NA MONTAÑA: ESTA VEZ EN BUS

O luns 29 de xaneiro de novo visitounos Marcos. Os pequenos acabamos de ver, experimentar, probar,... co equipo profesional de Marcos para gravar imaxes e tamén os sons. Despois xuntámonos todos para continuar co traballo, planificar posibles escenarios de traballo, retratos, etc.

Distribuir contido